Ir o contido principal
iniciar sesión

Novas

  • Un de cada catro adolescentes en Galicia usa de forma intensiva e sen supervisión Internet e as redes sociais; ademais, un de cada cinco podería 'ter un certo enganche' aos videoxogos, segundo o informe que presentou este martes 8 de febreiro UNICEF Comité Galicia, coa colaboración da USC e do Consello Xeral de Colexios de Enxeñaría en Informática (CCII), baixo o título 'Impacto da Tecnoloxía na Adolescencia en Galicia. Relacións, Riscos e Oportunidades'. O estudo recolle as opinións de máis de 3.000 adolescentes de 19 centros de Ensino Secundario Obrigatorio de Galicia, dos que o 90,8% conéctase a Internet todos ou case todos os días.
  • As Universidades de Santiago, Vigo e A Coruña impulsarán puntos de información xuvenil itinerantes co obxectivo de achegar os recursos, programas e axudas existentes aos universitarios galegos. Este novo servizo comeza o martes e irá emprazándose polas diferentes facultades dos campus galegos ao longo dos vindeiros meses. Coa finalidade de continuar achegando información á mocidade, o Goberno galego desenvolve esta nova iniciativa, coa que pretende asesorar aos estudantes das tres universidades galegas.
  • Galicia rexistrou en 2021 a porcentaxe máis baixa de abandono escolar da súa historia, un 8,1%, un descenso de case catro puntos respecto do datos de 2020 (12%), a maior baixada interanual en Galicia desde que existen rexistros. Este dato sitúa ao sistema educativo galego a máis de cinco puntos da media estatal, que é do 13,3%, a primeira vez nunha década que se produce un diferencia desta envergadura co dato español. Isto coloca á nosa Comunidade por primeira vez entre as tres que máis éxito escolar teñen, só por detrás do País Vasco (cun abandono do 4,8%) e de Cantabria (6,4%). Só estas tres CCAA e Navarra (9,1%) están por debaixo da media que a UE marcou como meta para o ano 2020 (9,9%).
  • Un total de 50 centros educativos de toda Galicia desenvolverán programas de integración das familias na actividade da biblioteca escolar ao longo do curso 2021/2022. Todos os centros participantes están integrados no Plan de Mellora Bibliotecas Escolares e solicitaron participar neste novo programa, cuxo obxectivo é estimular o desenvolvemento de iniciativas que favorezan a participación das familias en actividades da biblioteca escolar, destinadas ao conxunto da comunidade educativa ou pensadas para a formación e a participación en experiencias de lectura e de traballo coa información e medios de comunicación.
  • O festival de curtametraxes Pequefilmes, que fomenta a creación de novos públicos para o cinema, consolídase este ano como polo de atracción das mellores pezas audiovisuais para as audiencias infantís. Cunha programación que supera os 80 filmes procedentes de máis de 20 países, Pequefilmes é xa unha cita cultural imprescindible para as familias e tamén para creadores de todo mundo. O festival decorrerá nos días 29 e 30 de xaneiro con proxeccións en sala e en liña, apostando por manter o formato híbrido.
  • A Xunta adaptou o novo protocolo de xestión de casos covid en centros educativos fixado a nivel nacional ao contexto específico das escolas infantís. A principal novidade deste documento é que unha aula se illará cando os casos positivos confirmados superen o 20% do total dos nenos e traballadores dun grupo de convivencia estable. O Goberno central emitiu unha directriz para todas as comunidades autónomas que ten como ámbito de aplicación os centros educativos de 0 a 12 anos. Nela establécese que pechará unha aula cando o número de positivos supere os cinco nenos ou o 20% da aula.
  • A nosa comunidade é a que ten máis poboación maior de 12 anos vacinada con pauta completa, máis do 95%. Igualmente, tamén é a comunidade con máis nenos e nenas de entre 5 e 11 anos coa primeira dose posta, un 60%, e, así mesmo, lidera a porcentaxe de poboación con dose de reforzo en todos os grupos de idade. Respecto dos obxectivos establecidos na conferencia de presidentes celebrada o 22 de decembro, Galicia xa cumprira o 13 dese mes o propósito marcado para final de ano de ter vacinada con dosis de reforzo ao 80% da poboación de 60 a 69 anos.
  • O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) vén de abrir as portas da exposición Santiago. Peregrinación, cidade, escola, un percorrido sobre o fenómeno xacobeo e Santiago de Compostela a través dunha escolma de materiais escolares e extraescolares que gardan algunha relación con esta temática. Comisariada polo persoal do museo, a exposición reúne un total de 71 pezas comprendidas entre os anos 1881 e 2004 agrupadas en tres grandes temas que son Santiago o Maior e a iconografía xacobea, Santiago como meta de peregrinación e a cidade de Compostela.
  • O Centro Galego de Arte Contemporánea reforzou en 2021 o seu papel divulgador das creacións de artistas emerxentes e consolidados cun incremento nas exposicións e na súa colección, que sumou 60 novas pezas artísticas. De feito, o CGAC recuperou e mesmo superou o ritmo de actividades incrementando as cifras anteriores á pandemia. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presidiu o Consello Asesor deste centro, no que se fixo balance do ano que remata e se presentaron as propostas para 2022. Nos últimos meses materializáronse 13 proxectos expositivos, o que representa case o dobre con respecto aos sete de 2020 e tamén é maior o número de mostras do ano previo á pandemia, 2019, cando houbo 10.
  • O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, informaron en rolda de prensa do avance da vacinación do nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e os 11 anos, subliñando que o 54% destes menores xa contan alomenos coa primeira das doses da vacina contra a covid-19. O titular de Sanidade, destacou que 84.363 rapaces e rapazas deste tramo de idade xa foron vacinados, así, apuntou que os datos de vacinación de menores en Galicia son moi bos, sinalando que o 97,3% da poboación de 12 a 19 anos conta con alomenos unha dose da vacina, e que, ao 94,8% xa lle foi administrada a pauta completa de vacinación.