Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • A decana da Facultade de Matemáticas da USC, María Elena Vázquez Cendón, recibirá o premio María Josefa Wonenburger 2022. A nova deuse a coñecer no último pleno da Unidade Muller e Ciencia da Xunta de Galicia, na que se tivo en conta a carreira de investigación e divulgación da matemática. 'É o corolario a un traballo feito', afirmou a profesora da USC logo de coñecer a nova da concesión. 'Sinto moita alegría e gratitude', sinalou.
  • A pouco que se furgue, agroman infinidade de prexuízos sobre o uso do galego, algúns que semellaban superados e outros que sempre estiveron presentes. Algúns deses prexuízos son os que protagonizan o calendario da Área de Normalización Lingüística da UVigo para o 2023 deseñado por Luis Davila. Entre os lugares comúns que se reflicten nas viñetas están 'non falo galego porque o falo mal'; 'impóñennos o galego' ou 'o galego só serve para falar coas vacas'.
  • A pesar dos avances na loita pola igualdade, en España a cifra de mulleres que escollen estudar carreiras STEM (de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas) é de arredor dun 15%, quedando o talento feminino fóra dalgunhas das titulacións con maior empregabilidade, impacto socioeconómico e proxección de futuro.
  • A Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acollerá os días 16 e 17 de decembro os encontros de cultura dixital Decembro Maker Talks. Organizado pola Deputación de Ourense no marco do proxecto transfronteirizo Emprende Makers, o evento centrarase na innovación e a tecnoloxía, desde unha perspectiva didáctica e práctica, e nel abordaranse temas como a Internet das cousas, robótica, impresión 3D, ciberseguridade e videoxogos.
  • A exposición Itinerante 'Formas tradicionais da cerámica popular: Terra Chá Bonxe’, presenta na Facultade de Xeografía e Historia da USC unha selección de pezas oleiras orixinais do centro produtor de cerámica tradicional de Bonxe para poñer en valor esta forma de artesanía tradicional a través do traballo realizado pola Asociación Ceramolóxica Canaveira e persoal investigador da institución compostelá. 
  • Trece obras, sete delas na especialidade de moda e outras seis coleccións de xoias, conforman a exposición dos traballos finalistas da décimo terceira edición do certame Xuventude Crea que poderán visitarse dende este luns e ata o 29 de decembro na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela. 
  • O proxecto europeo Circular Seas, financiado con preto de dous millóns de euros de fondos FEDER, botou a andar a comezos de 2020 coa idea de desenvolver toda unha serie de tecnoloxías que permitisen converter os residuos plásticos oceánicos e da contorna marítima portuaria en compoñentes ecoinnovadores para a propia industria marítima. Hoxe isto é xa unha realidade. O sistema está listo e quedará dispoñible en repositorios abertos a partir de xaneiro.
  • Preto dun 20% dos e das adolescentes galegas presentan síntomas de depresión grave e moderada. Ademais, o 12,7% ten ideas suicidas recorrentes. Estas cifras multiplícanse por 3 ou 4 entre as persoas que padecen acoso escolar. Son datos extraídos do informe ‘Adolescencia, Tecnoloxía, Saúde e Convivencia’ elaborado por USC e Fundación Barrié, cunha mostra final, logo dun proceso de depuración, de 8.833 adolescentes.
  • A Reitoría da Universidade da Coruña acolleu o lanzamento do Nodo de Intelixencia Artificial do hub de Innovación Dixital de Galicia, DIHGIGAL. Asistiron o reitor, Julio Abalde, o director de DIHGIGAL, Francisco Yáñez; o director de Competitividade do IGAPE, Norberto Penedo; o director da área TIC no Instituto Tecnolóxico de Galicia, Óscar González; e a directora da área de Programas de Innovación da Axencia Galega de Innovación, Sabela Pardo.
  • A través dos talleres que o estudantado da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da UVigo imparte nestes 15 colexios e dunha serie de encontros con investigadoras e investigadores, Te lo cuentan las matemáticas busca rachar coa percepción desta ciencia como algo desconectado da vida cotiá e cun modelo de aprendizaxe baseado na aplicación de regras de forma mecánica.