Notas
-
Este curso académico a Sala Alterarte arrancou unha nova etapa na que Xosé Manuel Buxán deu paso na súa coordinación á comisaria Sara Donoso. Ela é a encargada neste 2021/2022 de guiar a súa programación e desenvolver un proxecto expositivo propio que arrancou coa mostra 'Formas e tránsitos', da artista Isabel Flores, e que continuará con propostas creativas de Basilisa Fiestras, Mónica Mura e Mar Ramón Soriano. -
A UDC Saudable e as súas entidades colaboradoras ofertan para o ano 2022 un total de 35 conferencias presenciais, en liña ou híbridas dirixidas a toda a comunidade universitaria e, especialmente, ao estudantado. Aquelas facultades ou escolas interesadas en acoller unha ou varias destas propostas poderán solicitar xa a súa impartición. -
A área de Cultura da USC no Campus de Lugo mantén aberta a inscrición para os obradoiros e actividades promovidas ao longo dos segundo cuadrimestre do curso ao abeiro dos espazos de Fotografía, Cine e Teatro da USC no Campus de Lugo, cuxa programación inclúe obradoiros abertos de teatro, cursos de expresión fotográfica e de experiencias de creación de cine con teléfono móbil ademais de sesións formativas orientadas a pensar e contar unha serie de televisión. -
A Universidade da Coruña sitúase no posto 49 no ránking internacional Green Metric que mide a sustentabilidade ambiental dos campus, e mellora os seus resultados da edición do ano pasado en 16 postos. Nesta listaxe, a UDC está no cuarto posto no ámbito español e continúa como Universidade líder en sustentabilidade en Galicia. -
'Copérnico é un dos autores que máis influíu no devir da ciencia e resultaba abondo sorprendente non dispoñer dunha versión en galego da súa obra'. A esta situación foi a que lle puxeron solución os profesores da UVigo Nicanor Alonso e Miguel Mirás e o poeta e profesor de educación secundaria Raúl Gómez Pato, autores de 'O libro que ninguén puido ler', primeira tradución ao galego da obra de Nicolás Copérnico 'Sobre a revolución dos orbes celestes', publicado en latín no 1543. -
Supermercados Gadis inicia la segunda edición de Alimentes Digital, la plataforma de formación interactiva diseñada para fomentar hábitos de alimentación saludables en Educación Infantil y Educación Primaria de Galicia y Castilla y León. Dirigida tanto a profesores como a alumnos, se han introducido mejoras para ofrecer un recurso didáctico todavía más amplio gracias a la experiencia obtenida durante el curso pasado. -
Unha reflexión sobre os principais elementos definitorios da modernidade e a súa estética, que afonda nas obras e traxectorias dalgunhas das súas figuras de referencia, pero que o fai desde “percorridos alternativos”. Isto é o que Alberto Ruiz de Samaniego propón no seu libro 'Pintores de la vida moderna', que compila 21 ensaios centrados en autores como Edgar Allan Poe ou Marcel Proust. -
A Cidade da Cultura de Galicia despide o vindeiro domingo 9 de xaneiro a exposición 'Galicia futura. Todo o que imos ser', que chega á súa derradeira semana no Museo Centro Gaiás superando as 35.000 visitas e cunha media diaria de arredor de 250. Ademais, un milleiro de escolares participaron no programa didáctico dunha mostra que supuxo a volta presencial das visitas educativas presenciais tras a pandemia. -
A Xunta de Galicia segue coa busca activa de casos nun rango de idade sen pauta completa e, así, o Executivo galego ofrecerá un segundo test gratuíto para os rapaces de 5 a 11 anos, que poderase recoller coa tarxeta sanitaria nas farmacias adheridas a esta iniciativa. Este segundo test estará dispoñible a partir do día sete de xaneiro. -
A Xunta de Galicia comeza o 4 de xaneiro a administrar un total de 36.271 doses contra a covid-19, á poboación con idades comprendidas entre os sete e os nove anos. Tras recibir unha nova partida de vacinas por parte do Ministerio de Sanidade, os servizos sanitarios da Xunta de Galicia continuarán co proceso de vacinación pediátrica durante as xornadas do martes e do mércores da presente semana.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- …
- seguinte ›
- última »

