Notas
-
O 21 de novembro de 2013 o foguete DNPER era lanzado desde o cosmódromo ruso de Yansy ao espazo, co satélite Humsat-D no seu interior. Desenvolvido ao abeiro do programa Basic Space Tecnology Initiative (BSTI) da Oficina de Espazo da ONU e co apoio da Oficina de educación da Axencia Espacial Europea (ESA) e do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), Humsat-D foi deseñado, construído e operado na UVigo. -
O grupo de innovación docente do Campus de Lugo da USC XuvenCiencia aposta por normalizar o galego como lingua de divulgación científica nas aulas de alumnado preuniversitario a través da adaptación do proxecto ‘Ciencia-me un cuento’, unha iniciativa promovida pola Sociedade de Científicos Españoles do Reino Unido co apoio da Fundación Lilly, que está estruturada en diversos relatos de temática científica. -
O neurobiólogo e profesor emérito da Universidade Autónoma de Barcelona, Ramón María Nogués, será o encargado de pronunciar o relatorio inaugural do ciclo de conferencias que abordarán o vínculo entre ciencia, cultura e relixión, iniciativa en cuxo impulso toma parte, entre outros, o profesor emérito da USC e ex reitor, Carlos Pajares. -
O Directorio de Expertas UDCientíficas ten como obxectivos, por un lado, dar a coñecer o talento investigador da Universidade da Coruña e, polo outro, fomentar a presenza das mulleres nos medios de comunicación como fontes expertas. Nos medios españois as mulleres apenas supoñen tres de cada dez fontes expertas e só o 13% das fontes académicas. -
Desde as obras galardoadas nos seus inicios, hai preto de dúas décadas, ata a peza recentemente recoñecida na súa 18 edición, a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle un percorrido pola historia dos Premios de Creación Artística da Universidade de Vigo, na súa modalidade de pintura. A exposición 'A complexidade do rectángulo', que poderá visitarse ata o 4 de abril, constitúe a primeira mostra retrospectiva sobre a traxectoria destes premios de pintura. -
Vigo acolle a VIII edición do Congreso da Sociedad Española de Biología Evolutiva. Esta é a primeira vez que este simposio se celebra en Galicia e faino organizado por un grupo de docentes da Universidade de Vigo entre os que están Emilio Rolán, David Posada, Armando Caballero, Alberto Velando ou Iria Fernández, xunto con Miguel Arenas, Carlos Canchaya, Angel P. Diz, Juan Galindo, Juan Gefaell e Humberto Quesada. -
O doutoramento Agricultura e Medio Ambiente para o Desenvolvemento, un programa coordinado polo catedrático da USC na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra Agustín Merino e no que tamén participa a Universidade de Lisboa, impulsa desde hai máis dun lustro iniciativas locais de desenvolvemento orientadas a optimizar o aproveitamento de recursos agrarios e medioambientais en países de América Latina e África, a través da formación e da mellora da formación e da capitación investigadora. -
A USC e a Xunta, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, colaborarán nun proxecto dixital que, apoiándose nas tecnoloxías, busca avanzar no estudo do neofalantismo. Esta iniciativa desenvolverase ao longo de tres anos e consta de tres fases coas que se pretende impulsar e valorizar o neofalantismo e as conexións do galego co mundo da empresa e da lusofonía. -
Ausencias, Esencias, Presencias é o título do proxecto seleccionado na modalidade de comisariado da convocatoria de intervencións artísticas para a Zona C, un espazo expositivo do Concello de Santiago de Compostela que este mércores abre a súa programación para este 2022 cunha mostra ideada e protagonizada por alumnas de Belas Artes. -
Do 1 ao 22 de febreiro, celebrarase no Paraninfo da Universidade o IV Ciclo Novos Talentos Musicais, unha actividade desenvolvida pola Asociación Compostela Sound e a Universidade de Santiago de Compostela para a promoción de intérpretes menores de 31 anos, que teñan orixe galega, residan en Galicia ou cursen estudos nalgúns dos centros de música desta comunidade.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- …
- seguinte ›
- última »

