Notas
-
Esta iniciativa ten por finalidade fomentar a condución segura e responsable entre a mocidade galega así como as boas prácticas ao volante a través da campaña Libre. Xuventude chega a 16.000 persoas ao día vía Facebook, Twitter e Tuenti.
-
Coa nova tituación, a USC abordará os aspectos artístico, estético, sonoro, loxístico, de xestión, produción e comercialización da industria musical actual para conformar unha xeración de profesionais capacitados para a xeración de activos, a creación de valor engadido e a xestión de recursos artísticos e loxísticos na música.
-
As emisoras municipais de radio de Boiro, Melide, Ames, Negreira, Arzúa, Cerceda, A Estrada, Redondela, Valga, Arousa, Tui, Foz e Burela difunden, a través dunha charla cun membros do equipo de dinamización da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a información máis interesante para a mocidade.
-
A programación dá comezo o venres27 de xuño cun pregón a cargo do director Andrés Lima, presenta por vez primeira en Galicia os últimos espectáculos das compañías de Miguel Ángel Solá, Paco Mir e Sol Picó.
-
A nova programación do Festival Internacional do Mundo Celta, que inclúe grupos como The Chieftains e Milladoiro, foi presentada polo secretario xeral de Cultura e polo alcalde de Ortigueira. "Lévalo dentro. Sínteo" é o lema da nova edición do festival, que se celebrará do 17 ao 20 de xullo en Ortigueira.
-
Estudantes de entre 9 e 18 anos de Cangas, Fornelos de Montes, Narón e Sada exhiben e dialogan sobre cinco curtametraxes nas que amosan actividades ou espazos das súas localidades. A iniciativa forma parte dun programa pedagóxico internacional que coordina en Galicia o CGAI dentro do Plan Proxecta da Dirección Xeral de Innovación Educativa.
-
A quinta edición do encontro abriu o seu programa centrado na produción audiovisual do país oriental como parte da celebración do Ano Dual España-Xapón. O Centro Galego das Artes da Imaxe é unha das cinco sedes dun evento que se complementa con instalacións, exposicións, performances e encontros con cineastas.
-
Tras sus sold outs en Madrid y Barcelona la banda actuará en la Plaza de la Quintana de Santiago de Compostela.
-
O presidente da Xunta confirma que Galicia será, un ano máis, a comunidade coas taxas universitarias máis accesibles de España ao conxelar as matrículas de grao para o curso 2014-2015, tanto en primeira como en sucesivas convocatorias.
-
A nova compañía dos humoristas Fran Campos e Francisco Ameixeiras representa A verdadeira historia de Robinson Crusoe e Venres no Salón Teatro de Compostela os días 10 e 11 de maio. Evaristo Calvo dirixe este espectáculo que, a partir da linguaxe xestual e o enxeño, presenta unha chea de situacións cómicas e orixinais sobre o choque de culturas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- …
- seguinte ›
- última »