Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • A Universidade da Coruña celebra desde hoxe ata o 20 de outubro a terceira edición do seminario internacional “Mulleres e videoxogos, a ambos lados da pantalla”, impulsado pola Facultade de Comunicación coa colaboración da asociación internacional Women in Games (WIGJ), o Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF), a Asociación Española de Videojuegos-AEVI, a Fundación Museo do Videoxogo de Galicia, o Campus Innova e o Instituto de las Mujeres.
  • ESTALMAT-Galicia é un programa avalado pola Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de España. O seu obxectivo é estimular o talento matemático en rapaces de 12, 13 e 14 anos. A primeira das actividades consiste nun campamento matemático durante a fin de semana no Albergue de Ecoturismo Alvarella, en Vilarmaior, que supón unha toma de contacto entre os participantes nun ambiente lúdico-matemático.
  • Fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas en xeral e, entre as nenas e adolescentes, en particular, é a meta da exposición ‘Astrónomas’ centrada nas mulleres que dedicaron a súa vida ao estudo da astronomía e que se inaugura o vindeiro 29 de setembro ás 11:30 horas no Colexio de Fonseca. Con esta iniciativa preténdese non só incrementar a cultura científica, tecnolóxica e innovadora na sociedade, senón, ademais, mellorar a educación científico–técnica en todos os niveis, especialmente entre a xente nova.
  • Tivo lugar a presentación da primeira edición de 'O Son dos Arrieiros' co-organizado por dotbeat! e o Concello da Estrada e que ven situar a localidade dentro do mapa de festivais de Galicia. Á rolda de prensa, asistiron Jacobo Sutil, director da Agadic, José López, alcalde do Concello de Lalín e Patricia Hermida, xerente de dotbeat!.
  • Despois de que a covid-19 obrigase o pasado ano a limitar a súa quinta edición á publicación dun libro de comunicacións, o congreso internacional sobre performance Fugas e Interferencias retorna ao seu formato presencial. Entre o 30 de setembro e o 2 de outubro, a UVigo e o CGAC serán as sedes do único congreso académico centrado na arte de acción que se desenvolve en España.
  • Ao redor dun milleiro de persoas asistiron á estrea dun novo FIV de Vilalba esta fin de semana. Sabían que acudirían a un dos seus festivais de cabeceira e máis esperados, a reecontrarse con amigos, coa música en directo, pero non podían imaxinar a sensación de vivir tres xornadas así. Unha nova edición que resulta xa inesquecible para as persoas afortunadas que tiveron a sorte de ser parte da apertura dese novo escenario ubicado nun recinto máis grande, do escenario emerxente...
  • Celebrouse por primeira vez en Vigo en 1990 nos primeiros anos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Agora, 31 anos despois, regresa a Vigo o Simposio Nacional da Unión Científica Internacional de Radio, URSI, o foro de referencia para a comunidade investigadora e tecnóloga de universidades e empresas do sector TIC.
  • Na fin de semana do 25 e 26 de setembro subirán ao escenario o cantautor ourensán Emilio Rúa co seu concerto íntimo A canción de autor de Ourense, e Teatro Sarabela, coa obra O Secuestro da Bibliotecaria, unha peripecia divertida a refrescante que aposta polos valores da solidariedade e ao amor á literatura para público maior de seis anos. Xa en outubro, o día 1 o actor e director Avelino González narrará a vida e obra do intelectual ourensán Vicente Risco en Risco Contando a todo Risco.
  • O FIV de Vilalba cumpre en 2021 a súa 14ª edición que se celebrará os días 17, 18 e 19 de setembro. Estamos ante unha oferta musical que naceu ao amparo das Festas Patronais de Vilalba e que tras máis dunha década de historia, foi adaptándose aos tempos ata converterse nun referente do calendario festivaleiro nacional. Cada ano, este festival conta cun público fiel e supón un aliciente máis para visitar Vilalba.
  • 'Que a sociedade nos coñeza e queira colaborar co que facemos', así definiu o reitor da USC a meta da campaña de micromecenado Sumo Valor que inclúe entre as súas liñas de actuación, unha específica para facer fronte á loita contra a COVID-19. O reitor presidiu un encontro con representantes do tecido empresarial e social galego que serviu para dar a coñecer esta iniciativa que leva recadado dende a súa posta en marcha (finais de 2019) arredor de 125.000 euros.