Notas
-
'Din que non falan as plantas (...) pero non é certo, pois sempre cando eu paso, de min murmuran e exclaman...'. Estas verbas son tan só nun exemplo da 'fascinación' que Rosalía de Castro sentía pola natureza. Así o constataron os investigadores da USC María López Sández, Fernando Cabo Aseguinolaza e Maria do Cebreiro Rábade Villar no seu estudo da obra da escritora galega que permitiu organizar o denominado Herbario de Rosalía -
Desenvolver unha ferramenta de apoio á toma de decisións na xestión sanitaria nun contexto como o provocado pola covid-19 é o obxectivo de Practicum Direct, un proxecto de investigación do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), do que forma parte o Observatorio da Gobernanza G3 da Universidade de Vigo. -
O vindeiro mes de abril regresa o FIV de Vilalba. A vila gozará durante tres días de diversas actuacións e actividades repartidas entre os escenarios situados na Praza da Constitución, o Escenario Emerxente, e no Campo da Feira, o Escenario FIV, cunha capacidade este ano para 5.000 persoas, e seguindo os protocolos vixentes no momento da celebración do festival, garantindo ante todo a seguridade de público e artistas. -
O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira volve coa que será a súa edición máis longa, pois terá lugar do 10 ao 17 de xullo, con Tanxugueiras e Red Hot Chilli Pipers como dous das súas cabezas de cartel. Despois de dúas cancelacións consecutivas por causa da pandemia, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira presenta as primeiras confirmacións de grupos asistentes. -
Os contidos que ofrecen os medios de comunicación non son, en moitas ocasións, plenamente accesibles para as persoas que teñen algunha dificultade de comprensión. Para evitar esta eiva, a CRTVG acaba de poñer en marcha unha iniciativa que, da man da Universidade de Vigo, achegará información accesible a este tipo de colectivos. -
A incubadora de alta tecnoloxía BioIncubaTech lanza o seu cuarto ciclo de almorzos formativos dedicado, nesta ocasión, á transferencia e ás relacións coa empresa. O obxectivo das sesións é compartir a experiencia e coñecementos de persoal experto co tecido empresarial galego, xerar debate, transformar as ideas en novas iniciativas e dar pulo a redes de colaboración no sector. -
O Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), impulsado polas tres universidades galegas, deu a coñecer a que será a súa folla de ruta para 'traballar polo futuro das matemáticas de Galicia', tal e como sinalou o reitor da USC, Antonio López. Xunto a el, tomaron parte na xornada os reitores da UDC e da UVigo, Julio Abalde e Manuel Reigosa; a decana da Facultade de Matemáticas da USC, Elena Vázquez Cendón; e a directora científica en funcións de CITMAga, Rosa Crujeiras. -
A Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela acaba de publicar o libro ‘Valente epistolar (Correspondencia de José Ángel Valente con sus amistades)’, no que catorce especialistas estudan outras tantas importantes e reveladoras relacións epistolares do poeta citado con intelectuais relacionados coa súa vida, coa súa obra ou coa súa tradución. -
Fomentar unha reflexión académica en torno á performance é o propósito central do Congreso Internacional de Arte de Acción Fugas e Interferencias, que o grupo de investigación PE4 Imaxes e Contextos, da Facultade de Belas Artes, promove coa colaboración da Vicerreitoría do campus de Pontevedra e o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). -
Asomarse ao mundo persoal de Ramón María del Valle-Inclán a través de boa parte do patrimonio artístico que albergaba no seu domicilio, situado no número 5 da madrileña rúa Francisco de Rojas, é o que persegue a mostra ‘Valle-Inclán íntimo’, inaugurada este xoves 9 no Colexio de Fonseca e que se nutre da colección particular dos irmáns Valle-Inclán Alsina, Fernando, Miguel e Javier.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- …
- seguinte ›
- última »

