Novas
-
A Xunta corrixirá as debilidades do Real Decreto Lei de medidas urxentes no ámbito da educación non universitaria, aprobado polo Congreso dos Deputados, a través da elaboración dunhas normas propias de desenvolvemento. O obxectivo é, dentro da legalidade e das posibilidades desta norma, preservar a calidade e a equidade do sistema educativo galego. O decreto, unha medida emprendida polo Ministerio de Educación, permite que un alumno poida promocionar de curso sen que se teña en conta o número de materias que teña suspensas.
-
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, detallou esta mañá en rolda de prensa as medidas acordadas onte trala xuntanza do Comité clínico e anunciou a realización de cribados nas residencias universitarias galegas. Acompañado polo secretario xeral do Sergas, Alberto Fuentes Losada, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán e o xerente do Sergas, José Flores, o responsable da carteira sanitaria abordou polo miúdo as medidas adoptadas na xornada de onte polo grupo de expertos que monitora a evolución da covid-19 en Galicia.
-
A Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) ven de lanzar a campaña #ForteCoDeporte, unha iniciativa para fomentar o deporte federado seguro en tempos de pandemia. O obxectivo é impulsar a práctica deportiva federada durante a situación de pandemia na que nos atopamos. Con esta acción, trasládase á sociedade que o deporte federado é garantía de cumprimento de todas as medidas de seguridade. Todas as federacións deportivas de Galicia contan cun protocolo para o establecemento das medidas de prevención necesarias para facer fronte para facer fronte á crise sanitaria.
-
A cidade de Santiago acollerá a segunda edición do festival de música culta Ateneo Barroco, un festival que abre as portas ao outono non só a través de concertos, senón tamén con relatorios e proxeccións. A segunda edición de Ateneo Barroco comezará o vindeiro día 5 de outubro cunha conferencia inaugural e traerá a Santiago de Compostela cinco concertos e relatorios sobre instrumentos e o ciclo cinema que se celebrarán en distintos espazos cedidos polo Concello e a Universidade.
-
Un total de 38 centros educativos, nove dos cales son de nova incorporación, van impartir neste curso 2020/21 o Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMBach) que se implantou por primeira vez no curso 2018/19 como experiencia piloto, e que se foi consolidando neste últimos dous anos con 558 alumnos matriculados (o 52% deles mulleres). Esta iniciativa ten entre os seus obxectivos fomentar a vocación do alumnado cara á investigación científica e tecnolóxica, mediante unha metodoloxía que lle facilite a incorporación e adaptación á ensinanza universitaria e tendo en conta a perspectiva de xénero.
-
“Non hai ningunha xustificación científica para o uso do cannabis en ningún dos síntomas ou complicacións producidos polo virus SARS-CoV-2 (covid-19), nin moito menos para a súa prevención”. Esta é principal conclusión dun artigo feito polo Grupo Ibero Ciência, do que forma parte o profesor da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense Manuel Isorna, no que, a través dunha revisión bibliográfica na materia, expoñen “a falta de evidencias científicas” que hai detrás das novas falsas nas que se asocian propiedades presuntamente terapéuticas ou preventivas do cannabis coa covid-19.
-
Un total de 150.141 estudantes comezarán a partir do vindeiro 23 de setembro –de xeito gradual por mor da pandemia da covid-19– as clases na educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Cómpre lembrar que as cifras de matriculación son moi similares as do curso 2019/2020 e non serán definitivas ata dentro dunhas semanas, dado que aínda nos últimos días se realizaron exames de recuperación en secundaria. Ademais, esta cifra non inclúe os datos de matriculación en Formación Profesional, ensinanzas nas que aínda é posible matricularse.
-
As universidades, ante o reto de evitar que a crise da covid-19 xere maiores desigualdades de xéneroTeitos de cristal, fenda de coidados, movementos regresivos e negacionistas e, agora, o posible impacto da pandemia da covid-19 nun incremento da desigualdade entre mulleres e homes. Son moitas as frontes abertas para o feminismo na actualidade, algúns deles “dende hai milenios” e outros moi recentes, como explicaba o reitor da Universidade de Vigo este martes na inauguración do XIII encontro da Red de Unidades de Igualdad de género para la excelencia universitaria (RUIGEU). O simposio, organizado polas unidades de igualdade das tres universidades galegas, celébrase de xeito virtual ata este xoves día 17.
-
A Xunta está ultimando un plan específico en materia de competencias dixitais para o ensino a distancia, co fin de que o funcionamento do sistema educativo non se vexa afectado pola pandemia. Así o salientou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, que avanzou un proxecto para potenciar as competencias telemáticas de docentes e alumnado co obxectivo de estar preparados e garantir que o impacto da covid-19 na formación e da transmisión de coñecementos sexa o menor posible. Este Plan de Continxencia, no que xa están traballando os técnicos da consellería e expertos docentes na materia, incluirá medidas dirixidas ao profesorado e ao alumnado.
-
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, anunciou o adiamento do inicio de curso en Secundaria aos días 23, 24 e 25 de setembro. A decisión foi consensuada coa Xunta Autonómica de Directores, nunha reunión celebrada cos representantes dos centros de Secundaria e cos xefes da Inspección educativa nas catro provincias. A decisión do adiamento foi comunicada aos representantes das familias e dos profesionais dos centros. Tal e como explicou o titular do departamento, trátase dunha decisión prudente, “que responde a razóns técnicas, que tomamos en base a criterios organizativos e metodolóxico-pedagóxicos, e logo de escoitar a opinión dos representantes dos directores de Secundaria e dos xefes de Inspección”.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- …
- seguinte ›
- última »