Novas
-
A Xunta estende a gratuidade no transporte público aos menores de 21 anos de toda Galicia desde o vindeiro 21 de maio, coa utilización da tarxeta ‘Xente Nova’. Este dispositivo, que ata o momento podía empregarse nas áreas de transporte metropolitano, na provincia de Ourense e en 13 concellos da área de Pontevedra, expandirase a toda a comunidade a partir do venres da próxima semana, permitindo que todos os menores de 21 anos viaxen de balde no autobús da Xunta, ademais de no barco no caso da ría de Vigo e no ferrocarril de vía estreita na área de Ferrol.
-
A Xunta presentou o programa Primavera Xove para ofrecer opcións de lecer e ocio seguras para a xuventude galega no actual contexto de pandemia. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, adiantou que esta nova iniciativa se desenvolverá en tres formatos diferentes —programas de fin de semana nos albergues xuvenís, encontros formativos nos campos universitarios e feiras nos espazos xoves—, e terá lugar durante os meses de maio e xuño. A primeira destas actividades centrarase en estadías de fin de semana nos albergues xuvenís Lug II de Lugo e en Gandarío, situado no concello de Bergondo.
-
A Filmoteca de Galicia centra a programación de maio nos filmes galardoados nos Premios Mestre Mateo, outorgados a comezos do pasado abril, así como nos novos ciclos Esenciais: Eric Rohmer, e Jean-Claude Rousseau: A luz reflectida a través das cousas. Asemade, neste mes, o primeiro que se desenvolve baixo a nova denominación oficial desta entidade da Xunta, continúan exhibíndose outros títulos dentro dos apartados Fóra se serie e Desencadres, así como a Filmoteca Júnior. Todas as sesións terán lugar na sala recentemente bautizada co nome de José Sellier, en homenaxe a esta figura pioneira do cinema en Galicia.
-
Nesta edición o festival ofrece catro concertos nunha escolma de mosteiros da Ribeira Sacra, á que se suma para o recital inaugural a igrexa ourensá de Santiago de Caldas, e a proxección dun documental, que terá lugar no Teatro Principal da capital ourensá. Así, o grupo italiano de música medieval Lareverdie abrirá o programa o día 4 de xuño na igrexa de Santiago de Caldas. O día 6, será o pianista catalán Daniel Ligorio quen ofreza un concerto no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, en Nogueira de Ramuín. O venres 11, no Teatro Principal, proxectarase o documental aragonés Nebra. El triunfo de la música, e, o sábado 12, o festival volverá á Ribeira Sacra co conxunto de música barroca asturiano Forma Antiqva.
-
Un home con lentes de pasta preséntanos a Sheyla, que acaba de ser abandonada pola súa parella. Os seus amigos Laura e Fer buscan animala para que aproveite a oportunidade e cumpra o vello desexo de escribir. Convidaran a cear a Guillerme, un poeta capaz de namorar cuns versos, pero a quen non satisfán as conversas banais nin os frívolos momentos de distensión. O escritor desexa algo máis e vai aproveitar que Sheyla, Laura e Fer son máis fráxiles do que cren e as súas vidas penden dun fío. Trátase dunha comedia negra que bebe de fontes moi diversas, como do cineasta Woody Allen ou do director teatral Alfredo Sanzol.
-
O obxecto do convenio é contribuír a través de UNRWA España a paliar as consecuencias da actual pandemia de coronavirus no ámbito educativo na Franxa de Gaza, centrándose en contribuír a un programa de educación desenvolto pola entidade, que ten como obxectivo asegurar que os nenos e nenas refuxiadas de Palestina teñan garantido o acceso a unha educación primaria de calidade, aumentando a capacidade do sistema educativo para ofrecer servizos. O programa articúlase a través das 278 escolas que ten UNRWA en Gaza e a contribución galega irá destinada a cubrir salarios de docentes na escola elemental 'Beach' na Franxa de Gaza.
-
O Observatorio Municipal Galego, iniciativa da Rede Localis, fixo público un novo documento de análise da situación económica-financeira dos municipios galegos. Nel, a rede xestionada polo grupo de investigación Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo destaca a 'excelente saúde financeira' dos concellos fronte á crise provocada pola covid-19 e recomenda ampliar a suspensión das regras fiscais ata 2022. O documento céntrase no estudo das medidas fiscais e orzamentarias que teñen tomado os concellos galegos de maior poboación e as deputacións provinciais polas repercusións económicas e sociais da pandemia.
-
Grande éxito da iniciativa #QuedamosenGalicia tras esgotarse as tarxetas do bono turístico en cuestión de horas. Os galegos apuraron as súas solicitudes nada máis abrir o prazo, á medianoite, e 12 horas despois xa estaban expendidas as tarxetas dispoñibles nesta iniciativa posta en marcha para impulsar o turismo interno e axudar ao sector hostaleiro. O éxito da convocatoria quedou patente no feito de que, nas primeiras horas, rexistráronse na sede electrónica da Xunta unhas 150 peticións cada cinco minutos.
-
O festival Bal y Gay 2021 comezará no mes de maio co ciclo Schubert no Camiño asociado á Ruta Xacobea e en colaboración coa Schubertiada de Vilabetrán. Nesta primeira entrega levaranse a cabo tres concertos en tres etapas do Camiño do Norte. A primeira destas citas será o 14 de maio e correrá a cargo da pianista Judith Jáuregui, na Basílica de San Martiño (Foz). Na xornada do día 14 actuarán Cuarteto Cosmos e o violonchelista Fernando Arias na igrexa de Santa María, en Vilanova de Lourenzá. O último concerto será o día 16 na Catedral de Mondoñedo co tenor Christoph Prégardien e o pianista Daniel Heide.
-
O obxectivo deste proxecto é analizar cal é o comportamento espacial de propagación da covid-19 en Galicia, a fin de coñecer onde se localizan os principais focos de contaxio, con que factores territoriais se relaciona e cales son os espazos clave de actuación para frear a propagación, ademais de identificar cales son os patróns observados. Deste xeito, pódese elaborar unha cartografía de risco con información relevante que se lle envía ao Sergas para a toma de decisións orientadas a poñer freo á transmisión do virus e adiantarse, na medida do posible, aos posibles rebrotes do virus.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- …
- seguinte ›
- última »