Notas
-
Tres filmes con participación galega –‘Memorias dun home en pixama’, ‘Psiconautas, os nenos esquecidos’ e ‘Decorado' foron seleccionados este ano en diferentes seccións do Festival Internacional de Filmes de Animación de Annecy, que se celebra nesta localidade francesa.
-
A partir do concepto de "modernidade líquida" desenvolvido por Zygmunt Bauman, Premio Príncipe de Asturias da Comunicación e Humanidades en 2010, a Universidade de Santiago ofrece ata o 15 de xullo unha exposición composta por fotografías realizadas por membros de Fotoforum Compostela.
-
Segundo o segundo ránking Universidade-Empresa sobre empregabilidade dos titulados recentes, realizado con datos de 2.155 enquisas a responsables de contratación doutras tantas empresas de toda España, os titulados e tituladas en Humanidades e outras Ciencias Sociais pola USC, os mellor valorados polas empresas.
-
O IV Encontro Mocidade Investigadora reúne 300 novos investigadores na Facultade de Ciencias da Comunicación. O Encontro diríxese a novos investigadores/as para fomentar a colaboración e o intercambio de coñecementos entre os membros dos diversos programas de doutoramento da USC.
-
O pleno do CGU analizou hoxe tamén cuestións como os impagos de matrícula, os plans de viabilidade de varias titulacións, ou a autorización de implantación de diferentes másters e graos no SUG, entre outros asuntos. O conselleiro convidou ás universidades galegas a reflexionar sobre o actual calendario de exames e as datas de inicio de curso.
-
A retrospectiva This is Now, desenvólvese todos os martes de xuño cunha ampla panorámica da produción independente de cine e vídeo en Gran Bretaña durante os anos oitenta. Do mércores ao venres 10 de xuño programaranse tres sesións de curtametraxes de alumnos da EIS de Someso, que comezou a súa andaina en 1991 canda a filmoteca galega.
-
A actividade e os contidos das propostas presentadas ao I Fin de Curta deberá desenvolverse entre las 17.00 horas do venres 10 de xuño ata as 8.30 horas do luns 13 de xuño. O maratón cinematogáfico I Fin de Curta é unha convocatoria aberta a todo o público para contribuír á promoción do audiovisual galego e ao impulso de novos creadores en lingua galega.
-
O papel da muller na creación musical centra a sesión inaugural da programación, que contará coa participación de relevantes personalidades dos ámbitos da música, das letras, das artes escénicas e da filosofía. O ciclo Do Audible regresa con novas estreas musicais para achegar o público ás variadas expresións culturais contemporáneas.
-
Esta iniciativa, desenvolvida dende o ano 2010 entre as consellerías de Mar, Educación e Sanidade, e ANFACO-CECOPESCA, achega o mundo das conservas e dos produtos do mar aos nenos e nenas que coñecen contidos relativos aos valores nutritivos das conservas de produtos do mar, realizan xogos e elaboran bocatas a base de conservas e produtos frescos.
-
O 10 de xuño volve outra regueira á USC sobre a conveniencia ou non de cambiar o noso fuso horario. Dous partidarios e outros tantos detractores do cambio argumentarán as súas posturas nunha sesión na Facultade de Ciencias da Comunicación.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 139
- 140
- 141
- 142
- 143
- 144
- 145
- 146
- 147
- …
- seguinte ›
- última »