Novas
-
O Centro Dramático Galego (CDG) inicia a xira da súa última produción Ás oito da tarde, cando morren as nais a vindeira semana en Cee. Con dirección e dramaturxia de Marta Pazos, a montaxe leva a escena o texto da creadora escénica AveLina Pérez galardoado co Premio Álvaro Cunqueiro en 2018 e conta con Camila Bossa, Sabela Domínguez, Xosé Manuel Esperante, Davide González, María Llanderas, Alba Loureiro e Toni Salgado no elenco. Recomendado para maiores de 12 anos, o espectáculo sitúa o público como elemento central e analiza de xeito crítico e irónico a relación entre o teatro e a súa recepción, cunha escenografía que reproduce un espazo de exhibición escénica.
-
Arredor de 70 estudantes de oito centros educativos de Galicia danse cita durante a xornada de hoxe nas instalacións do centro de investigación aeroportada de Rozas ( CIAR), para participar na fase galega do certame de proxectos espaciais CanSat, unha competición promovida pola Axencia Espacial Europea na que os alumnos realizan unha simulación dun satélite desde a súa concepción ata o lanzamento ao espazo e posterior recollida de datos. A Xunta de Galicia apoia por terceiro ano consecutivo a organización da fase galega desta xornada da cal sairán os representantes que acudirán á competición a nivel estatal.
-
Galicia manterá as cualificacións numéricas para o alumnado en todos os cursos ao tempo que reforza as competencias lingüísticas, humanísticas, matemáticas e científicas nos currículos educativos para todas as etapas que se aplicarán a partir de setembro coa entrada en vigor da nova lei estatal. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, deu conta das novidades, da estrutura e dos contidos curriculares da parte autonómica (Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato).
-
A Cidade da Cultura transfórmase con Escenas do cambio non só no escenario idóneo para a representación das últimas tendencias nas artes escénicas, senón tamén en lugar de inspiración, recollemento e investigación para novas propostas de vangarda. Así, canda as pezas galegas que terán a súa estrea no festival, o público poderá gozar tamén de dúas obras creadas de maneira específica para a súa representación no Gaiás.
-
A Xunta de Galicia vén de anunciar os nomes dos gañadores das mellores declaracións de amor en galego presentadas nesta undécima edición do certame Lingua de namorar. Un total de 132 mozas e mozos de entre 14 a 35 anos participaron neste concurso que procura dinamizar o uso da lingua galega entre a xuventude, tanto nas súas relacións persoais como na internet. Un ano máis, as Consellerías de Cultura, Educación e Universidade e a de Política Social puxeron en marcha esta iniciativa que promove o uso de galego ao tempo que permite amosar o talento literario da mocidade a través de tres categorías, dúas delas para web e unha exclusiva para a rede social Instagram.
-
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, afirmou esta mañá que o Sergas está alerta, logo de que o Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias, dependente da Dirección Xeral de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade, informara onte as comunidades autónomas da detección de varios casos de hepatite aguda, de orixe desconocido, en rapaces menores de 10 anos. Por este motivo, dende o Ministerio realizouse unha comunicación á todas as comunidades para realizar unha "observación e procura activa" de posibles casos.
-
Presentouse a nova produción do CDG 'Ás oito da tarde, cando morren as nais', con dirección e dramaturxia de Marta Pazos e cuxa estrea será este xoves no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A montaxe leva a escena o texto da creadora escénica AveLina Pérez galardoado co Premio Álvaro Cunqueiro en 2018 e conta con Camila Bossa, Sabela Domínguez, Xosé Manuel Esperante, Davide González, María Llanderas, Alba Loureiro e Toni Salgado no elenco. O espectáculo estará en Santiago ata o 1 de maio con 14 sesións e logo xirará ata xuño por Cee, Cedeira, Catoira e A Estrada, así como polas localidades portuguesas de Beja e Coímbra.
-
Foi presentado o festival de música contemporánea RESIS, que arrancará o vindeiro 21 de abril e reunirá ata xuño na Coruña destacados intérpretes nacionais e internacionais en distintos concertos, mesas redondas ou máster class e que incluirá un proxecto didáctico inclusivo para persoas con discapacidade visual. O primeiro concerto Gran Torso IV do Cuarteto Gerhard, terá lugar o 23 de abril na Igrexa das Capuchinas e un día antes comezará na Fundación Luis Seoane a mostra do traballo da residencia artística do Gaiás, con Igor C. Silva e Arxis Ensemble.
-
O polo desenvolverá unha etapa de aceleración intensiva con consultarías individuais, grupais e accións de mentorización en eidos tanto tecnolóxicos como de márketing, dereitos ou financiamento, entre outros. Tamén está prevista a organización de diferentes xornadas de innovación, dun evento final de presentación de proxectos e dun programa para a xestión da mobilidade internacional, así como unha consultaría de seguimento. Poderán optar a ser entidades colaboradoras entidades asociativas con personalidade xurídica e sen ánimo de lucro, que conten con experiencia no ámbito dos videoxogos e, en concreto, na organización de actividades de difusión deste sector en Galicia.
-
Foi presentada a programación da segunda edición do programa Primavera Xove, iniciativa conformada por tres formatos de acción diferentes que se desenvolverán durante os meses de abril e maio e que están dirixidos a ofrecer alternativas de ocio a mozas e mozos a partir dos 14 anos. A oferta desta nova edición distínguese entre o programa de Semana Santa e de fin de semana en albergues xuvenís, os encontros formativos e de networking nos campus universitarios, e as Feiras Primavera Xove nos 12 espazos xoves dependentes da Xunta de Galicia. Todas as medidas levaranse a cabo seguindo as medidas de prevención, seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- …
- seguinte ›
- última »