Novas
-
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, ofreceu aos centros educativos que impartan Bacharelato e Formación Profesional de grao superior optar pola semipresencialidade durante este curso 2020/2021, se así o precisan. Fíxoo na reunión do Consello Escolar de Galicia, onde o titular do departamento educativo da Xunta escoitou as suxerencias dos axentes participantes de cara ao inicio deste ano académico e á adaptación do ensino galego á situación derivada da pandemia da covid-19, unha reunión na que participou tamén o conselleiro de Sanidade. O conselleiro convidou os participantes a unir forzas para preservar a calidade e equidade do sistema educativo galego, ao tempo que se traballa para conseguir unhas aulas seguras.
-
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) da Xunta de Galicia está a retomar a exhibición cinematográfica na súa sala da Coruña cunha carteleira na que o cinema feito por e para mulleres centra a meirande parte das 20 sesións programadas durante este mes na cinemateca da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Dáselle continuidade, deste xeito, aos ciclos que tiveron que ser adiados a pasada primavera por mor do estado de alarma, ao tempo que se incorporan novas achegas en colaboración cos festivais de Cans, Diversidarte e (S8) Mostra de Cinema Periférico. Esta aproximación ás miradas femininas no cinema inclúe a serie documental Women Make Film, que consta de 40 capítulos.
-
A programación do Revenidas en Conserva terá lugar do 10 ao 13 de setembro como edición especial e en formato reducido do festival que se celebra cada verán no núcleo de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa. O escenario onde se desenvolverán os catro concertos do cartel principal ten unha capacidade limitada a un máximo de 500 persoas e coa estrita aplicación das correspondentes medidas para garantir a seguridade de público, artistas e equipo técnico. Alí actuarán Sés e Zeltia Irevire o venres 11 e Ortiga e Dakidarría en acústico o sábado 12. O festival, que este ano lle concede todo o protagonismo á música e á cultura de Galicia, ten preparadas tamén diferentes actividades paralelas, de balde e con inscrición previa para o control da capacidade.
-
O curso escolar en Galicia comezará o 10 de setembro coa incorporación gradual do alumnado. Os primeiros en incorporarse ás aulas o xoves 10 serán os alumnos de 4º curso de Educación Infantil (3 anos) e 5º de Infantil; 1º, 2º e 3º de Educación Primaria; e Educación Especial. Ao día seguinte, o 11 de setembro, iniciarán o curso escolar os alumnos de 6º de Educación Infantil e os de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Deste xeito, o venres día 11 estarían xa incorporados ás aulas a totalidade do alumnado das etapas de Infantil e Primaria.
-
Os máis de 4.000 membros dos equipos Covid dos centros escolares recibirán formación específica sobre coronavirus a partir de setembro, con contidos deseñados pola Consellería de Sanidade en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Así, na primeira semana de setembro comezará unha formación non presencial dirixida aos equipos Covid que deben crear os centros educativos, con conferencias virtuais a cargo de pediatras e material audiovisual no que se dará información específica sobre a infección do coronavirus.
-
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, tras a reunión do Comité clínico de expertos sanitarios, que a Xunta proporá que as máscaras sexan obrigatorias en todo momento nas aulas para profesorado e alumnado de máis de seis anos, “unha proposta sanitariamente correcta e epidemioloxicamente fundada”. Feijóo ratificou que “o que máis nos preocupa é a volta ás aulas e o protocolo do inicio do curso escolar”, antes de engadir que o comité clínico revisará o protocolo elaborado en coordinación coas Consellerías de Educación e Sanidade para actualizalo, tanto en función da evolución da pandemia como co que se acorde na conferencia de presidentes, da que aínda non hai data de celebración.
-
O sábado 12 de setembro o recinto do Festival da Luz acollerá un programa moi especial: a Edición Leiras, un novo formato adaptado á situación actual onde gozar dunha xornada chea de música nun ambiente íntimo, familiar, tranquilo e seguro. A inmensa leira natal de Luz Casal, onde cada ano divírtense máis de 12.000 persoas, dividirase en parcelas, en Leiras, seguindo as normas de distancia de seguridade ata completar un aforo de 500 persoas. Poderase así gozar da música en directo ao aire libre con tódalas medidas sanitarias e de prevención. As Leiras terán capacidade para 2, 5 e ata 10 persoas e incluirán máscaras, xel desinfectante e ecovaso individual.
-
Deles, 778 son da área da Coruña, 110 da de Lugo, 94 da de Ourense, 60 da de Pontevedra, 134 da área de Vigo, 55 da de Santiago, e 51 da de Ferrol. 11.587 pacientes xa están curados, e a día de hoxe hai 1.231 pacientes en seguimento nos seus domicilios e 3 na Uci. O número de PCR realizadas é de 280.185.
-
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de autorizar a creación ou habilitación de 158 novas unidades (grupos de clase) en centros públicos de educación Infantil, Primaria e Educación Especial, o que levará consigo a incorporación de 240 novos mestres o vindeiro curso escolar. Con esta medida, refórzanse os medios destinados ao sistema educativo co obxectivo de garantir a calidade do ensino así como cumprir coas medidas establecidas no Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 para o inicio da actividade lectiva nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/21.
-
O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, destacou o potencial do turismo náutico á hora de favorecer a diversificación da oferta e contribuír á reactivación do sector turístico, apostando por un modelo sustentable e de calidade que pon en valor a natureza e a paisaxe. Fíxoo tras participar na presentación das novas rutas da iniciativa Cruceiros Costeiros de Galicia, centradas no Xacobeo 2021 e no mundo fenicio. Segundo puntualizou Román Rodríguez, este tipo de iniciativas permiten impulsar produtos e experiencias diferenciadas que, no caso deste proxecto, teñen ademais unha repercusión directa no territorio, ao beneficiar as pequenas vilas e poboacións nas que fan parada as distintas rutas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- …
- seguinte ›
- última »