Notas
-
O que hoxe coñecemos como mar Mediterráneo era, hai entre 230 a 66 millóns de anos, durante a era dos dinosauros, un complexo arquipélago tropical composto por centos de illas. A comunidade científica consideraba que a maioría desas illas eran tan pequenas que sería complicado que puidesen albergar poboacións de grandes saurios. -
A investigadora Lara Rouco Méndez desenvolve na tese de doutoramento, presentada naUSC baixo o título 'Estudo da aplicabilidade de catalizadores biométricos con actividade redox en procesos químicos e farmacolóxicos', novos modelos artificiais capaces de reproducir as función de enzimas con actividade redox. -
Cada curso académico a mostra itinerante Exxperimenta en Feminino achégase a centros educativos galegos co obxectivo de visibilizar mulleres destacadas na historia da ciencia, a tecnoloxía e a enxeñaría. Este cuadrimestre, son sete os centros que acollerán unha exposición que forma parte das accións postas en marcha polo colectivo Exxperimenta en Feminino. -
A USC e o grupo empresarial Aresa manteñen aberto o prazo de presentación de candidaturas ao XXII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural ata o vindeiro 14 de xaneiro de 2022, segundo se recolle no convenio asinado este luns entre o reitor Antonio López e o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, para a convocatoria deste galardón, que conta cunha gratificación en metálico de 10.000 euros, ademais de placa conmemorativa. -
Despois das dificultades, cambios e cancelacións do 2020, este curso regresarán, e con forza, as actividades de divulgación científica e ciencia cidadá á Universidade de Vigo. As vicerreitoras de Investigación, Belén Rubio, e Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama, presentaron este luns no edificio Redeiras o programa Ciencia de ida e volta, o plan anual de actividades para o curso 2021-2022 da Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo. -
O encontro científico da alianza SOMMa, a rede de Centros Severo Ochoa–Unidades María de Maeztu, ‘100xCiencia.5: International dimension of science’ botou a andar este venres na Cidade da Cultura. Trátase dun foro onde persoal investigador e directivo dos 57 centros españois con esta certificación de excelencia comparten con xornalistas e comunicadores especializados, un espazo para reflexionar xuntos sobre a necesidade da cooperación internacional para o progreso científico e social da humanidade no século XXI. -
250 persoas de países como Xapón, Australia, Brasil ou China participarán do 15 ao 17 de decembro na VI edición do Congreso internacional de lingua, lingüística e tecnoloxía, techLING2021, unha ventá ás principais novidades do momento en materia de tecnoloxías e ensinanza de linguas. Organizado polos profesores José Yuste, Óscar Ferreiro e Emmanuel Bourgoin, do Grupo de investigación Tradución & Paratradución da Facultade de Filoloxía e Tradución, a cita celebrase integramente en liña. -
Anticiparse á aparición do cancro de fígado, ata en dúas décadas, para acometer a mellor abordaxe terapéutica é o último achado do grupo de investigación da USC Xenomas e Enfermidade no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS). -
O Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña (A Maestranza) acollerá este venres e sábado, 26 e 27 de novembro, o XVI Congreso Español de Dereito Deportivo que organiza a Asociación Galega de Xestión Deportiva (Agaxede) no que participarán máis dun centenar de asistentes. Esta edición está dedicada a analizar o marco legal e os retos da xestión deportiva. -
O informe 'Estudio sobre el impacto de la tecnología en la adolescencia' avaliou os hábitos de dous millóns de adolescentes de entre 11 e 18 anos de toda España, entre novembro de 2020 e marzo de 2021, poñendo sobre a mesa 'un estudo pioneiro en Europa', como sinala o profesor Antonio Rial Boubeta, director científico deste informe e investigador da USC. É un estudo 'comprensivo e inclusivo sobre o uso saudable das tecnoloxías que ofrece unha foto precisa dun segmento de poboación moi concreto'.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- …
- seguinte ›
- última »

