Notas
-
Cada empresa ou centro galego de coñecemento poderá solicitar axudas para financiar ata 10 contratos, cunha duración mínima dun ano e un importe bruto anual de, polo menos, 24.000 euros -
A música independente e a natureza da Costa da Morte fusiónanse do 12 ao 14 de agosto en Ponteceso, onde se darán cita Gigolo Aunts, Rah Rah, Tachenko, Nudozurdo, León Benavente, Kula Shaker, Neuman, Perro, Belako, Egon Soda, The Limboos e Fogbound. Unha ampla variedade de actividades culturais e un campus de traballo ecolóxico completan o programa de 2016. -
Promover o uso da lingua galega como vehículo para a creatividade dos novos valores do audiovisual galego, premiar os dotes lingüísticos, técnicos, artísticos e humorísticos dos estudantes galegos e gozar dunha xornada de humor na lingua galega son os obxectivos da nova edición de Somos a curta! da USC. -
A Fase Final do XVI Rebumbio Matemático celebrouse o venres, 20 de maio, cun día de convivencia cos 45 estudantes dos 15 equipos clasificados nas distintas zonas. -
Compostela será unha das 21 cidades españolas que celebren o Pint of Science 2016: un festival internacional que do 23 ao 25 de maio leva a ciencia aos bares co único obxectivo de facela accesible ao público e co que colabora a USC. A luz e as estrelas centran a última sesión do singular festival. -
O economista José María Gay de Liébana impartirá unha conferencia sobre o sector hostaleiro como motor de desenvolvemento. Farase unha xornada de portas abertas. Escollerase ao mellor alumno do ano e haberá aulas prácticas e unha cata de chocolates. -
O eido da investigación e outro dos campos nos que a USC ocupa un lugar preferente no último informe que vén de publicar a Fundación CyD. De feito, no ránking de 2016 de CyD, a USC figura entre o grupo das universidades españolas que presenta mellores rendementos. -
Presentouse a programación do Festival de Cans que do 18 ao 21 de maio congregará nesta aldea do Porriño profesionais dos sectores audiovisual e musical, veciños e afeccionados de toda Galicia. A Consellería de Cultura e Educación volve apoiar economicamente o encontro a través das subvencións da Agadic a festivais audiovisuais. -
O Marisquiño defínese como unha marca con personalidade propia que lles achega aos seus seguidores unha ampla oferta cultural, coa música como complemento á programación deportiva. O festival, con 21 actuacións, repite como sede da World Cup Skateborading con 14 modalidades de deportes urbanos como o Flatland. -
O TEDxGalicia amplía o seu formato, cunha sesión de mañá e outra de tarde, nas que os participantes poderán escoitar destacados relatorios en vivo combinados co visionado das TedTalks ou charlas inspiradoras. O evento está adicado á difusión de ideas innovadoras e inspiradoras.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 140
- 141
- 142
- 143
- 144
- 145
- 146
- 147
- 148
- …
- seguinte ›
- última »

