Notas
-
La tecnológica lucense NOAINNOVA lanza un novedoso programa de formación en Inteligencia Artificial. Este programa está diseñado para potenciar los conocimientos y habilidades necesarios para liderar en un mundo donde la relación humano-máquina está transformando el futuro de las empresas.
-
Do 25 ao 27 de setembro, a Universidade de Vigo celebrará o V Congreso Internacional da Auga, que nesta ocasión leva por título 'A auga como recurso sostible: ciencia, empresa e benestar'. A iniciativa forma parte das accións do Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense. Ao igual que en anteriores edicións, o principal obxectivo deste evento será ofrecer un punto de encontro para reflexionar e intercambiar coñecementos sobre aspectos significativos relacionados cos recursos hídricos.
-
O Arcanxo Festival celebrará a súa primeira edición con dous días de música metal internacional na Freixa, no municipio de Ponteareas. Será os días 19 e 20 de xullo, cun cartel cheo de bandas de metal tan recoñecidas como a brasileira Ratos de Porão, a sueca Enforcer, a belga Evil Invaders e a española Angelus Apatrida. O festival está organizado pola firma ponteareá de roupa We Play Metal, así como por ITP Promotions e 138 Producións.
-
O Paraninfo da UDC acolleu hoxe a entrega dos galardóns da VI Edición dos Premios Isabel Zendal, o concurso que ten como obxectivo fomentar a práctica do escepticismo, entendido como o pensamento crítico e racional, unha ferramenta indispensable para a comprensión do mundo e a toma de decisións na vida diaria, especialmente entre a xuventude.
-
Estudantes dos colexios vigueses García Barbón e Otero Pedrayo visitaban nestes días a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte para participar nos “encontros inspiradores” que puñan peche á cuarta edición de Te lo cuentan las matemáticas, un proxecto do grupo de innovación docente MaReMa que busca espertar vocacións matemáticas entre o alumnado da primaria. Financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), o proxecto permitiu amosar a utilidade social e tecnolóxica das matemáticas a 800 estudantes de 16 colexios de Vigo e Pontevedra.
-
O proxecto Nature FIRST, no que participa 3edata, está a xerar solucións innovadoras para a monitorización da biodiversidade. A empresa de base tecnolóxica presentou en Frascati (Italia), no marco do Seminario sobre crimes ambientais e o papel das novas tecnoloxías de observación da Terra, as súas últimas achegas para esta investigación no eido da cartografía de hábitats en espazos protexidos.
-
Máis de 1200 participantes (académicos/as e activistas de diferentes países) preto de 200 sesións, sete conversas plenarias e máis de 20 actividades divulgativas, artísticas e culturais. Estas son algunhas das cifras da ESEE-Degrowth 2024, evento no que se agrupan a 15 Conferencia da Sociedade Europea de Economía Ecolóxica e a 10 Conferencia Internacional de Decrecemento.
-
O uso de intelixencia artificial para mellorar as entrevistas forenses con vítimas infantís, as pegadas dixitais que deixan os traficantes de persoas ou as formas de afrontar as ciberagresións son algúns dos temas que se abordarán desde este mércores 12 ata o venres 14 de xuño na 19 Conferencia da Academia Internacional de Psicoloxía Investigativa, que terá lugar na Facultade de Psicoloxía compostelá.
-
Este martes arrancou a programación de cursos de extensión universitaria do campus, os coñecidos como cursos de verán, coa proposta Ourense no tempo: historia, arte e tradicións (II). Ata o venres, case 50 persoas achegaranse ao pasado da provincia e ao seu patrimonio desde un punto de vista multidisciplinar e co reto de contribuír ao respecto e á conservación dos bens culturais a través do coñecemento dos seus significados e valores.
-
A UDC puxo en marcha o "Portal da investigación da UDC", un novo sitio web onde se pode consultar toda a produción científica e as métricas dos seus centros singulares, grupos de investigación e persoas investigadoras mediante unha interface de fácil uso. O obxectivo do portal é mellorar a visibilidade e a transparencia da actividade investigadora da UDC.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »