Notas
-
Vivir nunha situación de illamento como a que se está a experimentar por mor do estado de alarma decretado na loita contra o COVID-19, pode chegar a ser "difícil de xestionar" polo impacto que as súas limitacións producen na vida cotiá da cidadanía, afirma o profesor do Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da USC, Fernando Vázquez. Neste senso, resulta fundamental seguir unha serie de pautas que xiren en torno ao auto coidado, afastarse das fontes de estrés e manter unha actitude activa e conectada. -
Minerva, o repositorio institucional da USC, proporciona acceso, dende 2014, a coleccións bibliográficas dixitalizadas e a gran parte da produción investigadora e docente da Universidade de xeito aberto e en liña. Na actualidade, este fondo online está estruturado nos apartados Arquivo Histórico Universitario con 363 documentos; Biblioteca, o cal consta de 3411 recursos; Docencia e Innovación Educativa con 643; I+D+I, dotado de 12753 elementos; e Institucional con 2110. -
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica os procedementos selectivos de acceso do ano 2020. Serán 2.354 prazas en 97 especialidades diferentes, entre as que se inclúe a de portugués, co fin de continuar dando cumprimento á Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía (coñecida como Lei Paz Andrade). O prazo de inscrición estará aberto desde o 16 de marzo ata o 6 de abril. O procedemento selectivo dará comezo o día 20 de xuño de 2020. -
A xornada, na que participaron un total de 180 alumnos de 3º e 4º da ESO e na que colaboraron a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt) e Inta, Boeing, Indra e Babcock, incluíu o programa educativo Science Truck, que busca entreter e espertar o interese dos máis novos pola ciencia, así como unha demostración de proxectos que se están levando a cabo nas instalacións de Rozas. O obxectivo da actividade era achegar aos rapaces a este sector innovador a través do Polo Aeroespacial de Galicia.
-
'O Son do Camiño' presentou hoxe a súa terceira edición, a gran cita musical que, un ano máis, congregará a artistas de primeiro nivel no Monte do Gozo. Este evento, que se celebrará os días 18, 19 e 20 de xuño, volverá situar Galicia como un referente do turismo de festivais da man dunha decena de bandas de renome internacional, que suman 12 premios Grammy, e dunha quincena de artistas e bandas da nosa Comunidade que converterán esta edición na máis galega da súa historia. -
Nesta edición uns 30.000 estudantes de tres continentes participan en actividades e visitas a laboratorios en 101 universidades e centros de investigación de Italia, España, Alemaña, Australia, Suecia, Portugal, Colombia, Francia, Austria, Polonia, Grecia, Holanda e Hungría. En España, ademais da USC, participan outras sete universidades e centros de investigación da ‘Red de Terapia Celular’, coordinados desde a Universidade de Barcelona. -
O Festival Peregrinos Musicais xa busca novos talentos musicais. Ata o próximo 12 de abril, os aspirantes poderán presentar os seus traballos para formar parte do grupo final que participará no X aniversario da creación do Festival internacional. Para conseguilo, os músicos deberán demostrar o seu virtuosismo, a súa capacidade interpretativas e a súa versatilidade ante un tribunal que lles fará un exame de preselección a mediados de abril. -
Un proxecto da Escola infantil de Montealto na modalidade de Educación Infantil, un do CEIP Sanjurjo de Carricarte na de Educación Primaria, os dous da Coruña, e un do IES Universidade Laboral de Cullleredo en Educación Secundaria son os gañadores da nova edición do Premio "Concepción Arenal" de proxectos educativos pola igualdade de xénero da Deputación da Coruña. -
‘Stat Wars: o Imperio dos Datos’ achega as utilidades da estatística a alumnado de Bacharelato e ESO
A iniciativa ‘Stat Wars: o Imperio dos Datos’, liderada polo Grupo de Bioestatística e Ciencia de Datos Biomédicos (GRID) da USC, desenvolverase os días 27 e 28 de abril no Auditorio de Galicia. Esta actividade ten como primordial obxectivo amosarlle a alumnado de ESO e Bacharelato todas as utilidades da estatística, así como as súas aplicacións noutras disciplinas para a resolución de problemáticas habituais. -
Máis de 4300 alumnas e alumnos acudirán a esta representación de La Baldufa Companyia de Comediants. Os nenos e nenas poderán entender as ameazas do bullying a partir do comportamento dos seus protagonistas, os animais da sabana. A preocupación dos investigadores Piñote e Calabacín será a de descubrir que está a suceder e axudar a estes animais ensinándolles que, a través das nosas actitudes e comportamentos en positivo, é posible convivir dunha maneira tranquila, respectando a todos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 101
- 102
- 103
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- …
- seguinte ›
- última »

