Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • A XIX edición do Festival de Cans, que terá lugar do 18 ao 21 de maio, continuará esta edición na súa liña de programar unha retrospectiva internacional, que dea coñecer ao público algúns dos cineastas máis interesantes e orixinais do momento. Este ano Cans programará unha retrospectiva de gran nivel, como é a do cineasta portugués João Nicolau, un dos expoñentes máis brillantes do novo cinema portugués.
  • O concerto de presentación do último traballo de Berto abre o abano de “actividades diversas” programadas ao abeiro da vixésima oitava edición do convenio Lugo Cultural, unha iniciativa froito da colaboración entre a USC co Concello e a Deputación Provincial de Lugo, que nesta edición pretende achegarse un pouco máis á comunidade universitaria coa celebración de máis actuacións nos centros universitarios.
  • Galicia vai reforzar os contidos humanísticos nos currículos educativos coa incorporación da Historia anterior a 1812 en Bacharelato, cuestión que o Goberno do Estado obviou introducir nos textos e que a Xunta considera fundamental no desenvolvemento académico do alumnado, e que se compaxinará co impulso das competencias STEM (Ciencias, Matemáticas e Tecnoloxía).
  • Artellar un programa pioneiro en Galicia que promova a protección e o acompañamento das mulleres activistas de dereitos humanos que nos seus respectivos países están a sufrir graves situacións de acoso e risco. Esta é a meta na que traballa a Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC da man da Coordinadora Galega de ONGD e Solidariedade Internacional de Galicia.
  • Nove estudantes de cinco titulacións diferentes e procedentes dos tres campus da Universidade de Vigo reúnense cada fin de semana na Cidade da Cultura para traballar conxuntamente no deseño do primeiro nivel dun videoxogo inspirado na novela ‘Arnoia, Arnoia’, de Xosé Luis Méndez Ferrín. Ao longo deste mes de marzo, desenvolveuse a residencia artística ComTecArt, no marco da segunda edición das Residencias Artísticas do Gaiás (REGA).
  • O proxecto Pasos comeza a dar os seus froitos no fomento da investigación e a innovación responsable no sector mariño. Celebrouse en Vigo a Xornada de promoción da economía social no sector mariño, que contou coa asistencia de Susana Touza, subdirectora xeral de Economía Social da Xunta de Galicia; Belén Rubio, vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo e Javier Touza, presidente de Fundamar.
  • O Inventario Forestal Continuo de Galicia que están a desenvolver investigadores da USC, a UVigo e o Instituto Galego de Estatística, ademais doutros provedores externos, sitúa Galicia á vangarda do sector, como o proba o crecente interese que están a mostrar os países nórdicos nesta nova ferramenta de xestión forestal dotada do sistema de monitorización máis avanzado.
  • Co obxectivo de fomentar o emprendemento desde unha perspectiva de xénero, desde setembro de 2019 a Universidade de Vigo e a Confederación Empresarial de Ourense (CEO) participan no proxecto europeo Women Entrepreneurs in Action WE'RE IN! (Mulleres Emprendedoras en Acción). A súa programación inclúe o desenvolvemento de diferentes mobilidades entre mulleres dos países participantes, que son ademais de España, Francia, Bélxica e Alemaña.
  • O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, presentou na Reitoría, xunto co vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, os seis novos investigadores de alto nivel captados na última convocatoria Ramón y Cajal. Alejandro Criado Fernández, Roberto Javier Brea Fernández, Óscar Ibáñez Panizo, e Armand Hernández Hernández están xa incorporados na UDC.
  • Alumnado das materias de Literatura e Arte e de Literatura Infantil e Dramatización que imparte a profesora Rocío G. Pedreira na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da USC dan vida á nova bitácora de literatura infantil ‘Petiscando libros’, un repositorio virtual a través do que se ofrece á sociedade unha cada vez maior relación de títulos, clasificados en función da temática que tratan.