Notas
-
No ano 2003 vía a luz o primeiro volume da Revista de Investigación en Educación, unha publicación científica impulsada pola Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte co obxectivo de dar visibilidade ás investigacións e innovacións que, desde un enfoque interdisciplinar, puñan o foco no ensino e aprendizaxe nos diferentes niveis educativos.
-
A USC impulsa o maior proxecto europeo de educación sobre incendios forestais no vello continente, unha iniciativa de Aprendizaxe e Servizo incluída no programa Erasmus+ Strategic Partnership que pretende reforzar as capacidades formativas do personal docente e de diversos axentes sociais sobre cuestións ligadas coa problemática dos incendios forestais, a súa prevención, control e restauración de solos. -
A cidade alemá de Múnic acolleu do 5 ao 9 de xullo a celebración da Air Cargo Challenge, considerada unha das competicións interuniversitarias de enxeñaría aeronáutica máis importantes de Europa, na que participaron 26 equipos universitarios de 13 países. Entre eles por primeira vez houbo representación galega, o equipo de aeromodelismo da Universidade de Vigo, UVigo Aerotech. -
A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña acollerá os vindeiros días 12 a 15 de xullo o 11º Congreso Iberoamericano en Investigación Cualitativa, organizado Mercedes González Sanmamed (UDC), e Antonio Pedro Costa (Universidade de Aveiro). Trátase dun evento anual que reúne representantes da comunidade científica internacional para traballar nesta área de investigación. -
As imaxes que, con maior ou menor nitidez, as persoas son quen de xerar nas súas mentes inflúen en aspectos como as respostas afectivas ou o estado de ánimo. Pese a iso, apenas existen estudos que poñan en relación a viveza ou o grao de control desas imaxes mentais coa 'ansiedade ante a morte', como explica Esther López, que centrou o seu traballo nesta 'pouco investigada relación'.
-
As investigadoras e investigadores en estudos literarios, culturais e tradución e interpretación teñen esta semana unha cita na UVigo, onde botou a andar o I Coloquio Internacional BiFeGa: Literatura, Cultura e Tradución e Interpretación, unha cita organizada polo grupo de investigación BiFeGa-UVigo, un equipo composto na actualidade por máis de medio cento de especialistas, na que participan como poñentes 25 expertas e expertos. -
A Universidade da Coruña posiciónase na élite da formación naval tras asinar un acordo con Siemens para poñer en marcha unha Aula no Campus Industrial de Ferrol coa que impulsar a formación en transformación dixital do sector. O reitor, Julio Abalde, e o director do Centro de Excelencia do Sector Naval (CESENA) de Siemens, Javier Fernández, asinaron o convenio de colaboración para a dotación dunha aula específica coas ferramentas de Siemens para a construción naval. -
Os dez poemas galegos de Francisco Vega Ceide -Francisco de Fientosa- edítanse nos cinco idiomas ibéricos polo Colectivo Egeria, para conmemorar os 110 anos do nacemento do escritor en maio de 1912 no Cordón, da parroquia de Santa Locaia do concello lucense de Castro de Rei. A edición está apoiada pola Xunta de Galicia (Política Lingüística) e o Concello de Castro de Rei. -
Alfonso Rueda avanzou que o Goberno galego vai remitir este mes ao Goberno central unha vintena de proxectos culturais solicitando un PERTE cultural que recoñeza a importancia deste sector na economía, un mecanismo ata agora inexistente en España e que Galicia considera 'necesario' para acompañar a transformación dixital, reforzar a creación, produción e a internacionalización da cultura galega. -
La acogida por parte del público de la iniciativa hace que los locales hayan decidido por unanimidad prorrogar las exposiciones, hasta el día 3 de julio. La prórroga surgió de los propios locales, a pesar de que al comenzar las rebajas necesitan sus espacios más que nunca, y desinteresadamente los ceden para promocionar artistas locales.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- …
- seguinte ›
- última »

