Notas
-
USC e Concello de Santiago colaboran un ano máis na organización da Feira de Emprendedoras de Compostela. Esta cuarta edición que se desenvolverá o 30 de setembro no Teatro Principal poñerá o foco nas entidades do sector artístico e cultural da cidade e a súa contorna. Entidades con liderados feministas, creadas moitas delas por mulleres referentes, imprescindibles para a consolidación dun tecido empresarial de gran valor engadido e aliñado con ditos valores feministas centrarán a actividade. -
Este xoves arrancou a celebración da Mobile Week Ourense 2022, cita impulsada por la Deputación de Ourense e Mobile World Capital Barcelona e apoiada entre outras institucións pola Universidade de Vigo. Ata o 18 de setembro, desenvolverase unha intensa programación enfocada a xerar interese pola tecnoloxía e evitar o risco de exclusión dixital que terá entre os seus escenarios a Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense.
-
Sensogenoma22 é un proxecto de investigación no que, por primeira vez e a grande escala, ciencia e música danse a man para loitar contra diferentes enfermidades. Así, o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e a Real Filharmonía de Galicia dan pulo a esta colaboración interdisciplinaria que ten por obxecto 'buscar as bases biolóxicas do estímulo musical' coa vontade de 'iluminar novas dianas terapéuticas'. -
Desde 2018 e da man da Vicerreitoría do campus, Pontevedra é unha das 70 localidades de España inseridas na programación de Docs del Mes, un ciclo de cinema documental que, co inicio do novo curso, retoma a súa programación o vindeiro luns 19 na Casa das Campás con El secreto del doctor Grinberg.
-
O programa 'A Vía Láctea e outros motivos xacobeos do Camiño' continúa a percorrer Galicia para dar a coñecer a riqueza patrimonial das rutas a Compostela os fenómenos e obxectos astronómicos que podemos avistar ao percorrelas. Esta iniciativa do Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da USC, baixo a dirección de José Ángel Docobo, forma parte das actividades culturais desenvolvidas ao abeiro da convocatoria 'O teu Xacobeo'. -
O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero da USC programa o 8 de setembro as XIV Xornadas de Formación e VI Xornadas Internacionais de Educación, Xénero e Igualdade, unha actividade ao que busca promover un modelo de convivencia igualitaria e de relacións interxénero equitativas e democráticas. -
A vixésima primeira edición do Festival Titirideza de Lalín arrinca o 26 de agosto. O encontro de teatro de monicreques referente en Galicia programou este ano seis actuacións que se levarán a cabo nunha carpa situada na praza da Igrexa de Lalín ata o 28 de agosto. O día 26 a compañía Xarope Tulú dará comezo ao festival ás 17.30 horas co espectáculo ‘Roupa Tendida’, unha proposta na que conflúen a narración oral e a manipulación de obxectos e monicreques. -
Comprender a unicidade da necrópole da Lanzada e afondar no coñecemento do proceso de formación do ‘necrosol’, o tipo de solo existente nas superficies que foron empregadas como camposanto, é posible grazas a un estudo recente do grupo de investigación EcoPast da USC. Os resultados da súa investigación foron recollidos no último número da revista Scientific Reports. -
Os concertos do Xacobeo 21-22 traerá este martes Vigo a artista C. Tangana co seu espectacular tour 2022. Será o escenario do peirao de Transatlánticos, mesmo lugar no que rematou este sábado o exitoso Festival Latitudes, o que acolla a loada posta en escena do cantante madrileño de ascendencia galega e confeso seguidor do Celta. -
Por terceiro ano consecutivo, a clasificación elaborada polo Academic Ranking of World Universities sitúa a USC no intervalo 401-500 das mellores universidades a nivel mundial. A USC consolida así unha posición que mantén dende 2020 e colócase no chanzo 9-11 das institucións destacadas pola listaxe na contorna estatal.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- …
- seguinte ›
- última »

