Notas
-
O informe titulado 'Impacto da COVID-19 na Universidade de Santiago de Compostela' elaborado polos profesores da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, María Bastida e Miguel A. Vázquez Taín, destaca a 'alta capacidade de adaptación e flexibilidade por parte da institución' universitaria á hora de facer fronte á pandemia a través dunha estrutura de xestión cun 'alto grao de descentralización'. -
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade premiou a trece escolares de Lugo que resultaron gañadores do certame de Poesía de Nadal que convoca a Biblioteca Pública Provincial en colaboración con outras bibliotecas públicas da provincia. Na fase final participan os traballos que resultaron vencedores nos distintos certames municipais. -
A mobilidade do futuro será 'conectada, autónoma, eléctrica e compartida', e tamén extendida (a conexión entre os sectores da automoción, TIC, aeroespacial e hiperlonxevidade será cada vez maior). Así se expuxo no peche do proxecto europeo MoBAE, no que representantes do mundo da ciencia, a empresa e as institucións puxeron en común os retos e oportunidades que marcarán a nova mobilidade. -
Coa vontade de atraer e reter talento, os proxectos JIN da Axencia Estatal de Investigación acaban de beneficiar a tres científicas da USC. Letricia Barbosa-Pereira, Maria João Matos e Mar Quiñones foron recoñecidas no marco do Programa Estatal de Xeración de Coñecemento e Fortalecemento Científico e Tecnolóxico do Sistema de I+D+i e do Programa Estatal de I+D+i Orientada aos Retos da Sociedade. -
O Programa Iacobus vén de informar da resolución da aprobación de 165 candidaturas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, 108 delas para os proxectos da novena edición para as estadías de docentes e investigadores galegos e portugueses e 57 para a cuarta edición do IACOBUS Papers, dirixidos a fomentar a cooperación transfronteiriza en investigación e divulgación científica. -
'Este libro sobre A Bela Otero, é froito de moitos anos de traballo e procura incesante de documentación sobre unha muller galega que, como moitas, rebeláronse contra o seu destino e amosaron ser quen nun mundo onde o feito de ser home anulaba por completo a muller. Ela, por si mesma conseguiu chegar a ser unha das mulleres máis importantes do mundo na Belle Époque'. -
A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña organiza unha nova edición do ciclo Marzo Ambiental no que con preto de 50 actividades pretende educar na sustentabilidade. Esta proposta, que se enmarca dentro da iniciativa 'Campus, Casa, Cidade: Laboratorios do cambio', vai xa pola quinta edición, acadando unha participación de máis de 6.000 persoas na súa traxectoria. -
O colectivo eXXperimenta en Feminino, formado por un centenar de docentes da Facultade de Ciencias, da Escola Superior de Enxeñaría Informática, da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e da Escola Universitaria de Enfermaría da Universidade de Vigo, recibiu a nova da concesión do XVI Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades que outorga o Concello de Ourense. -
21 días co galego e + é un programa promovido pola Xunta de Galicia que ten como finalidade fomentar o uso do galego oral entre a xente nova no marco do Plan de dinamización da lingua galega na mocidade. Esta iniciativa de dinamización lingüística permite que o alumnado perfeccione o seu uso dentro e fóra das aulas e que, alén diso, analice a súa relación coas linguas que coñece. -
BioGalicia Summit, cumio internacional do sector biotecnolóxico, reunirá o vindeiro 3 de marzo en Santiago representantes do ecosistema ‘biotech’ nun evento en liña para abordar as últimas tendencias aplicadas á saúde e á agroalimentación. Este evento enmárcase dentro das actividades de BioIncubaTech, a incubadora de alta tecnoloxía xestionada pola USC, en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e Uninova, co apoio da Xunta de Galicia e a Fundación INCYDE.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- …
- seguinte ›
- última »

