Notas
-
O congreso internacional promovido polas tres redes europeas de asesoramento rural (IALB, Eufras e Seasn) xunto coa USC converterá a cidade de Lugo en capital europeo de extensión rural e da planificación agraria do 21 ao 25 de xuño, período durante o que participarán máis de 200 asesores rurais, investigadores e responsables de administracións agrarias de 30 países europeos. -
Durante os días 9, 10 e 11 de xuño a Asociación Millo Verde festexará na Praia de Cesantes o XV Festival Alternativo Millo Verde onde a gran novidade é que o festival volve ser totalmente de balde e de libre acceso. 3 días de música, deporte, artes escénicas, baile africano, timbalada e moitas actividades máis. Todo isto no entorno da Praia de Cesantes en Redondela, onde tamén se encontrará unha zona gastronómica e artesana que creará un ambiente único. -
O espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña, NORMAL, situado no Campus de Riazor énchese de propostas para este mes de xuño. O primeiro foi 'Ciencias e letras futuras, recital de textos do Obradoiro de Escrita da Área de Cultura', obradoiro desenvolvido no segundo cuadrimestre deste ano, conducido por Estíbaliz Espinosa e presentado este luns. -
Por que algunhas especies viven nunha parte determinada da Terra e non en outra? Débese a que as condicións non son axeitadas para vivir alí ou porque non foron quen de chegar? Unha investigación liderada pola USC, e na que participan a UVigo, o Museo Nacional de Ciencias Naturales de Madrid e o Natural History Museum de Londres, achega luz a estas cuestións. -
Entre a programación do proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus Auga está a realización cada dous anos dun congreso internacional co que fomentar a colaboración internacional entre persoal investigador arredor dos recursos hídricos e proxectar a visibilidade deste proxecto. Tras a pandemia, a iniciativa volve á palestra e o IV Congreso Internacional da Auga, co lema Dereito e Auga no Horizonte 2030, celebrarase os días 13 e 14 de outubro. -
Organizado pola Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel, e co apoio económico e institucional da área de Cultura da Deputación de Lugo, do Concello de Folgoso do Courel, do Plan Leader xestionado polo GDR Ribeira Sacra-Courel e, non menos importantes, de Radio Bogavante, piensos Bittal, Caixa Rural Galega, Fundación Uxío Novoneyra, AGCT ou a Sociedade Micolóxica Lucus, volta o CourelSon ás airas e aos soutos de Courel.
-
Do 7 ao 10 de xuño en Santiago de Compostela terá lugar o 9th International Workshop on Acoustic and Radio EeV Neutrino Detection Activities (ARENA 2022), o principal congreso bianual dedicado ao estudo e detección dos fenómenos máis extremos do universo, ao que acudirán ao redor de 70 especialistas de todo o mundo. -
Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, O Grove, Moaña, Negreira, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela e Teo, da Deputación da Coruña e das universidades da Coruña, Santiago e Vigo. Repartirá 7.500 euros entre as persoas gañadoras de oito categorías: canle, youtubeira/o, youtubeira/o revelación, vídeo, calidade lingüística, pioneiro, rede e o premio do público. -
O Instituto Internacional de Ciencias Espaciais (International Space Science Institute-ISSI) acaba de escoller ao físico da Universidade de Vigo Juan Antonio Añel para liderar un equipo internacional que estudará durante os próximos dous anos os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. -
Como un evento 'de carácter transdiciplinar', que reúne expertos 'de áreas moi diferentes', e tamén 'altamente internacional', dada a participación de investigadores e investigadoras de diferentes universidades europeas e xaponesas, definiu o investigador José Andrés Santiago o simposio Manga in a postdigital environment, que este luns botou a andar na sede da Vicerreitoría do campus.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- …
- seguinte ›
- última »

