Notas
-
O Xardín das Pedras que Falan, en Santiago de Compostela, alberga dende este venres dúas inscricións dedicadas ao poeta galego José Ángel Valente e ao poeta sirio Adonis, presentadas nun acto que contou coa presenza do alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo; do propio Adonis, que se desprazou expresamente dende París, onde vive exiliado; e de Claudio Rodríguez Fer, director da Cátedra Valente de Poesía e Estética. -
'O futuro é galego, e o futuro é en feminino', conclúe a cociñeira Lucía Freitas en 'Superheroínas'. A afirmación podería ser o lema da segunda serie que USC e RAG presentaron na Facultade de Ciencias da Comunicación. A produción audiovisual realizouse no marco do proxecto 'Novas voces para a lingua', que procura outorgar visibilidade e promover o uso cotián do galego entre a mocidade dándolles voz a novos creadores e creadoras. -
'A revolución nos oficios tradicionais mediante a innovación' é o título dun ciclo de obradoiros e coloquios que a Uvigo promove neste mes de novembro e que permitirá achegarse, dun xeito diferente, á fabricación artesá de cestas, zocas ou gaitas. Este ciclo está dirixido a dar visibilidade e pór en valor estes oficios tradicionais, pero tamén a pór o foco en como a través da innovación estes traballos mantéñense vixentes no século XXI. -
O II Encontro Galego de Ciberseguridade reunirá os días 9 e 10 de novembro entidades de referencia no campo da seguridade da información, especialistas na materia, xunto con divulgadores e profesionais. O programa o día 9 pola mañá contará con actividades dirixidas á administración pública, e pola tarde estará centrado no tecido empresarial. -
O Instituto universitario de física e ciencias aeroespaciais da UVigo segue a dar pasos cara a súa creación. Despois que, a principios destes mes, o Claustro dese luz verde a súa posta en marcha, hoxe foi o Consello de Goberno o que aprobou por asentimento a súa creación, que será remitida á Xunta de Galicia, na procura do visto e prace do Consello Galego de Universidades. -
Cumieira das Letras. Así bautizou o Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo o seu novo proxecto, unha revista de periodicidade anual coa que buscan dar a coñecer traballos científicos en galego sobre a lingua, literatura e cultura galegas. 'Cumieira das Letras Galegas, non leva este apelido no seu nome oficial, pero podería levalo porque ese é o motivo da súa propia existencia, as letras galegas', tal e como explica o seu director, o profesor Alexandre Rodríguez Guerra. -
O pobo galego sempre se sentiu parte do universo que o escritor portugués José Saramago foi tecendo ao longo das súas obras e hoxe, cando está a piques de celebrarse o centenario do seu nacemento, a Universidade de Vigo inaugurou un encontro internacional que durante catro días converterá esta cidade en centro neurálxico de estudo e debate sobre a herdanza filosófica e sociopolítica do premio Nobel. -
O Terra Creative Jam, un evento creativo e de innovación para a xeración de ideas impulsado pola USC e a incubadora Lug Open Factory, deu lugar a un laboratorio de ideas no marco do que 65 rapaces e rapazas chegados de toda Galicia participaron en diferentes obradoiros, ao tempo que resolveron desafíos sociais, ambientais e tecnolóxicos e propuxeron iniciativas orientadas a revitalizar o medio rural. -
A República Popular China é un dos países máis antigos e máis poboado do mundo, con máis de 1400 millóns de habitantes. Tamén é a primeira potencia económica mundial por PIB. Todas estas características fan del un foco de especial interese desde calquera punto de vista que se poida prantexar, desde o cultural ao empresarial.
-
O Instituto Galego de Estatística (IGE) publica hoxe a ‘Estatística de nomes dos neonatos galegos’ correspondente ao ano 2021, que reflicte que ‘Sofía’ e ‘Mateo’ seguen a ser os nomes máis frecuentes das nenas e nenos nados en Galicia. Os nomes de mulleres máis comúns son ‘Sofía’, ‘Noa’, ‘Martina’, ‘Lara’ e ‘Valeria’, que continúan nas primeiras cinco posicións se se compara co 2020.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- …
- seguinte ›
- última »

