Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • Hai libros que contan a historia de nenas libres e rebeldes, como Pipi Mediaslongas, pero tamén hai libros sobre o ideal feminino da época franquista como Flora. Hai literatura infantil clásica, como a dos irmáns Grimm, pero tamén hai historias que van máis aló do estándar europeo ou occidental. E é que os contos son historias que viaxan, que están presentes en todas as culturas e épocas.
  • Investigadores e investigadoras das tres universidades galegas, liderados por Sebastián Villasante (USC) e coa colaboración das confrarías de Cambados, Redondela e a Lonxa de Campelo, analizan nun estudo publicado en Frontiers of Marine Science, os impactos do cambio climático sobre a vulnerabilidade socioeconómica do marisqueo nas rías galegas.
  • Anualmente, a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo efectúa unha viaxe cultural internacional para os seus asociadose coincidindo coa "ponte" das Letras Galegas, tendo celebrado actos de exaltación das Letras con tal motivo en destinos tan lonxanos como Rumanía, Grecia ou Xordania.
  • A creación de bancos de voz para facilitar que as empresas empreguen o galego nas súas tecnoloxías é unha das metas do proxecto ‘Nós de Intelixencia Artificial ao servizo da lingua galega’. O convenio de colaboración asinado polo reitor da USC, Antonio López e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, permitirá avanzar no traballo de campo, deseñará prototipos dos recursos e experimentará cos primeiros demostradores.
  • A aposta da USC por alianzas estratéxicas que fomenten a innovación educativa consolídase coa implantación de catro novas titulacións que verán a luz o vindeiro curso. No marco do proxecto Universidade sem Fronteiras (UNISF), botarán a andar o mestrado universitario en Dereito Transnacional da Empresa e das Tecnoloxías Dixitais e o programa de doutoramento en Matemáticas e Aplicacións, coordinados os dous dende a institución compostelá.
  • O proxecto rurAllure botou a andar hai algo máis dun ano co obxectivo de divulgar o patrimonio cultural que rodea as grandes vías de peregrinación de Europa, ampliando as experiencias dos peregrinos que as percorren achegándolles. A finalidade é empregar ferramentas tecnolóxicas e estratexias de innovación para achegarlles a oferta cultural das áreas rurais próximas.
  • 'Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia', o ciclo de diálogos en liña do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), cumpre estes días o seu segundo aniversario e celébrao cunha nova edición o próximo 19 de maio. O encontro entre Estíbaliz Espinosa e Gastón Giribet, moderado polo investigador do IGFAE José Edelstein, desenvolverase no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
  • O profesor e académico Xesús Alonso Montero visitou a Universidade de Vigo para lembrar e homenaxear a figura de Florencio Delgado Gurriarán, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, actos que na UVigo arrancaron de forma oficial o martes no campus de Pontevedra. Fíxoo no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución nunha conferencia que dedicou ao profesor Manuel Ramos Cabrer.
  • O Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da UVigo vén de realizar a primeira escavación arqueolóxica na illa de Sálvora. A intervención, indican os seus responsables, permitiu “descubrir un importante xacemento romano” que posiblemente corresponda cunha factoría de salgadura. A iniciativa nace da colaboración existente entre a institución académica e o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.
  • 'Adestrar futuros científicos/as, que ademais de coñecer métodos e técnicas, aprecien as matemáticas polo seu papel no desenvolvemento da ciencia en xeral e da cultura'. Así define Estalmat-Galicia o horizonte que persegue este programa para a detección e o estímulo do talento precoz en matemáticas. Dirixido a estudantes nados nos anos 2008, 2009 ou 2010, Estalmat-Galicia abre o seu prazo de inscrición ata o 30 de maio.