Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • Institucións e universidades americanas e europeas detectaron por primeira vez unhas partículas producidas en colisións nucleares cobre-ouro no acelerador Relativistic Heavy Ion Collider (RHIC) do Brookhaven National Laboratory (EEUU) con ata máis dun 50% da enerxía dispoñible nos nucleóns ‒protóns e neutróns‒ dos núcleos atómicos acelerados na colisión.
  • A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña en colaboración co Campus Innova organiza as Xornadas UDC de Desenvolvemento de Videoxogos 2021. Do 2 ao 8 de novembro, numerosos profesionais da industria española abordarán distintos aspectos como o deseño, a narrativa, o estado da industria ou o márketing de videoxogos.
  • A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pon en marcha unha nova edición do Programa Tecnólog@ por un día, que volve a ofrecer a estudantes de 12 a 17 anos a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia. A iniciativa desenvólvese no marco do Plan de Promoción de Talento Dixital de Galicia DigiTalent.
  • A Cátedra da Memoria Histórica da UDC en colaboración co Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación e a Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña organiza as xornadas virtuais “As Voces da Transición en Galicia: feminismo, ecoloxismo e asociacionismo”, os días 20 e 21 deste mes. Voltar a vista atrás para achegala ao presente é o que se pretende con estas xornadas, que recollerán o tecido de parte central do activismo social na Transición a través de voces autorizadas.
  • Preto de 500 académicos, profesionais, investigadores e estudantes dos ámbitos da educación, a pedagoxía, a psicoloxía, o traballo social e a socioloxía participan entre este mércores e este venres na novena edición do International Congress of Educational Sciences en Development, que as universidades de Granada, Vigo, Minho e Porto promoven de xeito virtual.
  • Desde este venres e ata o 21 de xaneiro de 2022, a Sala Alterarte do campus de Ourense acolle a mostra Formas e tránsitos, da creadora Isabel Flores e curada por Sara Donoso. Con ela, este espazo expositivo inicia a súa programación do curso académico 2021/2022 e tamén un novo ciclo despois de que Xosé Manuel Buxán cedese o relevo do comisariado de Alterarte a Sara Donoso.
  • 'Darío Villanueva é unha das figuras senlleiras da nosa Universidade. Foi, é e será un universitario no sentido máis pleno da palabra. A pegada que deixa nos estudantes tanto dentro como fóra da USC é moi fonda, como fondo é o seu compromiso firme e inquebrantable coa institución'. Así definiu a vicerreitora de Titulacións e Captación Internacional, María José López Couso ao profesor emérito da USC Darío Villanueva Prieto.
  • O informe 'Impacto da dixitalización e da automatización nos sectores económicos de Galicia' pon o foco en que preto do 40% dos empregos da Comunidade Autónoma atópanse nunha zona de risco de automatización entre elevada e moderada. 'A automatización-dixitalización pode axudar a mellorar a produtividade das empresas e das Administracións, e lograr un mundo máis sustentable, eliminando traballos penosos e perigosos e creando novos traballos máis cualificados'.
  • 20 institucións e organismos, entre os que se atopa a UVigo, toman parte en Resonate (Resilient forest value chains – enhancing resilience through natural and socio-economic responses), un proxecto que ten como obxectivo definir unha serie de estratexias de resposta que permitan mellorar a resistencia e capacidade de adaptación dos bosques europeos ante os efectos do cambio climático.
  • Un ano máis o Festival Internacional de Teatro de Ourense volve á programación cultural ourensá. Nesta 14 edición, o certame desenvolverase na cidade das Burgas e, tal e como o fixera o pasado ano, tamén terá presenza no Concello de Barbadás. Serán en total nove espectáculos de temáticas e xéneros diversos nos que as compañías galegas terán un protagonismo destacado.