Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • A Universidade de Santiago de Compostela analiza os hábitos lúdicos das familias durante o confinamento derivado do estado de alarma decretado por mor do coronavirus e afonda no estudo e no coñecemento do xogo infantil nos fogares a través da enquisa en liña ‘Hábitos lúdicos nas familias con fillas/fillos en tempo de confinamento (COVID-19). Este estudo en liña permaencerá accesible na web ata o vindeiro 27 de abril, cando está previsto que os máis pequenos poidan saír das súas casas.
  • O Plan de Promoción do Talento Dixital da Xunta (DigiTalent) suma unha nova iniciativa ao seu catálogo de actuacións, coa incorporación da edición especial de Campus Dual, unha iniciativa impulsada polo Clúster TIC Galicia, asinante do Pacto Dixital e adherido ao Plan, que ofrece capacitación no ámbito tecnolóxico. Os cursos terán unha duración de 12 semanas e organizaranse en grupos de 9 alumnos e equipos de 3. O prazo de inscrición termina este xoves e o curso comezará o luns, 27 de abril.
  • A Amtega, a través da Rede CeMIT, continúa ofrecendo formación dixital online, a través a plataforma de teleformación EMA, que conta cun amplo catálogo de cursos para poder continuar formándose no eido dixital sen saír da casa. Os cursos están catalogados desde un nivel máis básico, como o uso da tableta, o aproveitamento do smartphone, as redes sociais, ata o uso da administración electrónica, operacións dixitais o tratado de imaxes e vídeos, etc.
  • A iniciativa Adestra #NaCasa ofrece un espazo no que as federacións deportivas de Galicia amosan o seu traballo cos deportistas no período de confinamento. Deste xeito configúrase un repositorio de arquivos, documentos, ligazóns e material de diversa índole orientado ao adestramento na casa en tempos de confinamento. O obxecto deste espazo é axudar a todos os deportistas galegos neste período.
  • A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de tomar a decisión de aprazar a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional, prevista para o día 23 de abril, debido á situación provocada pola pandemia causada polo Covid-19. Proximamente, en función da evolución da pandemia, publicarase un novo calendario de probas de acceso. Polo momento mantéñense as probas de acceso a grao medio para o 28 de maio.
  • A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) ven de convocar un concurso de debuxos para todos os escolares galegos. A finalidade é que poidan amosar o agradecemento aos corpos e forzas de seguridade, e que mediante o debuxo os nenos e nenas poidan transmitirlle ánimos tanto á Policía Nacional, Policía Local, Policía Autonómica e Garda Civil, os cales reciben formación permanente na Academia.
  • Esta iniciativa procura que as nais e pais galegos teñan acceso a xogos, pautas e propostas para entreter aos seus fillos e que continúen aprendendo durante esta etapa de confinamento. A escola infantil na casa contará con contidos desenvoltos polos profesionais educativos das escolas infantís da Consellería de Política Social, para que as familias teñan á súa disposición materiais necesarios para que o proceso de aprendizaxe siga máis alá das propias aulas.
  • A situación de alarma sanitaria que se está a vivir por mor da crise do COVID-19 implica que moitas das tarefas que se adoitan levar a cabo na vida cotiá deban desenvolverse tomando especiais precaucións. Chegar á casa cos produtos adquiridos nun supermercado é unha acción que debe facerse atendendo a certas pautas. "Aqueles produtos que veñen envasados en plástico deberían ser transferidos a recipientes caseiros", sinalan os virólogos da Facultade de Bioloxía Isabel Bandín e Carlos Pereira.
  • Quedan por diante moitos días na casa e resulta imprescindible buscar momentos de ocio e de diversión pero tamén de aprendizaxe e repaso. É importante fixar uns hábitos especialmente de cara ás nenas nenas e nenos máis pequenos. Os Bolechas, a través da web e das diferentes canles dixitais, ofrecen alternativas didácticas e de ocio que farán máis levadeiro este tempo na compaña duns personaxes moi queridos para a rapazada galega.
  • A Consellería de Educación vén de difundir, a través do Centro Autonómico de Formación e Innovación do Profesorado e da súa rede de formación permanente, unha guía para facilitarlles aos docentes a aprendizaxe a distancia durante o período de suspensión das clases polo COVID-19. A guía recomenda facer unha planificación preliminar, desde a titoría e non por materia, co obxectivo de non sobrecargar con tarefas o alumnado e de establecer rutinas que permitan un esquema de traballo similar ao habitual.