Notas
-
As persoas integrantes do equipo Traskala acadaron o premio do xurado da sétima edición do Findecurta coa curtametraxe ‘Barafunda’, cuxa temática xira arredor da ira. A cerimonia de entrega dos premios do VII Findecurta celebrada na Praza de Santa María permitiu a máis de 300 persoas gozar das nove creacións cinematográficas presentadas ao concurso . -
Financiado polo Fondo Supera Covid da CRUE-Santander, en maio de 2020, pouco tempo despois do inicio da pandemia da covid-19, botaba a andar o proxecto DIMCoVAr, para poñer a disposición dos xestores da pandemia unha ferramenta que servise para adiantarse ás sucesivas vagas de infeccións -
O trío británico Muse actuará en Vigo dentro da programación do Xacobeo 21-22 o vindeiro 8 de setembro no Estadio de Balaídos para ofrecer unha das tres datas que ten reservadas en España. Na cidade tamén actuarán C. Tangana (23 de agosto no Porto de Vigo) e Rufus Wainwright (2 de xullo en Afundación). Ademais, haberá outros dous ciclos (Xacobeo Importa e Xacobeo Vigo) e dous festivais (Latitudes e Música Urbana) para conformar unha oferta que chegará ata os vinte concertos na cidade. -
O 10 de maio de 1972 no pavillón do comedor do complexo do Burgo, un grupo de estudantes da USC organizou o concerto no que o cantautor portugués Zeca Afonso interpretou, por primeira vez en público, a canción ‘Grândola, Vila Morena’, emblema da revolución que puxo fin á ditadura portuguesa. Cincuenta anos despois, os acordes deste tema volverán soar na USC grazas a un acto conmemorativo o vindeiro martes 10 de maio. -
Desde este mércores e ata o 8 de xullo, a Sala Alterarte do campus de Ourense da Universidade de Vigo acolle a mostra da ourensá Mar Ramón Soriano titulada Sistemas empáticos. Comisariada por Sara Donoso, a mostra, seguindo a liña de traballo da súa creadora, afonda no 'diálogo entre o corpo e os obxectos domésticos'.
-
Este xoves o grupo Northwest actuará na sala Almacén do espazo cultural da Universidade da Coruña, NORMAL, no Campus de Riazor, con entrada libre e gratuíta. Fundado a finais de 2015 no Reino Unido polo multi-instrumentista, compositor e produtor Ignacio Simón e por Mariuca García-Lomas, Northwest foi definido como 'novo e experimental', 'cinematográfico e etéreo' e comparado con músicas como as de Scott Walker, Portishead, Radiohead ou Mark Hollis. -
A Xunta proporá o vindeiro xoves na mesa sectorial adiantar o inicio do curso ao 8 de setembro en todas as etapas. Deste xeito unifícase un calendario que ata o momento incluía diferentes datas para Infantil e Primaria das de ESO e Bacharelato e facilítase a conciliación da vida laboral e familiar. Tal e como recolle o documento enviado ás organizacións sindicais, a proposta é iniciar as clases o 8 de setembro de 2022 e rematalas o 21 de xuño de 2023. -
Deseño de novos tratamentos médicos combinando nanomateriais con proteínas; técnicas de administración de fármacos dirixidas con precisión empregando nanoestructuras; estudo da interacción da flora intestinal có sistema inmune e as capacidades cognitivas; uso de técnicas estatísticas combinando xenética e neurociencia para o estudo do Alzhéimer... -
Coa desaparición da obrigatoriedade das máscaras faciais en interiores, cobra especial relevancia a ventilación axeitada dos espazos. Un equipo da USC publicou na revista Indoor and Built Environment o artigo que presenta un sistema no que, tras a introdución de parámetros básicos dun espazo dado como o seu volume, emprazamento, orientación ou contorna arquitectónica, produce tempos de ventilación optimizados en base a prognósticos meteorolóxicos. -
A divulgación científica tomará de novo os bares na sétima edición de Pint of Science, que se celebrará entre os días 9 e 11 de maio. Vigo será unha das 44 cidades españolas nas que durante tres días as e os científicos achegarán de xeito sinxelo e accesible os seus coñecementos ao público, a través da iniciativa nacida en 2013 no Imperial College de Londres e que en España acada a súa sétima edición.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- …
- seguinte ›
- última »

