Notas
-
Ti si que es un bo peixe emprega unha linguaxe próxima ao público ao que vai dirixida e tamén a música como código de comunicación pois unha das pezas desta iniciativa é unha canción con letra e un ritmo fáciles de memorizar. Outro dos elementos protagonistas é o material didáctico, como as siluetas de peixes, que serve para que as rapazas e rapaces aprendan a coñecer e diferenciar as distintas especies de peixes e mariscos. -
O festival inclúe cinco concertos e a entrega do Premio Galimusic, o primeiro terá lugar o 22 de agosto no Consorcio Local Os Peares con Alejandro Gómez e Miguel Ángel Ortega Chavaldas, o segundo, o 27 de agosto no Mosteiro do Divino Salvador de Ferreira de Pantón, denominado 'Nacionalismo: Folclore e Tradición', e o seguinte o 28 de agosto na Igrexa do Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil, co concerto A onde as negras ramas se estenden. -
A USC sitúase un ano máis entre as 500 mellores universidades do mundo, segundo a clasificación elaborada polo Academic Ranking of World Universities (ARWU), tamén coñecido popularmente como ránking de Shanghai. A institución compostelá atópase no intervalo 401-500 das mellores universidades a nivel mundial e no 9-12 de entre as 39 institucións pertencentes ao Estado español que salienta a listaxe. -
O ciclo O país das bandas, promovido pola Xunta e a Federación Galega de Bandas de Música Populares no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22, chega o martes a Melide cun concerto da Unión Musical Ponteledesma. A actuación será ás 12,30 horas na Praza do Cantón. Ese mesmo día chegará a Triacastela e a Cervo con concertos da Banda Filarmónica de Lugo e da Banda de Música O Landro de Viveiro, respectivamente. -
O Salón Teatro acolle a partir de mañá os últimos ensaios da nova produción do Centro Dramático Galego (CDG) Serva me, servabo te (axúdame e axudareite, en latín) para a súa representación neste espazo do 9 ao 26 de setembro. A estrea está prevista para o 5 de setembro no marco do Festival de Teatro Galego (FETEGA) do Carballiño, onde será espectáculo inaugural. -
Publicouse a resolución pola que se incorporan cinco centros ao Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), prorrogando ademais a participación no proxecto dos 38 centros educativos que xa o desenvolven. Esta iniciativa, enmarcada na Estratexia Galega para a Educación Dixital, Edudixital 2030, ten entre os seus obxectivos promover a vocación do alumnado cara á investigación científica e tecnolóxica. -
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a apertura do prazo para solicitar o Bono Coidado, unha axuda económica que serve para atender as necesidades puntuais que teñan as familias durante todo o ano. Ademais, este ano engádeselle unha novidade a este programa, a axuda para sufragar as necesidades das familias galegas en períodos de vacacións escolares. -
Segundo estimacións de especialistas, o 12% das enfermidades en todo o mundo son de orixe mental, cifra que ascende ao 23% nos países máis desenvolvidos. Os trastornos depresivos serían a terceira causa principal de enfermidade e as estimacións indican que poderían acadar o primeiro posto en 2030. Partindo deste escenario, a USC xunto coas universidades de Trento (Italia), do Minho (Portugal) e Adam Mickiewicz (Polonia) desenvolveron o proxecto SOS-Digital. -
Presentouse o Festaclown 2021, que un ano máis converterá Vilagarcía na capital galega do clown e das risas do 16 ao 21 de agosto. Un ano máis, as protagonistas serán as mellores compañías galegas: Pedras de Cartón, Circo Chosco, Dani García, A Vela Circo, Sue Moreno ou Assircópatas. Completan a programación grandes nomes a nivel estatal e internacional como Tchyminigagua, Bergamotto Clown, Mayte Guevara, Rudi Dudi ou Eddy Eighty. -
Nenos e nenas do CEIP Espiñeira (Aldán), traballando conxuntamente con escolares do val de Aosta italiano ao igual que o fan estudantes da illa croata de Korkula con rapaces dunha aldea de Chipre... O proxecto europeo Green SEEDS ten como obxectivo contrarrestar o risco de illamento das pequenas escolas rurais a través do debate e o traballo conxunto entre profesorado e alumnado de centros situados no rural, en illas ou en montañas de cinco países do sur de Europa.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- …
- seguinte ›
- última »

