Notas
-
Os cineastas Ángel Santos, Jaione Camborda e Marcos Flórez traballan cos estudantes nas filmacións coas que culminan os seus talleres para esta iniciativa pedagóxica internacional, que en Galicia se integra no Plan Proxecta. O CGAI proxectará na súa sede da Coruña os catro filmes resultantes nunha sesión especial pública prevista para o 16 de xuño.
-
O obxectivo desta campaña promocional é que o Centro siga a ser unha referencia no país veciño e captar novos alumnos portugueses. O departamento de márketing do Centro ofrece nestes días diversas charlas e xornada de traballo nunha ducia de centros en Lisboa, Oporto, Pôvoa de Varzim e Valença do Minho, todos eles en Portugal.
-
Coñecer os actuais procesos de selección nos medios dixitais e como os empregan os recrutadores de emprego para formar parte dos cadros de persoal das empresas é o principal obxectivo do curso gratuíto que o martes 19 de abril está previsto no Salón de Graos da Facultade de Relacións Laborais de Santiago de Compostela ás 16.30 horas.
-
O Centro Coreógrafico Galego selecciona oito bailaríns e bailarinas para o ballet As catro estaciónsO departamento de Produción Coreográfica da Agadic representará un espectáculo sobre a composición de Antonio Vivaldi para a actual temporada 2016. Segundo se especifica nas bases, as probas constarán da execución dunha clase de danza clásica e dunha variación clásica ou contemporánea.
-
O mércores, 13 de abril, comeza o Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui, máis diverso que ofrecerá ata o domingo 17 a proxección de 45 filmes xunto a outras actividades paralelas coma concertos, clases maxistrais, debates,... O cartel da edición de 2016 inspírase na obra de Charles Burnnet a quen se adica unha retrospectiva.
-
El dúo chileno integrado por Rodrigo “Coti” Aboitiz e Ignacio Redar, teloneros de La Unión, presenta en el Fnac de A Coruña su nuevo trabajo discográfico: Cambiando. Editado en 2014, está disponible en iTunes y en Spotify.
-
A sede do CDG é un dos cinco escenarios nos que se está a desenvolver a sétima edición desta iniciativa da sala Sónar, que lle achega ao público compostelán a música de cantautores tanto consagrados como emerxentes. O primeiro concerto está programado para o venres 1 de abril ás 22.00h.
-
Normalización Lingüística da Facultade de Humanidades convoca o I Concurso de microrrelatos en galego dirixido ao alumnado da USC. Os microrrelatos, dunha extensión máxima de 100 palabras, presentaranse no perfil de Facebook da Facultade de Humanidades ata o 1 de abril de 2016 xunto co cancelo #MicrorrelatosHumanidades2016.
-
As International Masterclasses permitirá a máis de 60 estudantes de toda Galicia cambiar o 4 de marzo as súas aulas de secundaria polos laboratorios e instalacións da Facultade de Física da USC para traballar como verdadeiros científicos no ámbito da Física de Partículas e con datos derivados dos experimentos do acelerador de partículas do CERN.
-
Presentouse a axenda cultural do Concello de Santiago para marzo de 2016 en que se programa o 30 aniversario de Matarile Teatro, a entrega dos Premios do Auditorio de Galicia e estrea da exposición dos seleccionados, o novo espectáculo de Producións Excéntricas e os concertos de Diego El Cigala e Ses.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 141
- 142
- 143
- 144
- 145
- 146
- 147
- 148
- 149
- …
- seguinte ›
- última »