Notas
-
O 23 de marzo de 1882 Jules David Cavaz realizou as fotografías máis antigas que se conservan da USC. Xusto 140 anos despois, a presentación no Paraninfo do libro 'A Universidade retratada. Jules David-Cavaz en Galicia' (1882) serviu para conmemorar o aniversario deste material inédito que acaba de ver a luz grazas ao Arquivo Histórico Universitario (AHUS), xunto ao Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC, así como a Alvarellos Editora. -
Reiterando o seu 'compromiso ilusionado coa Universidade', deste xeito tomou posesión o profesor Antonio López do seu cargo como reitor da USC logo de ser reelixido recentemente. Coa vontade de seguir contribuíndo dende o goberno da institución a 'formar cidadás e cidadáns críticos, cultos e libres', Antonio López afondou nos retos de futuro logo de 'catro anos marcados sen dúbida pola COVID-19'. -
Dixitalización, intelixencia artificial, automatización… a industria está xa a vivir unha nova revolución, a do 4.0, e as tecnoloxías emerxentes están a cambiar significativamente os procesos de fabricación. Para analizar este escenario este venres a UVigo acollerá un debate entre representantes da industria, a administración e a universidade no I Encontro Ágora. -
O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) cumpre 10 anos situándose na vangarda da ciencia no ámbito internacional. Para conmemorar o seu décimo Aniversario celebrará o I Simposio ‘Chemistry at the Frontier’ os días 30, 31 de marzo e 1 de abril, e terá como convidados a recoñecidos líderes mundiais en varios ámbitos da química, incluíndo ao premio Nobel de Química 2021 David MacMillan. -
Como 'unha reflexión sobre cinco asentamentos humanos en diferentes épocas da historia da cultura' presenta o artista Juan Fernando de Laglesia a exposición que inaugura no Espazo Nemonon. 'Postbabel. Cidades Lámparas Animales' é o título dunha mostra na que reúne as súas interpretacións de cinco urbes: desde o deseño dunha cidade ideal de Leonardo da Vinci á proposta dunha 'cibercidade' do arquitecto ruso Igor Orlov. -
Presentouse o XV Congreso internacional sobre a infancia maltratada, organizado pola Federación de Asociaciones contra el maltrato infantil-End Child Prostitution (FAPMI-ECPAT España) e a Asociación contra o maltrato e o abuso infantil (Amino), que será entre o 5 e o 7 de maio en Santiago de Compostela. O evento contará con máis de 300 relatores e profesionais do ámbito da infancia. -
A investigación de doutoramento 'Aplicación de técnicas xeomáticas na Smart Farming: Monitorización de cultivos, determinación de biomasa e detección de enfermidades', desenvolvida polo enxeñeiro vilalbés Izar Sinde González na Escola Politécnica Superior de Enxeñaería do Campus Terra da USC baixo a dirección da profesora Mariluz Gil Docampo, constata as múltiples aplicacións dos sensores de vehículos aéreos non tripulados en distintos procesos de desenvolvemento de áreas rurais en rexións aínda en fase de crecemento e modernización. -
O Instituto Universitario de Estudos Europeos 'Salvador de Madariaga' da Universidade da Coruña organiza este venres, 18 de marzo, no salón de graos da Facultade de Dereito o foro aberto 'A fraternidade europea ante a invasión de Ucraína: unha mirada desde as sociedades europeas', coa participación de persoal docente e investigador e alumnado de nove nacionalidades. -
A plataforma de entretemento Netflix dá un paso máis para impulsar a presenza da lingua galega no seu servizo mediante o subtitulado dunha selección de series e películas internacionais e a dobraxe de varios títulos infantís e familiares. Os subscritores que Netflix mantén en ata 190 países de todo o mundo poderán gozar dun conxunto de series e películas en lingua galega, entre as que destacan títulos como Emily en París e próximas estreas como The Mother, Garra ou Sandman. -
Entre 2007 e 2020 Xosé Luis Méndez Ferrín publicou cada sábado un artigo na sección No Fondo dos Espellos de Faro de Vigo. Esta produción literaria esparexida no tempo reúnese nunha colección editada pola Universidade de Vigo. Tras un primeiro volume que compilaba os textos do período 2015-2020, sae un novo libro cos publicados dende 2007 a 2010.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- …
- seguinte ›
- última »

