Notas
-
Os reitores das Universidades de Santiago de Compostela e da Coruña, asinaron o acordo de intencións para a posta en marcha deste título cuxo contido tamén é pioneiro a nivel estatal e constitúe un exemplo de aproveitamento de sinerxías a prol da universidade do futuro con titulacións únicas, singulares e adaptadas ao tecido económico e social galego. Sitúase a paisaxe na axenda social galega. -
Preséntanse os tres representantes de Galicia –Radio Cos, Narf e Xabier Díaz– que actuarán na maior feira mundial da música de raíz en Santiago do 19 ao 23 de outubro. A previsión é que se organicen 60 concertos e que visiten Galicia 2.500 profesionais de 90 países, o que implicará un impacto económico duns 2,5 millóns de euros. -
Preto de 500 mozos de mozas de 11 agrupacións musicais galegas participaron no I Festival de Bandas Infantís e Xuvenís organizado pola Xunta de Galicia na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. -
Agadic colabora no Curso de Medios Audiovisuais de Celanova que organiza a Fundación Carlos Casares coa Deputación de Ourense, o Concello celanovés e a Universidade de Vigo no Auditorio Ilduara do 5 ao 8 de xullo baixo o título Audiovisual galego en feminino: singularidade e diversidade. -
O espectáculo foille encargado pola Biblioteca Nacional á escritora e narradora Inma Chacón con motivo dos actos conmemorativos do Ano Cervantes. A actriz e directora Marián Bañobre, de Ibuprofeno Teatro, dá o pregón inaugural da 33ª Mostra que se desenvolve do 1 ao 9 de xullo no Morrazo. -
La XIX edición de Viñetas desde o Atlántico acerca a la ciudad de A Coruña, entre el 8 y el 14 de agosto, la vuelta de Corto Maltés, una muestra sobre Cervantes, la obra de Chris Claremont y una representación del cómic social y gallego, en varios escenarios simultáneos de la ciudad. -
Gael Pérez, Sergio Aller, Rosa Pérez e Andrea Fernández foron os gañadores desta quinta edición, na que participaron 170 persoas. Esta iniciativa enmárcase dentro dos obxectivos 2015-2020 no tecido económico, que pretenden estender o uso do galego no sector empresarial e, en consecuencia, en toda a sociedade. -
O Womex 2016 vai estruturar a súa programación en dúas partes: DayWomex e NightWomex. A primeira abarca a feira profesional e outras actividades complementarias que se desenvolverán na Cidade da Cultura. No NightWomex prevense máis de 690 concertos de pequeno formato, que terán lugar en espazos abertos e pechados de Compostela. -
Segundo unha análise realizada por Reuters, que inclúe outras nove universidades españolas entre 600 institucións analizadas, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) figura entre as máis innovadoras de Europa polo nivel de publicacións científicas entre 2009 e 2014 e indexadas en Web of Science. A USC é a quinta no ranking español destas 10 universidades seleccionadas. -
A suíza UMS’n JIP achegarase ás estéticas operísticas no concerto que ofrece o mércores 22 de xuño no Espacio Sirvent no ciclo Do Audible. Diferentes disciplinas da arte e do pensamento dialogan neste ciclo promovido pola Xunta en colaboración con Vertixe Sonora, para achegar o público ás expresións culturais contemporáneas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 138
- 139
- 140
- 141
- 142
- 143
- 144
- 145
- 146
- …
- seguinte ›
- última »

