Novas
-
Preto de 180 pasaxeiros gozaron os pasados sábado e domingo desta alternativa de lecer, coa que a Deputación “favorece a recuperación da economía polo impacto que ten o servizo no sector hostaleiro e comercial”, subliñou a Deputada de Turismo que agarda que se siga producindo un incremento progresivo dos pasaxeiros nas rutas en catamarán coas que a Deputación de Lugo favorece a recuperación da economía despois da etapa máis dura da pandemia. -
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, participou nunha nova reunión do comité clínico de espertos sanitarios na que se estudou a actualización do Plan de Control e Vixilancia contra brotes, toda vez que o pasado domingo decaeu o estado de alarma que limitaba a libre circulación e se abriu a mobilidade nacional e a mobilidade cos países do espazo Schengen. -
Co obxectivo de desenvolver ideas innovadoras que ofrezan solucións físicas ou virtuais a esta nova realidade nace este hackathon virtual que unirá, de xeito remoto, a persoas de diferentes ámbitos relacionados coa innovación, co apoio de empresas tecnolóxicas, universidades e centros tecnolóxicos. O #HACKatHOME ofrece unha experiencia intensiva e inmersiva de creación de catro días de duración na que se intentará desenvolver dun xeito áxil prototipos e solucións innovadoras con formato transversal, aberto e de aplicación o máis inmediata posible no ámbito industrial, comercial e do emprego. -
A recuperación da actividade das salas privadas de concertos e dos profesionais galegos da música ao vivo no contexto poscovid-19 é a prioridade do novo programa Directos Xacobeo'21 en Salas, que a Xunta de Galicia pon en marcha xunto á Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo Clubtura no marco do plan autonómico de reactivación dos sectores cultural e turístico. A Consellería de Cultura e Turismo financia integramente este ciclo a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Directos Xacobeo'21 en Salas desenvolverá entre os meses de xullo e outubro unha programación de ata 160 concertos protagonizada exclusivamente por solistas e grupos galegos de todos os estilos nun máximo de 40 salas das catro provincias, integrantes ou non da devandita asociación. -
A Xunta de Galicia, a través da Amtega e a Consellería de Educación, Universidade e Formación, e a Fundación Vodafone España presentan a nova edición do proxecto ‘DigiCraft no teu cole’ para o curso académico 2020/2021. A nova edición consolida o acordo de colaboración asinado por ambas as institucións en 2019 para levar a Galicia esta iniciativa pioneira en España e fomentar o desenvolvemento de competencias dixitais desde a infancia, enmarcándose no Plan DigiTalent da Xunta. Co lanzamento desta segunda edición de ‘DigiCraft no teu cole’, a Xunta e a Fundación Vodafone España incorporarán ao programa ata 200 novos centros escolares de educación primaria en toda Galicia, que se sumarán aos 50 que xa participaron o último ano e seguirán desenvolvendo o proxecto. -
A xornada Apaixónate 2020 arranca hoxe a súa cuarta edición, que se desenvolverá durante toda a semana en modalidade en liña, con pequenas intervencións e relatorios de aproximadamente media hora de duración abertos a todos os docentes a través da súa aula de formación virtual, nos que participan recoñecidos profesionais de distintos ámbitos como o rural, a empresa, a ciencia, a comunicación ou as artes. A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, abriu hoxe a xornada cunha intervención virtual na que destacou que a paixón vai estreitamente ligada á motivación en calquera ámbito. -
As Bibliotecas Públicas de Galicia xestionadas pola Xunta súmanse aos actos para renderlle tributo a Ricardo Carvalho Calero, autor ao que este ano a Real Academia Galega (RAG) lle dedica o 17 de maio. A situación actual xerada polo coronavirus motivou que as ferramentas e materiais deseñados pola Consellería de Cultura e Turismo en colaboración coas numerosas empresas, entidades e institucións que participan na Programación Conmemorativa das Letras Galegas 2020, fosen reformuladas para que se poidan acceder a elas de xeito virtual ao abeiro da campaña #aculturasegue. Neste contexto, as bibliotecas ofrecerán durante esta semana diversas actividades a través das súas redes sociais e páxinas web. -
A Xunta de Galicia, dentro da súa campaña de lecer e formación #aculturasegue, pon en marcha polas redes sociais e páxina web da Cidade da Cultura o Club das lerchiñas, sesións de contacontos en liña dirixidas ás familias e do que formarán parte seis das mellores contadoras de Galicia: María Lado & Lucía Aldao, Bea Campos, Andrea Bayer, Paula Carballeira e Ledicia Costas. O Club das lerchiñas botará a andar o vindeiro 9 de maio e contará cunha emisión en liña todos ós sábados ata o 6 de xuño. Estas seis contadoras galegas achegaranlles ás familias a través de internet e desde os seus fogares historias sinxelas e amenas, baseadas na tradición oral e tamén contos da súa propia autoría. -
Esta semana a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Amtega comezaron o reparto dun novo lote de 1.750 equipos con conexión de balde a internet entre as familias con menos recursos que teñen escolarizados aos seus fillos en centros públicos. Con este novo envío -que se engade aos 1.000 kits informáticos xa distribuídos polos centros escolares nos días pasados- elévase a 2.750 o número total de equipos para asegurar a conectividade ao alumnado que presenta maiores dificultades no acceso ao ensino en liña. A medida vai dirixida ao alumnado de Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional, que recibirá os equipos en préstamo. -
As bibliotecas públicas de Galicia celebran o Día do Libro cun amplo abano de actividades online abertas a toda a cidadanía co obxectivo de fomentar a lectura entre a sociedade e seguir dando ao libro todo o protagonismo que merece, con especial énfase neste contexto de confinamento. Entre as accións que se levan a cabo figuran concursos en redes sociais, exposicións virtuais, publicación de catálogos ou recomendacións por parte do persoal das mesmas. Unha das principais actividades na que todos os anos toman parte os museos públicos é a do bookcrossing, unha iniciativa conxunta con bibliotecas de museos e centros de arte de toda España que consiste en deixar libros en lugares públicos para que os recollan outros lectores.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- …
- seguinte ›
- última »

