Notas
-
Moaña acollerá os días 19 e 20 de xullo a primeira edición do Congreso de Xeopolítica Participativa, unha iniciativa impulsada pola Universidade de Vigo, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e o Concello moañés, que nace coa vocación de converterse nunha cita anual que cada verán congregue investigadores, estudantes e cidadanía interesados nestas temáticas. -
O Centro de Estudos Avanzados da USC acolleu o encontro 'Data Science in Fundamental Physics and the bridge to industry & society', organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías. Neste evento, máis dun cento de persoas puideron coñecer como a ciencia de datos, unha disciplina que está a experimentar un notable crecemento nos últimos anos, achega un grande abano de solucións á sociedade en todo tipo de aplicacións diarias. -
Desde este mércores e ata o venres, celébrase na Facultade de Dereito do campus de Ourense un curso no que especialistas dos eidos xurídico e tecnolóxico dialogan sobre o impacto que nos dereitos humanos ten e vai a ter o desenvolvemento imparable da intelixencia artificial. Nel abórdase temas diversos que abranguen desde a protección de menores á discriminación algorítmica.
-
A UVigo volve converterse en punto de encontro para especialistas internacionais en nanociencia, nanomedicina e nanoquímica. Hoxe arrancou no edificio Miralles a 3ª edición de The Thinking Institute, unha iniciativa do CINBIO, o Centro de investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo coa que se busca converter a Vigo en sede anual dunha xuntanza internacional dos nomes máis destacados do panorama internacional. -
A Fundación CEER, Fundación Centro de Estudos Eurorexionais Galicia - Norte de Portugal (FCEER), constituíus en 2004 co obxectivo de reforzar os vínculos entre as seis universidades públicas de Galicia e do norte de Portugal: A Coruña, Minho, Porto, Santiago de Compostela, Vigo e Trás-os-Montes e Alto Douro. Desde entón pasaron 20 anos e converteuse nun elemento clave de dinamizacións das relacións de cooperación entre as seis universidades públicas da Eurorrexión Galicia norte de Portugal. -
Co obxectivo de “festexar a cultura, a música e o canto coral” que une a Galicia e Portugal, este sábado celebrouse no Teatro Principal o Encontro de Coros Universitarios, organizado polo coro do campus de Ourense Schola Cantorum (Cuco). Nel, cantoras e cantores da UVigo compartiron escenario cos seus homólogos da Universidade do Minho, interpretando cada un deles nove cancións. -
A sinerxía entre as categorías de funtores e tensores, a teoría de modelos para módulos e as categorías construtivas en sistemas de control lineal son as temáticas a tratar esta semana na conferencia satélite 'Functor and Tensor Categories, Models and Systems' do Noveno Congreso Europeo de Matemáticas (9ECM), un evento científico que se estenderá ata o 7 de xuño na Facultade de Matemáticas. -
O profesor do Departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña da Universidade da Coruña, José Antonio Orosa García, e Ander Ruiz Zardoya, doutorado pola UDC, acaban de ser galardoados pola revista especializada do ámbito mariño Journal of Marine Science and Engineering (JMSE) (Q1), polo seu artigo 'Methodological Design Optimization of a Marine LNG Internal Combustion Gas Engine to Burn Alternative Fuels'. -
O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, celebrou nas últimas horas a xornada Intelixencia Artificial e detección temperá de doenzas neuropsiquiátricas en persoas maiores, na que se presentaron os resultados do proxecto de investigación Sapiens (Services & Applications for Healthy Ageing). -
O Grupo de Tecnoloxía Enerxética, adscrito ao Cintecx, Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo, en colaboración cos estaleiros Nodosa e a empresa CT Engineering, está a participar no desenvolvemento dun buque remolcador cero emisións propulsado integramente por hidróxeno verde, un proxecto cuxos resultados poderían supor un significativo avance para a industria naval española no uso da tecnoloxía sostible e ecolóxica.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »

