Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • Despois de ter que adiar a súa sétima edición o ano pasado por mor da evolución da pandemia, Pont-Up Store, evento de fomento da innovación e o emprendemento do noroeste peninsular, 'xa quece motores para regresar con máis ilusión ca nunca e varias novidades durante os días 24 e 25 de setembro', segundo indican os seus responsables.
  • 'Hai unha cita que di que a historia comeza onde acaba a memoria da última xeración viva, e Ian Gibson é aí onde traballa, nun lugar onde conflúen os mitos, as lendas, a memoria da xente que vai entrevistando, que son memorias mediatizadas polo seus recordos, son historias con minúscula, individuais e subxectivas, e Ian ten, ou autoimponse, a tarefa de convertelas en historias con maiúscula'.
  • As tres universidades e a consellaría de Cultura, Educación e Universidades acaban de presentar as súas manifestacións de interese en relación ás propostas de mestrados incluídos no estudo Galicia 2030: perfís profesionais de futuro e novas titulacións e especialidades universitarias, impulsado pola Xunta de Galicia e a Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA).
  • Buscaban unha solución tecnolóxica capaz de mellorar a accesibilidade do Camiño de Santiago e o resultado é PictoXacobeo, unha aplicación para Android deseñada especificamente para facilitar a interacción dos peregrinos do Camiño de Santiago con necesidades comunicativas especiais (trastornos da fala, comprensión lectora e escritora, dificultades da linguaxe, etc.).
  • A profesora de Socioloxía e integrante do Equipo de investigación Sociedades en Movemento (ESOMI), Antía Pérez Caramés, publica, xunto co Catedrático en Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela, Isidro Dubert, o libro 'Invasión migratoria y envejecimiento demográfico. Dos mitos contemporáneos' na editorial La Catarata. No libro reúnen unha serie de traballos arredor dos principais debates actuais que teñen un pano de fondo demográfico.
  • O proxecto 'ConArte no Camiño. Belas Artes para a transmisión dos valores universais do Camiño', promovido polo Grupo Compostela de Universidades (GCU), busca achegar os artistas ao entorno do Camiño de Santiago para que adquiran novas experiencias vitais, que sexan fonte de inspiración na creación de obras plásticas e escenografías, e que posteriormente sirvan de vehículos da transmisión do coñecemento e propicien o seu uso didáctico.
  • Unha iniciativa lúdica e cultural para dinamizar o rural ourensán a través do seu patrimonio. Así se presenta PEDRA, Festival de Saberes, que se celebrará na reitoral da Chaira de Riós (Ourense) o 26 de xullo; o 27 e 28 de agosto e 4 e 5 de setembro. O certame, organizado por A Bela Auria e a Universidade de Vigo, contará cunha ampla programación de obradoiros e actividades de lecer dirixidas a todo tipo de públicos.
  • A Universidade da Coruña deu inicio á sétima edición da International Summer School. Ata o día 30 preto dun centenar de estudantes de 17 países participarán neste programa de formación curricular en inglés. As circunstancias actuais derivadas da pandemia fai que do centenar de asistentes, a metade curse a formación ofertada en formato presencial e o resto siga os cursos que se ofrecen en modo telemático.
  • 14 entidades, 400 profesionais traballando cada día nas súas instalacións e un volume de facturación anual conxunta que en 2020 alcanzou os 19 millóns de euros e que este ano agardar superar os 26 millóns. Estas son as grandes cifras que se manexan a día de hoxe na Cidade Tecnolóxica de Vigo, Citexvi, unha entidade que comezou a fraguarse no 2006 e se inaugurou en xullo de 2011
  • O FIV de Vilalba está de volta. Celebrará este 2021 a súa 14ª edición, os días 17, 18 e 19 do próximo mes de setembro. Unha oferta musical que naceu anos atrás ao amparo das Festas Patronais de Vilalba e que, tras máis dunha década de historia, foi adaptándose aos tempos ata converterse nun referente do calendario festivaleiro nacional. Foi a partir da cuarta edición cando o festival adquiriu entidade propia, celebrándose ininterrumpidamente nos meses primaverais ano tras ano; ata a chegada da Covid19.