Ir o contido principal
iniciar sesión

Novas

  • Presentouse hoxe a quinta edición do 'Maré. Festival de Músicas e Artes Atlánticas', un evento de carácter multicultural que converterá a cidade de Santiago de Compostela nun punto de encontro cultural e lingüístico. Esta cita contará cunha trintena de artistas chegados doutros países como Alemaña, Angola, Brasil, Estonia, México, Mozambique, Palestina ou Portugal. A iniciativa, que se celebra dende o día 25, pon de manifesto esta diversidade lingüística cunha programación específica polo Día Internacional das Linguas o día 26. O Maré acollerá unha ampla oferta de iniciativas que van desde a música ata as artes escénicas.
  • Boa parte do público do Underfest Xacobeo, un dos últimos eventos do verán musical en Galicia, procede, non só de fóra da cidade de Vigo, senón da comunidade, grazas a un cartel que combina bandas e artistas consagrados como Richard Hawley, Ash, Gigolo Aunts e El mató a un policía motorizado con novos talentos como La Cendejas, La Milagrosa ou Sistema de Entretenimiento. Tamén forman parte da carteleira deste ano os concertos dos artistas galegos Eladio Santos e Santi Araújo.
  • O primeiro concerto do ciclo Ópticas contemporáneas, organizado pola Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura, liga este domingo os sons dos devanceiros coa composición contemporánea. A actuación reúne o Ensemble Música Práctica co multiinstrumentista e luthier Abraham Cupeiro, convidado de honra para interpretar por primeira vez en Galicia a obra A constelación de Saxitario, composta especificamente para el polo compostelán Fernando Buide. A peza é un encargo conxunto da Quincena Musical de San Sebastián e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, dentro das accións de apoio á creación artística.
  • A 46ª Semana de Cine de Lugo celebrarase do 23 ao 29 de setembro. A carteleira inclúe 147 películas que poderán verse en cinco espazos da cidade, como a Delegación Territorial da Xunta, a Biblioteca Provincial, o auditorio Gustavo Freire, o Vello Cárcere e o salón de actos da Deputación. Representantes das entidades patrocinadoras e colaboradoras participaron hoxe na presentación do programa xunto a Xulio Xiz, presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá e Manuel Curiel, coordinador da iniciativa, que organizan o certame desde o ano 1979.
  • A Xunta de Galicia e o Musée du Quai Branly-Jacques Chirac (Francia) veñen de asinar un acordo para exhibir este outono en Galicia unha das maiores exposicións internacionais sobre tatuaxe. Co título Tattoo. Arte baixo a pel, a mostra explora a historia e simboloxía cultural, social, estética e relixiosa desta práctica e intenta explicar as razóns de que as tatuaxes estean presentes en todas as épocas históricas e zonas xeográficas do mundo. A proposta, producida polo que é un dos museos franceses máis relevantes, inaugurarase no Museo Gaiás o 24 de outubro e permanecerá aberta ata o 20 de abril.
  • Manuel María, o poeta da Terra Chá, morreu o 8 de setembro do ano 2024. Desde entón, cada ano, Xermolos de Guitiriz e a Irmandade Manuel María, o 8 de setembro, celebran a "Memoria da Chaira Enteira", á que este ano corresponde a XX edición. O centro de celebración é a terra natal de O Manuel, Outeiro de Rei, e comezará ás 14,30 cun xantar de irmandade no Restaurante Río Ladra. Seguiralle (17,00 h.) un recital de poemas de Manuel María no simbólico lugar de As Penas de Rodas, tan querido polo autor de "Terra Chá", libro que conforma a infraestrutura cultural básica desta unidade xeográfica e humana que ocupa o centro da provincia de Lugo.
  • A Consellería do Medio Rural promove a creación da Ruta das igrexas e da denominación de orixe protexida (DOP) Arzúa-Ulloa como instrumento de dinamización do rural e produto turístico. Esta iniciativa, que capitanea o concello de Curtis, beneficiará outros 31 municipios máis pertencentes ás comarcas de Arzúa, Terras de Melide, A Ulloa, Chantada e Deza. A conselleira, María José Gómez, salientou que esta iniciativa representa "sustentabilidade do territorio" e serve para "poñer en valor o patrimonio unido á gastronomía e a ese territorio coidado e traballado".
  • O conselleiro de Educación visita a libraría Escolma na cidade de Pontevedra e confirma que "Somos a única Comunidade onde o acceso a todo o ensino é de balde, desde as escolas infantís ata a obtención dun título universitario ou de FP". Román Rodríguez detallou "a ampla batería de medidas en Galicia para facilitar a volta ás aulas aos fogares e promover a igualdade de oportunidades". Blíndanse as axudas para libros de texto e material escolar, un modelo do que se benefician 7 de cada 10 alumnos e que aforra máis de 100M euros ás familias.
  • Os centros de Infantil e Primaria comezarán o curso o vindeiro 11 de setembro cun total de 174.998 alumnos, o que supón un descenso de 4.030 estudantes respecto ao curso 2023/24. A pesar deste descenso de matrícula, estes centros contarán co mesmo número de aulas. En concreto, no caso dos colexios públicos, haberá en funcionamento 7.336 aulas, dúas máis ca no ano académico que vén de rematar. Ademais, o número de mestres incrementarase nestes niveis respecto do ano anterior, con novas incorporacións ata o mes de setembro. A aplicación do acordo sindical permite manter abertas 204 aulas que, coas rateos anteriores, pecharían. Estímase que o acordo vai permitir manter arredor de 900 aulas abertas nos tres próximos cursos.
  • A artista Bewis de la Rosa, impulsora do rap rural, e o dúo galego ALARIDO subirán esta semana ao escenario de Atardecer no Gaiás. O ciclo de concertos ao aire libre, impulsado pola Consellería de Lingua, Cultura e Xuventude a través da Cidade da Cultura, continúa este xoves e venres con dúas propostas multifacéticas, innovadoras e descaradas para bailar coa posta do sol. Os concertos serán ás 21,00 horas na Praza central da Cidade da Cultura, con entrada libre e gratuíta.