Ir o contido principal
iniciar sesión

Novas

  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 11727 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 11727 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 11727 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade. O grupo de expertos adoptou esta decisión tras avaliar a situación epidemiolóxica de Galicia así como a grande porcentaxe de poboación pediátrica e xuvenil vacinada. Neste senso, Galicia é a primeira comunidade en porcentaxe de poboación infantil vacinada cun 73,5% dos nenos con alomenos unha dose, 21 puntos por riba da media estatal.
  • O Festival Mundial do Ilusionismo Galicia Ilusiona incluirá nos seus dous meses e medio de duración espectáculos dirixidos ao público familiar en emprazamentos céntricos dos concellos galegos para mostrar a maxia que ten Galicia a veciños e a visitantes neste Xacobeo 21-22. A programación do festival contará ademais con 7 desafíos extremos levados a cabo neste período por distintos artistas en lugares emblemáticos das 7 grandes cidades. As urbes galegas converteranse en capitais mundiais do ilusionismo e acollerán tamén 7 grandes galas internacionais de maxia coa presenza dos mellores magos e magas do mundo. A iniciativa ten unha parte solidaria con espectáculos previstos nas plantas de Pediatría dos principais hospitais galegos aos que se desprazarán os propios artistas para facer partícipes do festival e achegar a ilusión aos cativos ingresados.
  • O Festival será unha oportunidade única para ver sobre un mesmo escenario a persoas tan destacadas na creación poética como Elisabet Duval, Teresa Moure, Luís Antonio de Villena, Ana Romaní , Carlos Callón, Luís Muñoz, María Castrejón, Xavier Queipo, Andrea Nunes, Daniel Asorey, Andrea Nunes ou Blanca Haddad, ademais de músicos cunha ampla traxectoria como Rodrigo Cuevas ou Projecto Mourente. De forma paralela aos recitais, Alguén que respira! bota de novo man dos cafés con conversa, que se desenvolverán polas mañás no ambigú do Teatro Principal a modo de foros de reflexión.
  • A Cidade da Cultura presenta este mes os volumes 4 e 5 do ciclo Clásicas desfeitas, que leva a escenarios non convencionais obras inspiradas na literatura medieval galega e na renacentista portuguesa. Os dous proxectos están a tomar forma no marco do programa Residencias Artísticas do Gaiás co propósito de achegar unha ollada renovada e actual sobre o patrimonio cultural e artístico. As propostas, coproducidas pola Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego, convidan a traballar ligando as artes escénicas coa creación contemporánea e coa arquitectura, ocupando espazos non teatrais. Un encontro aberto e diverso no que o clásico segue a ser recoñecible nestes anovadores espectáculos.
  • A Cidade da Cultura comeza este mes a emisión do videopodcast Conversas na balea, un espazo de faladoiros que no seu primeiro capítulo, precisamente nesta semana na que se conmemora o Día Internacional da Muller, se achega ao ámbito da promoción e produción musical desde a óptica de dúas mulleres profesionais de peso no sector. Trátase de Raquel Seijo, codirectora de Sweet Nocturna e responsable de ter traído a Galicia a nomes como Björk, Shakira, Muse ou Lenny Kravitz, e Andrea González, pianista, pedagoga e xestora musical directora do festival internacional IKFEM (International Keyboard Festival & Masterclass), que se celebra en Tui e Valença, e escollida entre as 100 Mulleres Líderes en España en 2019.
  • A nova Estratexia de Formación Profesional Galicia 2030 impulsará a oferta de dobres titulacións en ciclos formativos. Así o explicou o secretario xeral de Educación e FP, José Luis Mira, na súa comparecencia no Parlamento para dar conta desta nova folla de ruta que guiará as accións da Xunta de Galicia nestas ensinanzas. Centrada no reforzo da oferta e na súa adaptación ás necesidades dos sectores produtivos, no fortalecemento e extensión da rede de centros de excelencia, a estratexia impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade conta cun orzamento de 900M€ ata 2024.
  • O novo plan divídese en dous fondos: un financiamento non condicionado, é dicir, fondos de libre disposición para os campus, como por exemplo, para gasto corrente e mantemento de infraestruturas; ou para o plan de viabilidade financeira, eficiencia e mellora enerxética. E un financiamento da investigación para impulsar a I+d+i, cun 41% máis de investimentos, ata chegar aos 400 millóns de euros no quinquenio. Cun plan de financiamento a medio prazo, a Comunidade é pioneira en dar estabilidade e certezas ás universidades, como o é tamén na conxelación das taxas de matrícula desde o curso 2011-2012.
  • Preto de vinte concellos, dous centros de ensino e o Centro Sociocomunitario de Ferrol sumáronse xa ás viaxes en autobús organizadas polo Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta, para ver a súa produción A peste, que se representará no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A montaxe inspirada na obra homónima de Albert Camus, con dirección e dramaturxia de Cándido Pazó, retoma este mércores o calendario previsto de funcións e permanecerá en cartel no espazo compostelán ata o 13 de marzo.
  • As colaboracións con institucións internacionais, as itinerancias e o apoio á creación marcan a acción cultural dun ano no que se conmemora o décimo aniversario da apertura do Museo Centro Gaiás. Unha das propostas máis destacadas, que ademais se poderá ver por vez primeira na Península, será CARNE y ARENA, experiencia de realidade virtual gañadora dun Oscar do cineasta mexicano Alejandro González Iñárritu, director de galardoados filmes como Amores perros, Babel, 21 gramos ou Birdman.
  • O Centro Galego de Arte Contemporánea retoma o programa expositivo de apoio a artistas de Galicia de media carreira, iniciado en 2016 e que se viu interrompido nos dous últimos anos por mor da pandemia, coa mostra 'Suso Fandiño. Wunderkammer', que presenta obras recentes e tres grandes instalacións producidas especificamente para o espazo arquitectónico do CGAC. Con ela o artista propón unha serie de vías e ligazóns pouco habituais, debuxando un espazo museístico onde as obras conectan entre si creando relacións punzantes.