Notas
-
Entre os anos 2006 e 2019, máis dunha trintena de premios Nobel aterraron na USC grazas ao programa ConCiencia que a institución compostelá desenvolve de xeito conxunto co Consorcio de Santiago. Coa vontade de poñer en valor estes fitos e de fortalecer a súa dimensión divulgativa, a Universidade acaba de lanzar un novo espazo público que recolle as visitas que estas 33 personalidades realizaron a Santiago de Compostela. -
Uns 50 millóns de persoas no mundo, segundo a OMS, e unhas 350.000 en España, padecen epilepsia, un trastorno do cerebro causado por un funcionamento anormal esporádico dun grupo de neuronas. En España cada ano se diagnostican máis de 20.000 novos casos, o que converte á epilepsia no segundo motivo de consulta ambulatoria neurolóxica. -
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova Eirós, no concello lucense de Triacastela, permiten ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades. Así, as 50 moedas romanas atopadas na Cova das Cabras permiten documentar un nivel de ocupación, da segunda metade do século IV d.C., non rexistrado ata a data, nin en Cova Eirós, nin noutros xacementos da contorna. -
Chegou a Vigo a exposición Vieiros na memoria de Manuel Moldes, unha homenaxe a un artista comprometido coa súa terra e referente da cultura galega, pero tamén un profesor que deixou unha fonda pegada na Facultade de Belas Artes da UVigo. Ampliada e acomodada ao espazo da Casa Galega da Cultura, poderá visitarse na cidade olívica ata o 24 de abril. -
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) homenaxeará ao veterinario Juan Rof Codina como ‘Científico Galego do Ano’ polo Día da Ciencia en Galicia, efeméride que se celebrará o vindeiro 6 de outubro. A decisión adoptada pola RAGC valorou detidamente a figura de Rof Codina e salientou a súa contribución á modernización do sector agropecuario en Galicia e á difusión do concepto de asociacionismo entre os gandeiros galegos. -
O colectivo eXXperimenta en Feminino, formado por un centenar de docentes da Facultade de Ciencias, da Escola Superior de Enxeñaría Informática, da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e da Escola Universitaria de Enfermaría da Universidade de Vigo, recibiu este mércores o XVI Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades que outorga o Concello de Ourense. -
O Centro de Investigación de Química Biolóxica e Materiais Moleculares cumpre dez anos na vangarda da ciencia no ámbito internacional. Con este motivo, o I Simposio Química na Fronteira que se desenvolverá os días 30, 31 de marzo e 1 de abril, terá como convidados a recoñecidos persoeiros, incluído o premio Nobel 2021, David MacMillan, quen tamén participará no programa de divulgación científica da USC ConCiencia. -
Vigo converteuse na primeira universidade galega en probar as vantaxes da tecnoloxía 5G en ámbitos como a seguridade ou a xestión da mobilidade. A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e o centro de investigación atlanTTic viviron unha experiencia en torno a estas novas tecnoloxías co obxectivo de probar os beneficios deste novo estándar para desenvolver solucións de seguridade e Smart Campus, grazas á súa aplicación á medición do tráfico de transeúntes e vehículos. -
O manifesto RUIGEU reivindica a corresponsabilidade como chave para facer fronte ás fendas de xénero
'A pandemia contribuíu a aumentar a violencia machista e intensificou a fenda dos coidados, que recaen maioritariamente sobre as mulleres'. Esta afirmación é un dos eixos sobre o que se asenta o Manifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero das Universidades Españolas para a Excelencia Universitaria ao que se deu lectura no acto co que a USC conmemorou o Día Internacional das Mulleres. -
Mar Masulli, Pepa Sedó, Carolina López, María Benítez, Rocío Lara, Ainoa Castro, Noemí Rabasco e Antía Fernández, todas son mulleres e todas traballan ou estudan no sector da automatización e da robótica. Elas foron as protagonistas da terceira edición das Xornadas técnicas AER-UVigo, unha actividade coordinada polo profesor da Escola de Enxeñería Industrial José Ignacio Armesto, 'alma mater das xornadas'.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- …
- seguinte ›
- última »

