Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • Achegar unha “nova mirada ao cinema desde a confluencia de diferentes puntos de mestura con outras artes e linguaxes”, experimentar con “formatos, técnicas e ferramentas máis aló da cámara e o guión” e pór en valor “o erro como crecemento artístico da obra”. Estes son algúns dos obxectivos que o cineasta e videoartista Adrián Canoura propón en Videohipnose.
  • Entre outros moitos aspectos, a covid-19 trouxo á palestra un destacado interese pola propagación de aerosois en espazos pechados. No seu traballo fin de grao, o estudante da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo Moisés del Puerto, baixo a dirección dos profesores do centro Elena Martín Ortega e Iván Area, analizou a propagación destes aerosois na sala de exames do edifico do Campus Auga, no campus de Ourense.
  • A lúa vai encuberta, coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) coa Casa Museo Manuel María e interpretada polas compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, estréase este venres no Teatro Principal de Ourense, segundo se anunciou hoxe na rolda de prensa de presentación do espectáculo, na que participou o director da compañía da Xunta, Fran Núñez.
  • Nacida como un traballo para unha materia do grao en Comunicación Audiovisual O que queda de nós foi unha das quince curtas incluídas na sección oficial de ficción e animación da 18 edición do Festival de Cans, que a pasada fin de semana celebraba a súa entrega de premios, na que Lidia Veiga obtiña o galardón á mellor actriz polo traballo que realizou nesta curta dirixida por Miguel Gómez Abad.
  • 'O soño musical dos mapas celestes' é unha experiencia inmersiva elaborada ao redor dunha instalación audiovisual da artista Irene Dubrovsky, inspirada nos mapas do cosmos e as distintas maneiras de cartografalo. Esta é a base sobre a que se asenta 'O soño musical dos mapas celestes', unha iniciativa desenvolvida polo Instituto de Física de Altas Enerxías (IGFAE) -centro mixto da USC e da Xunta de Galicia-.
  • Un grupo de 35 alumnos de BAC dos institutos Ollos Grandes e Lucus Augusti, de Lugo, e Xelmírez II, de Santiago, permanecerán hoxe e mañá en Porto para participar en obradoiros formativos incluídos no proxecto europeo Phereclos baixo a supervisión do grupo de innovación educativa XuvenCiencia e de profesorado da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo da USC, así como de responsables da Universidade de Porto.
  • O Congreso Internacional Comunidades Locais e Camiños de Santiago pretende, baixo o lema ‘Ameazas e alianzas’, afondar no vínculo entre as devanditas comunidades e o fenómeno xacobeo. Entre os días 27 e 30 de outubro, a Facultade de Filoloxía será o escenario no que se respondan cuestións como que pensan as comunidades locais sobre os Camiños; como afectou ao seu modo de vida; ou cal é a imaxe que sobre o visitado ten quen visita.
  • Luis Iglesia Besteiro (Riotorto, 1962) é o persoeiro do cine galego elixido polo Grupo Fonmiñá para ser homenaxeado na XLIII Semana de Cine de Lugo. En cada Semana de Cine vénse honrando a destacados lucenses e galegos do cine, téndoo sido nos últimos anos Luis Tosar e Antonio Mourelos, e con anterioridade Rosario Durcal, Mercedes Cora, Manuel Lourenzo, Prudencia Grifell, Carmen Correa, Frank Braña ou Eduardo Fajardo.
  • O Festival Internacional de Cinema Play-Doc, que terá lugar na cidade de Tui do 22 ao 26 de setembro, presentará unha atractiva programación paralela para a súa décimo séptima edición. Baixo o nome Cinema Percorridos II: Visións Nocturnas, Play-Doc aposta de novo por unha experiencia única onde o cinema transformará o espazo público e dialogará cos espectadores a través dun percorrido nocturno pola cidade.
  • O Festival Internacional de Curtas FIC Vía XIV de Verín anunciou a programación completa da súa sexta edición, que terá lugar do 4 ao 12 de setembro no Auditorio Municipal. Máis de 30 curtametraxes dunha ducia de países competirán este ano no concurso oficial do encontro, que acollerá tamén outra serie de proxeccións paralelas, así como unha homenaxe ao actor e comunicador Sergio Pazos.