Notas
-
Dúas son as xornadas que proximamente se celebrarán en ou desde a Facultade de Historia do campus de Ourense. Por unha banda, os días 13 e 14 de outubro terán lugar, de xeito virtual, as Xornadas de Historia Contemporánea e do Tempo Presente, que nesta ocasión centraranse na transición democrática. Por outra banda, o día 17 será a quenda da V xornada Olladas á Antigüidade, que nesta edición ten por temática Violencia no universo feminino. -
A UDC organiza o Foro Avanza para facilitar o emprego e o emprendemento do estudantado universitario
A vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade da Universidade da Coruña organiza o Foro Avanza do 25 ao 27 de outubro co obxectivo de facilitar a transición ao mercado laboral do alumnado e dos egresados da UDC. Este Foro será un encontro entre o estudantado e os axentes do mercado laboral no que haberá distintas actividades para que o alumnado mellore as competencias, destrezas e habilidades que se demandan e unha feira de emprego. -
USC e Consorcio de Santiago coeditan o libro ComPOPstela, música moderna en Santiago (1954-1978), escrito polo doutor en Historia da Arte Alfonso Espiño Louro. A obra acaba de ser presentada publicamente nun acto que contou coa presenza da vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias Fernández; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; os responsables dos servizos de Publicacións de ambas institucións, Juan Blanco e Juan Conde; ademais do autor do volume. -
'Ser quen de usar diferentes linguas na mesma conversa e integrar elementos destas linguas nun único enunciado (alternancia de código) é unha capacidade humana fascinante que aínda non entendemos de todo', aseguran os docentes e investigadores do grupo de investigación LVTC (Languaje Variation and Textual Categorisation) da UVigo Carmen Parafita e Javier Pérez-Guerra. -
Un dos grandes retos globais é a loita contra o cambio climático, que ten entre un dos seus principais efectos a intensificación dos eventos extremos, tanto secas como inundacións. Na súa prevención e afrontamento, a xestión da información para a toma de decisións e para a comunicación coa sociedade ten un papel decisivo.
-
A USC ocupa a sexta posición en orzamento concedido no marco de programa Erasmus+ KA171 para o período 2022-2025 nun cómputo total de 67 institucións de Educación Superior en toda España e a primeira a nivel galego. Segundo publicou o SEPIE (Servizo Español para a Internacionalización da Educación) a finais de setembro para o programa ‘Erasmus+ Mobilidade educativa de estudantes e de persoal de Educación Superior’, contará con preto dun millón de euros. -
O Foro dos Recursos Mariños e Acuicultura das Rías Galegas (ForoAcui) celebrará os días 6 e 7 deste mes de outubro, no Auditorio Municipal de O Grove, a súa vixésimo cuarta edición asentado como espazo de referencia para comunicar e debater a realidade e as perspectivas de futuro da pesca, o marisqueo e a acuicultura en Galicia. -
Despois dunha experiencia piloto en 2021 e dunha segunda convocatoria máis aberta o ano pasado, a Unidade de Igualdade lanza unha nova edición do Distintivo de Igualdade, unha iniciativa que busca recoñecer, impulsar e incentivar a promoción da igualdade entre homes e mulleres nos centros, facultades e escolas universitarias, a través dun proceso de avaliación das actividades, iniciativas e prácticas que realizan neste eido. -
O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) colaborará coa Misión Biolóxica de Galicia do CSIC (MBG) na posta en funcionamento dunha Unidade Asociada, cunha vixencia inicial de tres anos de duración, no ámbito do Biocontrol de cultivos. Por parte da USC atópanse implicados nesta Unidade conxunta co CSIC, Fernando López, actualmente científico titular do CSIC asignado ao CiQUS, José Luis Mascareñas e tamén Beatriz Orosa. -
Da fidelidade á traizón, da felicidade á dor, o papel que a idea de amizade xoga tanto nas relacións persoais como no propio comportamento e desenvolvemento do individuo constitúe un dos eixos temáticos con maior presenza na historia do cinema. 'Mostrar algúns dos itinerarios que o cine escolleu para ilustrar unha esfera relacional tan intensa' constitúe, como destaca o programador Suso Novás, o obxectivo central de ...Ten un tesouro
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- …
- seguinte ›
- última »

