Notas
-
Previr desde o ámbito educativo o acoso sexual exercido cara a cara ou de xeito on line na etapa adolescente. Este é o obxectivo de Ni ♀N ni ♂FF, un programa coeducativo de prevención do (ciber)acoso sexual desenvolvido por investigadoras das universidades de Vigo, Santiago de Compostela e Carlos III de Madrid e liderado polo Grupo de Investigación en Sexualidade, Xénero e Saúde do campus de Ourense. -
O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e Conselleiro Delegado de ABANCA, Francisco Botas, asinaron na Reitoría da Universidade un protocolo xeral de colaboración entre ambas as dúas entidades para o desenvolvemento da Intelixencia Artificial, a transformación dixital e as tecnoloxías habilitadoras no ámbito da Cidade das TIC. -
Creouse o pasado mes de decembro e aspira a converterse no primeiro centro interuniversitario de investigación e transferencia no ámbito das ciencias sociais e humanas con vocación internacional. Falamos do Cispac, o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais, unha iniciativa que se presentou na UVigo. -
NANOFLUIDETEC busca mellorar os actuais sistemas de detección baseados en PCR, tanto en rapidez, como en fiabilidade e complexidade técnica. O dispositivo final estaría pensado para o seu uso en centros de atención primaria, asistenciais ou residencias, nos que este tipo de probas de diagnóstico ofrecerían a posibilidade de obter os resultados en apenas uns minutos e sen necesidade de enviar a mostra a ningún laboratorio. -
A mostra 'Defensoras' lembra no Campus de Lugo o cometido desenvolvido ao longo da historia por once mulleres que destacaron pola súa loita a prol da defensa dos dereitos humanos. A exposición, coordinada pola profesora Beatriz Fernández Herrero e elaborada por alumnado de último curso do grao en Ciencias da Cultura, está estruturada en paneis informativos que achegan unha semblanza destas verdadeiras referentes na loita polos dereitos humanos. -
O pasado mes de outubro, a sala de exposicións do campus de Pontevedra iniciaba unha nova etapa baixo o nome de Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, que se inauguraba cunha exposición dedicada a este pintor e docente falecido en 2017. Baixo o título de 'Manuel Moldes. Vieiros na memoria', este proxecto expositivo complétase coa publicación dun catálogo que afonda na obra e na vida do artista. -
Das consecuencias dos vertidos tóxicos, á presión social ligada aos canons estéticos, pasando polo que implica un proceso de transición de xénero. Estas son algunhas das temáticas que centran as proxeccións incluídas na programación de Docs del Mes, un ciclo de cinema documental que se desenvolve de xeito paralelo en preto de 70 de cidades de toda España e que a UVigo impulsa en Pontevedra. -
A perda de biodiversidade sen precedentes que está a sufrir o planeta nos últimos decenios é un asunto cada vez máis central na toma de decisións das organizacións internacionais. As consecuencias directas e indirectas deste problema urxen a actuar de forma contundente para evitar un futuro complicado para a Terra. -
'Los frágiles secretos de su mente' é o título, o motivo e O fío condutor da exposición que a alumna da UVigo Pilar Casas promoveu na Fundación RAC como traballo para a materia Xestión, ámbito artístico e mundo profesional, que imparte o profesor e decano Xosé Manuel Buxán. As obras dos estudantes Ruth Vidal, Sergio Vidal, Mateo Barcia e Pepe Eiras e das egresadas Lara e Noa Castro reúnense nesta exposición efémera. -
O Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña organiza a Campaña de Divulgación Científica da UDC cunha ampla e variada oferta de charlas e obradoiros en liña ou presenciais, dirixida ao alumnado de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de grao superior dos centros de Galicia. As propostas son moi variadas e impártense de forma atractiva para espertar o interese do alumnado.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- …
- seguinte ›
- última »

