Notas
-
'Un encontro para conectar e coñecerse', así definiu David Posada, catedrático e investigador do Cinbio, a Reunión de Jóvenes Investigador@s en el Extranjero, celebrada en Vigo, tras as doce edicións en A Coruña. A investigadora María Mayán do Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña foi a encargada de dar a benvida ao IYI Meeting aos preto de 80 investigadores participantes. -
O IV Certame de Videocreación distingue a Mario Bello, Mario Pereira e a compañía de teatro USC Lugo
A cerimonia de entrega de galardóns da cuarta edición do Certame de Videocreación, unha iniciativa promovida ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, converteu o Museo Interactivo da Historia de Lugo nun espazo de arte viva, no que a formación viguesa Trilitrate deleitou ao auditorio cun singular espectáculo de música e creacións visuais ao vivo. -
A misión espacial BIXO é un dos seis proxectos seleccionados para participar no programa Fly Your Satellite! Design Booster Pilot da Axencia Espacial Europea, o que supón que este equipo, composto por preto de 40 estudantes de diferentes titulacións da UVigo, vai contar co apoio de especialistas do máximo nivel durante o desenvolvemento da misión, así como con toda a experiencia e as facilidades das que dispón a axencia. -
Nove universidades europeas, entre elas a Universidade da Coruña, uníronse na alianza estratéxica EMERGE (European Margins Engaging for Regional and Global Empowerment), que sitúa á UDC nun nivel superior de calidade europea. O reitor, Julio Abalde, subscribiu o acordo de creación desta alianza nunha reunión organizada en días pasados na University of Limerick. -
O pasado curso académico a Universidade de Vigo, co apoio da Deputación de Ourense, puxo en marcha a exposición itinerante As mulleres que nos levaron á lúa, co obxectivo de impulsar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre o alumnado feminino, poñendo de relevo o traballo das mulleres que hai 50 anos foron claves para o éxito da chegada da primeira persoa á lúa. Froito desa exposición, presentouse o libro 'Elas, leváronnos ao espazo'.
-
A Biblioteca Universitaria estrea un novo catálogo Iacobus que, ademais de renovar o deseño da páxina web, incorpora Primo, “unha potente ferramenta de descubrimento”, tal e como explicou a directora da BUSC, Mabela Casal. Iacobus non é agora soamente un catálogo, é tamén unha ferramenta máis completa que nos permite, dende unha única caixa, indagar na colección da Biblioteca (incluíndo recursos electrónicos, texto completo de revistas subscritas pola USC ou en Acceso Aberto). -
Unha visión crítica da economía circular, entendida como a incorporación de determinadas cuestións ambientais ao actual modelo económico para garantir a súa continuidade, constitúe o punto de partida de ExPliCit, un proxecto europeo do que forma parte a UVigo e que ten como obxectivo analizar como este paradigma podería aplicarse en escenarios alternativos aos dunha economía de mercado global. -
A Reitoría da UDC acolleu a presentación do Barómetro da fenda de xénero nos estudos TIC desenvolvida pola Cátedra ALDABA-WIB (Women, ICT & Business) de UDC e UVigo, nun acto presidido polos reitores Julio Abalde, UDC, e Manuel Reigosa, UVigo; xunto o socio-director de ALDABA, Enrique Fernández; as codirectoras da Cátedra, Virginia Mato, pola UDC, e Alma Mª Gómez, pola UVigo; a directora da área de Igualdade da UVigo, Águeda Gómez; e a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Deporte da UDC, Cristina López. -
Non existe ningunha estatística oficial que reflicta cantas investigadoras e investigadores españois traballan no estranxeiro na actualidade, pero aínda que as universidades e os organismos públicos de I+D tratan de reter o talento e de traer de volta o que xa optou por emigrar, este colectivo segue medrando. Algúns deles regresan á casa polo Nadal, unha boa ocasión para organizar unha xuntanza. -
Os Bolechas este Nadal recibirán unha visita moi especial... non se trata dos Reis Magos de Oriente, nin de Papá Noel, nin tan sequera do Apalpador... Tampouco chegará en camelos, como os Magos de Oriente, nin en burro como o Apalpador, nin en zorra tirada por renos como Papá Noel... É unha bruxa! Pero unha bruxa boa... moi, moi boa... molto buona! É a bruxa Befana, a encargada de levarlles doces e xoguetes ás nenas e nenos italianos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- …
- seguinte ›
- última »

