Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • Un curso académico máis o proxecto MicroMundo@Uvigo 2.0 ponse en marcha. Alumnado e profesorado da Facultade de Ciencias do campus de Ourense traballará con estudantes preuniversitarios nun proxecto de investigación real no que participan máis de 14 países e que busca microorganismos produtores de novos antibióticos. O obxectivo último da iniciativa é espertar nas novas xeracións a vocación científica e a conciencia sobre a necesidade dun uso responsable destes medicamentos.
  • Bernarda Espida é un personaxe ficticio, creado polo escultor Xavier Costa, que cobra vida para relatar, desde o seu nacemento e ata a súa norte, a cámara dos horrores que o último terzo do século XX e o principio do XXI foi para moitas mulleres en diversos puntos do mundo. 54 pezas esculpidas ao longo de cinco anos en pedra, madeira e ferro, e por outros tantos gravados, que son o relato pictórico da historia desta heroína galega
  • A Xunta de Galicia, coa colaboración e apoio dos xestores de pilas autorizados Ecopilas, ERP e Ecolec, impulsa un ano máis a campaña escolar Pilabot, unha iniciativa para promover a concienciación das novas xeracións sobre a reciclaxe a través dun concurso de recollida de pilas, acumuladores e baterías usadas entre colexios de Primaria e Secundaria de toda a Comunidade.
  • A catedrática de Medicina Legal e Forense e directora do Instituto de Ciencias Forenses (Incifor) da USC, Victoria Lareu Huidobro, será distinguida co premio María Josefa Wonenburguer deste ano, unha decisión comunicada no último pleno da Unidade Muller e Ciencia da Xunta de Galicia. Con este premio, o goberno autonómico recoñece a traxectoria de mulleres galegas, que destacan pola súa contribución á área das ciencias e á tecnoloxía.
  • A idea do cinema como un xeito de expresarse e comunicarse, máis aló de narrativas ou formatos, centrou o coloquio que protagonizaron na Facultade de Belas Artes os artistas Ana Domínguez e Ángel Rueda, directores do Festival S8, a Mostra de Cinema Periférico da Coruña. A actividade serviu para anunciar a nova sección, Paraíso, que o festival estreará en 2022 e que estará dedicada as “inquedanzas, experiencias e traballos” das facultades de Belas Artes.
  • A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela acolle xoves e venres a duodécima edición do congreso Small Cinemas, que leva por título ‘Do celuloide ao streaming: conservación e circulación dos pequenos cinemas’. Organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais e celebrada por primeira vez en Galicia, esta conferencia internacional reúne participantes de máis de 20 universidades e outras institucións.
  • 'As mulleres que nos levaron á lúa' é o título dunha exposición presentada este xoves e coa que a Universidade de Vigo, co apoio da Deputación de Ourense, pretende impulsar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre o alumnado feminino, poñendo de relevo o traballo das mulleres que hai 50 anos foron claves para o éxito da misión do Apolo XI e a chegada da primeira persoa á lúa.
  • Pór freo aos estereotipos de xénero e á falla de referentes femininos en ciencia e tecnoloxía son os principais obxectivos de ‘Unha enxeñeira ou científica en cada cole’, unha actividade desenvolvida ao abeiro do convenio de colaboración en materia de xénero da USC e o Concello de Santiago que chega en 2021 á súa sexta edición.
  • O camiño cara á normalización do galego na contorna dixital que promove o ‘Proxecto Nós’ ábrese paso a través dunha primeira dotación que permitirá o inicio do proceso de deseño e planificación de accións. O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a directora da Amtega), Mar Pereira Álvarez, informaron sobre o convenio que formaliza a primeira inxección económica do proxecto.
  • Despois duns meses marcados pola pandemia, a música volve a formar parte da programación cultural do campus de Pontevedra, da man do ciclo de concertos impulsado pola Vicerreitoría e a Concellaría de Promoción Económica e Universidades, ao abeiro dun convenio para o desenvolvemento de actividades nos ámbitos da cultura, educación, deporte, medio ambiente e novas tecnoloxías.