Notas
-
Convocado o 6º Campionato Galego de Formación Profesional Galiciaskills 2020, a olimpíada autonómica de Formación Profesional da que saíran os representantes galegos nas Spainskills 2021. O obxectivo deste campionato é darlle unha maior proxección e difusión á FP que se imparte na nosa Comunidade Autónoma. Galiciaskills 2020 celebrarase en Silleda, no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, no mes de novembro de 2020. -
O programa ten como finalidade fortalecer as ligazóns que relacionan a estes mozos e mozas coa terra dos seus familiares e que, en moitas ocasións, senten como propia ao mesmo ou superior nivel dos países onde naceran. A iniciativa, para moitos deles, supón a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial. Trátase, en definitiva, de fortalecer eses vínculos como base sólida para un ulterior retorno definitivo. -
O festival coruñés de cómic autoeditado acada este febreiro a súa duodécima edición, despois de seis edicións de verán e outras tantas de inverno. Máis dunha trintena de creadoras e creadores inscritos porán á venda as súas publicacións no encontro, que ademais contará cunha palestra sobre animación, curtas de animación independente, unha xincana de debuxo e para finalizar unha festa de disfraces. -
Hai cinco anos chegaba a Portugal a serie coa que os Bolechas triunfaban xa na Televisión de Galicia. Un éxito que se trasladou de inmediato ao país veciño, onde a popular familia xa era coñecida grazas aos máis de cen libros publicados en portugués. A emisión das aventuras destes queridos personaxes na Televisión Pública de Portugal (RTP) supuxo un novo impulso do proxecto que se traduciu en propostas editoriais, concursos de enorme éxito e na renovación da serie tempada tras tempada. -
Colexios galegos e portugueses levan días traballando nas súas emisoras escolares cara ao evento que se celebrará este xoves onde, como cada ano, vaise conmemorar o Día Mundial da Radio. 'Ponte...nas Ondas!' convidou ás escolas a sumárense á celebración baixo a temática proposta pola UNESCO en 2020, que é a DIVERSIDADE en todas as súas manifestacións: diversidade cultural, de xénero, de idades, de nacionalidades, etc. -
A programación de actividades organizadas ao abeiro do convenio Lugo Cultural encherá de vida e arte a cidade ao longo deste ano 2020 coa celebración dunha decena de eventos culturais interdisciplinares, entre os que se inclúen festivais de teatro, encontros de danza, conferencias, escoitas electroacústicas, performances e certames de fotografía e videocreación, ademais de visitas guiadas e 19 concertos estruturados en ciclos de música de cámara e música galega de estilos variados. -
A localidade onde se fala unha variante do galego máis parecida ao estándar é o concello de A Lama (Pontevedra), cun 82,09% de semellanza. Pola contra, as maiores diferencias atopáronse na localidade leonesa de Pombriego, na que a variedade falada só se asemella nun 34,29% ao galego normativo. Así o amosa un estudo que vén de publicar Xulio Sousa, do departamento de Filoloxía Galega e membro do Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC, na revista Languages. -
Este excepcional dúo escocés está formado por dous xenios musicais numerosas veces galardoados, vellos amigos e dous dos mellores músicos da súa xeración, se unen para esta nova demostración dos seus talentos. Ross Ainslie (gaitas, wishtle, cittern) é un dos mellores músicos e compositores tradicionais de Escocia. Tim Edey (guitarra, melodeón) é brillante, en todos os sentidos. O concerto terá lugar o sábado 15 de febreiro ás 20 h no teatro de beneficencia de Ortigueira. -
O IES David Buján de Cambre inaugura a quinta edición de ‘Xornalismo na Escola “la Caixa”’, a iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social ‘la Caixa’ para impartir obradoiros de xornalismo entre os escolares de 3º e 4º da ESO nos institutos de educación secundaria de Galicia. O centro de ensino cambrés acollerá tres talleres, o primeiro deles o luns 3 e os dous restantes o venres 7. -
O festival Esmorga Fest, considerado como o festival máis madrugador do ano e que reunirá aos amantes da música indie e underground o 13 e 14 de Marzo en Sarria (Lugo), presenta o seu cartaz definitivo con incorporacións que non deixarán a ninguén indiferente. Un cartza do que os medios xa se fan eco polo seu alto nivel de calidade para un festival cun prezo reducido e que gozará de todas as comodidades que nada deixa que envexar aos grandes festivais do panorama nacional.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 102
- 103
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- …
- seguinte ›
- última »

