Novas
-
No Clavicémbalo actuarán Wealman (Lugo) o venres, 3 de novembro; Irati Bilbao Quinteto (País Vasco) e Ton e Teira (Galicia) o sábado 4; Rembrandt Trío (Países Baixos) o mércores 8; TT Syndicate (Portugal) o 9; Kike Perdomo Quintet (Canarias) e Amoeba Split (Galicia) o 10; Límbico e Demo Rumudo (ambos de Galicia) o 11; Proyecto 1800 (Galicia) o 14; Jorge Tojeiro 8tet (Lugo e outros lugares de Galicia) o 15; Grant Stewart & Jim Rotondi o 16; Gabriela Suárez (Canarias) o 17 e o 18; e Juan Saiz Cuarteto (Cantabria e Cataluña) o 18.
-
Relatos, encontros e imaxes é o título do evento que terá lugar no Salón Teatro de Santiago de Compostela como peche da primeira edición da aceleradora musical Sonemerxente, posta en marcha pola Xunta de Galicia baixo a xestión da Fundación Paideia. As 10 bandas e artistas integrantes do programa compartirán cos asistentes os principais fitos desta experiencia, no marco da que tiveron a oportunidade de traballar no impulso das súas carreiras man a man con primeiras figuras da industria musical, ademais de ofrecer unha trintena de actuacións en diferentes festivais e citas culturais de toda Galicia.
-
O 24,9 % da infancia menor de 18 anos en Galicia vive en risco de pobreza e/ou exclusión social (taxa AROPE polas súas siglas en inglés -At risk of poverty and/or exclusion). Esto supón que 93.000 nenos, nenas e adolescentes na comunidade autónoma están nesta situación, segundo se desprende da Análise da Enquisa de Condicións de Vida con enfoque de infancia elaborado pola Plataforma de Infancia en colaboración coa Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG).
-
Lady Pink naceu en Ecuador e creceu en Nova York. Cando comezou a escribir graffiti aos 15 anos, axiña se deu a coñecer como a única muller capaz de competir cos rapaces na subcultura do graffiti durante o período 1979-1985. Comezou a expoñer obras en galerías cando aínda estaba no instituto e con 21 anos realizou a súa primeira exposición individual. Os lenzos de Lady Pink entraron en coleccións como o WhitneyMuseum, o MET NYC, o Brooklyn Museum, a Tate Modern de Londres, o MoMA NYC, o Museum of Fine Art de Boston e moitos outros. Creadora de murais en todo o mundo, na actualidade realiza obradoiros de murais con estudantes e dá conferencias activamente en universidades dos Estados Unidos.
-
Coincidindo co centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos, a Xunta de Galicia organiza no Gaiás un programa especial de actividades ao redor da exposición Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura. Co propósito de achegar a toda a cidadanía o legado do Seminario, esta programación inclúe tanto obradoiros didácticos para a rapazada como un programa de visitas especiais para público adulto, conducidas por algúns dos maiores expertos de Galicia na historia desta institución determinante na construción da nosa identidade.
-
A Semana de Cine Euroárabe Amal amosará media decena de filmes en prol do entendemento interculturalDo 23 ao 28 de outubro o Teatro Principal de Santiago acollera esta vixésimo primeira edición do AMAL, baixo o lema Ninguén está a salvo. Ao longo da semana, o público poderá gozar de filmes como o premiado en Venecia Entre as figueiras, primeira película de ficción do franco–tunesino Erixe Sehiri; O caftán azul, da directora e guionista marroquí Maryam Touzani; Conspiracíón no Cairo, do guionista e produtor sueco de orixe exipcia Tarik Saleh, e The sage, do director de cine e televisión sirio, de orixe palestina Basil Al-Khatib.
-
As titulacións que desexen acadar este selo, teñen que estar impartíndose de xeito interrompido como mínimo desde o curso 2018/19. Cada universidade poderá presentar un máximo de tres solicitudes antes de dous meses desde a publicación no DOG. O organismo autonómico establece oito criterios de avaliación: estratexia e resultados, currículo, deseño do proceso de ensino–aprendizaxe, profesorado, avaliación, inserción laboral, internacionalización e exposición da proposta. Cada un será valorado cun máximo de 10 puntos, agás estratexia e resultados, que puntuará ata 25 puntos; e exposición da proposta, cun máximo de 15. O selo terá unha vixencia de seis cursos académicos.
-
A Filmoteca de Galicia será durante outubro unha das sedes das proxeccións de dous encontros culturais que terán lugar na cidade da Coruña: o Festival Intersección e a feira internacional de música Womex, que levarán á Sala José Sellier boa parte da súa programación audiovisual. A nova carteleira mensual da cinemateca da Xunta arrinca rematando a exhibición íntegra do serial Les Vampires, obra de dez episodios asinados polo director francés Louis Feuillade en 1916, cuxos últimos capítulos poderanse ver mañá martes día 3 e mais o xoves 4 (ás 18,00 h.).
-
A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia vén de desenvolver unha ferramenta interactiva denominada ‘A paisaxe galega desde a bicicleta’, que permite realizar un percorrido virtual ao longo de 2.300 quilómetros pola nosa Comunidade a través de 52 rutas. O obxectivo é a divulgación e a conservación da paisaxe galega, combinadas coa práctica do ciclismo como actividade saudable e ecolóxica, dado que ofrece unha proposta turística sostible con cero emisións.
-
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, compareceu hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia a petición propia para informar do inicio do curso 2023-24 no ensino non universitario. Na súa intervención, o responsable educativo da Xunta anunciou que a Formación Profesional marca un novo récord de alumnos ao superar por primeira vez os 64.500 estudantes. En concreto, a falta de pechar a matrícula definitivamente os vindeiros días, son 64.570. Isto representa 3.687 persoas máis que no ano pasado, cando se contabilizaron 60.883. A nova cifra supón un crecemento do 6% respecto ao curso previo e un 86% máis que no curso 2008-09, cando cursaban FP 34.746 alumnos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »