Notas
-
O Festival Noroeste Estrella Galicia pecha unha 35ª edición de impacto. A programación do festival contou desde o mércores 10 de agosto ata o domingo 14 de agosto con 51 concertos que encheron durante cinco días de estilos musicais diversos ata 10 enclaves diferentes repartidos pola cidade da Coruña. Unha edición histórica, pola que pasaron en total máis de 187.000 persoas.
-
O programa 'A Vía Láctea e outros motivos xacobeos do Camiño' percorrerá Galicia para dar a coñecer a riqueza patrimonial do Camiño de Santiago canda os fenómenos e obxectos astronómicos que podemos avistar ao percorrelo. A coñecida relación entre a ruta peregrina e a Vía Láctea serve de estímulo a una proposta divulgativa a cabalo entre a astronomía e a arte que se espallará por toda a comunidade. -
Baixo o lema 'memoria dos lugares, voz do tempo', esta nova entrega continúa a unir música e patrimonio para deitar unha ollada sobre o pasado que nos permita observar e interpretar o presente para albiscar no futuro. O cartel combina proxectos de experimentadas formacións galegas con figuras convidadas do máis alto nivel internacional. Ademais, a programación propón unha serie de actividades ligadas aos concertos. -
A Coruña prepárase para recibir a montaxe da exposición internacional 'AI: More than human', un proxecto expositivo inmersivo e interactivo sobre intelixencia artificial creado polo Barbican Centre de Londres e coproducido polo Forum Groningen de Países Baixos. É unha das grandes apostas da entidade de cara a final de ano, un proxecto internacional, innovador e multidisciplinar. -
Coa selección de 39 empresas comezou a conta atrás para a celebración da novena edición do Pont-Up-Store, que se desenvolverá o 23 e 24 de setembro en Pontevedra. O comité organizador desta iniciativa, promovida polo Grupo G4 Plus da Universidade de Vigo, liderada polo Campus CREA, escolleu entre 150 candidaturas recibidas a 39 startups galegas, que destacan pola innovación e a creatividade das súas propostas. -
O debate sobre as terapias avanzadas con medicamentos altamente innovadores e os novos sistemas de diagnóstico precoz de enfermidades está a protagonizar o V Annual Meeting do Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo, Cinbio. O encontro regresou este ano ao formato presencial no salón de actos do edificio de Ciencias Experimentais da UVigo. -
O investigador do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da UDC Jesús Mosquera publica en Science un fenómeno químico nunca observado antes que excede os límites da razón. En colaboración coa Universidade Tecnolóxica de Eindhoven descubriu que engadindo máis auga a unha solución acuosa de certos compoñentes (sol), sorprendentemente a mestura pasa a estado sólido (xel). -
Ata o vindeiro venres máis de 200 científicos e científicas, fabricantes e persoas usuarias de todo o mundo daranse cita na Escola de Enxeñaría Industrial da UVigo e tamén en formato en liña para abordar o desenvolvemento recente, os problemas e as solucións nas áreas da enerxía renovable e da calidade de enerxía. -
Un sistema de control intelixente más rápido, óptimo e eficiente, que permite detectar as anomalías en tempo real das instalacións de control de líquidos. Este é o obxectivo do Traballo Fin do Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica da EPEF do investigador CITIC da UDC Álvaro Michelena Grandío, quen vén de recibir o Premio Nacional Mejor TFM/TFG en Control Intelixente outorgado polo Comité Español de Automática (CEA), patrocinado pola empresa ASTI. -
O libro 'Lo que en la tuya me dices', un epistolario inédito editado polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC e no que se recolle a correspondencia mantida durante trinta anos entre o poeta galego José Ángel Valente e o crítico asturiano Florentino Martino, acaba de saír do prelo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- …
- seguinte ›
- última »

