Notas
-
A Cidade da Cultura, dentro da súa campaña de lecer e formación #aculturasegue, pon en marcha polas redes sociais e a web 'Cociñeiras ilustradas'. Trátase dun curso de cociña en liña para que as familias preparen coa cativada divertidas e sinxelas receitas, que lles serán explicadas en vídeos de animación cos debuxos de cinco recoñecidas ilustradoras galegas: Ana Varela, Ángeles Díaz −alias 'Axóuxeres e chisqueiros'−, Nuría Díaz, Laura Tova e Dani Padrón. -
O Ministerio de Universidades acaba de ratificar que no período 2011-2019 Galicia é a comunidade autónoma cos prezos públicos universitarios máis baixos do Estado, e incluso moi por debaixo da media do conxunto de España, polo que xa cumpre, desde hai dez anos, coas novas esixencias que desde o Goberno Central se van decretar para o conxunto das CCAA para o vindeiro curso universitario. Así se pon de manifesto no documento coa proposta de prezos públicos para o curso 2020/21 -
Reactívase o concurso individual de fotografía #eusonpilabot, unha iniciativa que busca concienciar á comunidade escolar sobre a recollida selectiva deste tipo de residuos apelando, neste caso, á creatividade do alumnado. O prazo para a presentación das instantáneas rematou o 10 de marzo pero o parón da actividade escolar derivado da declaración do estado de alarma obrigou a suspender temporalmente a campaña Pilabot, na que se enmarca este concurso. -
O concello de Ortigueira centra nas redes sociais os esforzos para impulsar o contacto cos seguidores do evento. Reforzará a campaña de difusión do concurso de novos talentos e estenderá o período online de votación, no que cada persoa poderá elixir aos seus artistas favoritos ata o 8 de xullo. En 2021 serán seis as bandas finalistas, as tres deste 2020 e as tres que se elixan na seguinte edición, e o festival ampliarase unha xornada máis, pasando de catro a cinco días e creándose o “Día Runas”. -
O Centro Galego de Artes da Imaxe leva a cabo durante o confinamento diferentes actividades de cinema e fotografía nas que participaron 532 estudantes e 48 docentes de 13 centros escolares galegos. Imaxes gravadas desde as xanelas, retratos das persoas coas que se convive, captación de feixes de luz en distintos momentos do día ou secuencias de ceos e nubes son algunhas das actividades realizadas, que deron como resultado centos de planos asinados por alumnado de entre cuarto curso de primaria e primeiro de bacharelato. -
Ábrese o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro curso escolar 2020/21. O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende o 20 de maio ata o próximo día 19 de xuño, tal como establece a convocatoria. -
As probas de acreditación do Celga retoman o seu prazo de inscrición interrompido por mor do coronavirus e retrasa as datas de exame ata setembro e outubro, sempre que a evolución da crise sanitaria permita desenvolvelas en condicións de seguridade. O novo prazo de inscrición, que estará aberto desde mañá ata o vindeiro 16 de xuño, publícase hoxe no Diario Oficial de Galicia. As probas celebraranse en Santiago de Compostela (niveis 1, 2, 3 e 4) e Ponferrada (2, 3 e 4). -
Unha cartografía de risco coordinada polo profesor da USC Ángel Miramontes permitirá coñecer onde se localizan os principais focos de contaxio pola COVID-19, con que factores territoriais están relacionados e cales son os espazos de actuación chave para frear a súa propagación. O convenio de colaboración asinado este xoves coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), por importe de 71.174 euros, favorecerá a análise do comportamento espacial de propagación da COVID-19 en Galicia. -
O alumnado galego de 2º curso de Bacharelato e de 2º curso de ciclos Medio e Superior de Formación Profesional poderá volver ás aulas de xeito voluntario a partir do vindeiro 25 de maio. A decisión tomouse logo da Conferencia Sectorial de Educación, presidida hoxe pola ministra Isabel Celaá, e na que houbo un consenso maioritario en que unicamente se retomen as clases nos cursos superiores que titulan. -
Dous dos proxectos que adquiren cada ano maior protagonismo no Mes das Letras Galegas para festexalas e honrar o autor anfitrión, desta vez Ricardo Carvalho Calero, xa están dispoñibles para a súa descarga libre e de balde desde o Portal da Lingua Galega. Trátase dos traballos cos que o CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo (A Coruña) e o IES Ferrol Vello de Ferrol se impuxeron ás numerosas propostas escolares que concorreron á edición 2020 do Concurso-Exposición.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 98
- 99
- 100
- 101
- 102
- 103
- 104
- 105
- 106
- …
- seguinte ›
- última »

