Notas
-
A análise química das bágoas humanas cobrou unha grande importancia nos últimos anos debido ao enorme potencial destes fluídos como fonte de biomarcadores de diferentes doenzas. Diversos estudos sobre as secrecións lacrimais mostraron resultados prometedores na diagnose de diversas enfermidades. -
Afundación e ILUX Visual Technologies presentan 'AI: More than human', un proxecto expositivo inmersivo e interactivo sobre intelixencia artificial creado polo Barbican Centre de Londes e coproducido polo Forum Groningen de Países Baixos. Cunha impoñente montaxe que ocupará todo o edificio da Sede Afundación da Coruña, 'AI: More than human' conforma un estudo sen precedentes dos avances tanto creativos coma científicos da intelixencia artificial. -
Desde a metodoloxía máis fundamental ata as aplicacións máis novidosas da química computacional abordarán ata o vindeiro día 24 nas súas poñencias e exposicións, os preto de 250 investigadores e investigadoras internacionais que asisten en Vigo á 12ª edición do Congress on Electronic Structure Principles and Applications (ESPA- 2022). -
O Teatro Colón acollerá, un ano máis, o Xullo Pop, un dos ciclos cos que o departamento de Cultura da Deputación da Coruña segue a apostar por unha programación propia na que, como no Maio Jazz e na Festa da Música, teñan cabida todos os estilos musicais da música que se fai na Galiza e en galego. A cita, nada máis comezar o mes que vén, é tripla: o venres 1, con Anxo Araújo; o sábado 2, con Garza; e domingo 3, con Grampoder. As entradas, de balde, xa se poden retirar na páxina web do Colón. -
O regreso do catedrático de Química Física Luis Liz-Marzán á Universidade de Vigo para poñer en marcha un novo grupo de investigación no Centro de Investigacións Biomédicas, Cinbio, comeza a deixar pegada na institución olívica. Da súa man, e en colaboración co Cinbio, os vindeiros días 4 e 5 de xullo celebrarase a primeira edición do The Thinking Institute. -
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) mantense entre as universidades españolas con mellor taxa de rendemento nos eidos da investigación e transferencia de coñecemento, no que atinxe a concesións de patentes, ingresos por licencias, publicacións internacionais con elevado nivel de citacións e publicacións con empresas, así como en captación e liquidación de fondos. -
Este luns tivo lugar a presentación da terceira publicación de datos de Gaia, misión espacial da Axencia Espacial Europea (ESA) cuxo obxectivo principal é medir cunha precisión sen precedentes a posición, os movementos e as propiedades das estrelas da Vía Láctea, creando un mapa multidimensional de case dous mil millóns de estrelas. -
Estreada en 1995 e ambientada nun futuro posapocalíptico, no que humanoides biomecánicos pilotados por adolescentes combaten criaturas de orixe descoñecida, Neon Genesis Evangelion converteuse nun dos títulos de referencia do anime, a animación xaponesa, tanto polo éxito da serie como polo xeito no que esta transgrediu os canons asociados ao xénero mecha, as series niponas protagonizadas por robots.
-
A Mostra de Danza Latina e o Festival de Música e Danza Tradicional Tradi-Fest USC centrarán a actividade impulsada dende o espazo de danza da Universidade ao longo desta semana coa vontade de favorecer o diálogo entre culturas. Este martes 14 de maio, a partir das 19.30 horas, na Praza do Seminario de Estudos Galegos (diante da Facultade de Farmacia), desenvolverase a Mostra de Danza Latina que chega á súa sétima edición. -
O proxecto europeo Atlantic CultureScape presentará esta fin de semana en A Guarda algúns dos resultados dos case tres anos de traballo a prol da recuperación do patrimonio inmaterial mariño e marítimo deste concello. Trátase de dúas pezas audiovisuais e dous roteiros de experiencias que poñen en valor o traballo das persoas vencelladas ao mar, os seus coñecementos e as infraestruturas da contorna.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- …
- seguinte ›
- última »

