Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • Crear robots máis autónomos que resolvan situacións reais no sector agroalimentario, no entretemento educativo, no campo da produción industrial non estruturada e no comercio. Este é o obxectivo principal do proxecto PILLAR-Robots (Purposeful Intrinsically motivated Lifelong Learning Autonomous Robots), un consorcio internacional liderado desde o Centro de Investigación TIC (CITIC) da UDC.
  • O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, e o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, asinaron esta mañá o convenio polo que a Xunta aporta o financiamento para a realización do proxecto do novo edificio do Campus de Ferrol, o Centro de Investigación en Industria Intelixente, Ci3.
  • 'Sabía que o tiñamos (I knew we had it)' é o título do relatorio que este mércores pronuncia na Nerd Nite o que fora director do CERN, Rolf Heuer, entre os anos 2009 a 2015, para conmemorar o décimo aniversario do descubrimento do bosón de Higgs. Ademais de Rolf Heuer, interveñen na Nerd Nite o profesor da USC e investigador do IGFAE, José Edelstein, e Pier Paolo Giardino, investigador distinguido do IGFAE.
  • O Centro Universitario de Riazor acollerá as xornadas 'A Coruña global no mundo do S.XXI', organizadas polo IGADI en colaboración co Concello da Coruña. Estas xornadas, que chegan á segunda edición, teñen como obxectivo explorar as posibilidades e potencialidades da Coruña como cidade intermedia global, no marco da acción exterior galega, española e europea, aliñada como unha cidade comprometida coa Axenda 2030.
  • Socialdemocracia, Estado Nación, Unión Europea e federalismo constitúen os catro conceptos chave arredor dos cales reflexiona Emilio Pérez Touriño na súa obra El horizonte europeo, presentada este luns no Centro de Estudos Avanzados da USC. O reitor Antonio López e o director do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Juan Luis Blanco Valdés, acompañaron a Pérez Touriño no acto.
  • O traballo desenvolvido polo departamento de Historia da USC foi recoñecido no marco dos Premios da Crítica 2022, na categoría dirixida a iniciativas culturais e científicas. O xurado salientou 'a importante dimensión espacial e temporal dunha iniciativa cultural e científica de longo alento, que abre as portas ao coñecemento do Paleolítico no territorio galego'.
  • O Fórum Metropolitano da Coruña acollerá os días 1, 2 e 3 de decembro a segunda edición de Cinema Rabudo, a mostra galega de audiovisual inconformista que naceu no outono de 2021 co obxectivo de xerar un espazo de encontro para o audiovisual crítico e incitar o debate e a reflexión sobre problemáticas sociais de actualidade. Na súa segunda edición, o Cinema Rabudo mantén a aposta por proxectar documentais sociais, pero de alta factura técnica.
  • A Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña acollerá un encontro internacional no que se analizará a incidencia do cambio climático na saúde e na vida das persoas. Organizado polo grupo de investigación Persoa-Ambiente da UDC, que coordina a profesora Cristina García Fontán, desenvolverase no salón de graos da Escola do 21 ao 25 de novembro coa presenza de destacados especialistas de Xapón, Arxentina e Estados Unidos.
  • O 'Proxecto Nós: O galego na sociedade e na economía da Intelixencia Artificial', co que se pretende valorizar a lingua galega na contorna dixital e xerar os recursos necesarios para situala na vangarda das tecnoloxías intelixentes, acaba de recibir un novo pulo a través do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) da Nova Economía da Lingua.
  • A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense acolleu este martes pola tarde o Foro de Turismo Rural. Nel, Enric López, co-director do Observatorio do Turismo Rural en España, presentou datos de turismo rural en Galicia, e celebrarase unha mesa redonda sobre as necesidades, potencialidades e retos deste sector na comunidade autónoma.