Notas
-
Sacar á luz o labor historicamente invisibilizado que desenvolven as mulleres na sociedade e contribuír a deconstruír os estereotipos de xénero no relativo a traballos supostamente propios de mulleres ou homes é a meta sobre a que se asenta o certame de fotografía Ruth Matilda Anderson que neste 2021 chega á súa sétima edición. O prazo para participar nesta iniciativa manterase aberto ata o vindeiro 10 de setembro. -
O pistoletazo de saída da quinta edición de 17°Ribeira Sacra Festival tivo lugar esta mañá na presentación do festival no restaurante con Estrela Michelin A Tafona (Santiago de Compostela), fogar da encargada de preparar toda a proposta gastronómica este ano, e á que asistiron Jacobo Sutil, director de Agadic, Carlos A. Montilla, director do festival, Lucía Freitas, chef responsable de A Tafona e representantes dos Concellos e diferentes marcas. -
Giambatista Piranesi é considerado un dos grandes artistas da historia na modalidade de gravado Augaforte. 'As súas obras pretendían cambiar a realidade e restaurar a grandeza pasada', así o explican dende a organización da mostra ‘Piranesi-Vedute-vistas da Roma antiga-Cárceres’ que acolle a Sala de Exposicións do Colexio de Fonseca e que está impulsada dende a Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital. -
O concepto de bioseguridade fai referencia a toda unha serie de normas e medidas dirixidas a protexer ás persoas dos riscos biolóxicos, químicos ou físicos aos que poidan estar expostas no desenvolvemento das súas funcións profesionais, algo que ata hai pouco parecía cinguirse a ámbitos moi específicos. -
O Observatorio Astronómico Ramón María Aller desenvolverá ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro diversas sesións de divulgación astronómica en 22 concellos galegos grazas ás iniciativas 'As estrelas do camiño' e 'Camiños de Estrelas'. Os expertos en Astronomía do Observatorio desprazaranse a Padrón, Teo, Lalín, Noia, Boqueixón, Sanxenxo, O Barco de Valdeorras, Rianxo, Allariz, Santa Comba, O Grove, Monforte de Lemos, e Vedra. -
A obra de teatro 'El viento es salvaje', da compañía andaluza Las Niñas de Cádiz, gaña o Premio do Público desta 38 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. A obra, unha das estreas en Galicia que se puideron ver en Cangas ao longo dos últimos dez días, conseguiu unha puntuación de 4,73 puntos sobre cinco nas votacións a través de internet que os espectadores fixeron ao remate das obras. -
O cartel deste ano estenderase do 12 ao 24 de xullo, con 13 citas musicais e a participación de 18 artistas e grupos en catro escenarios, un deles baixo o patrocinio da Xunta de Galicia no marco do Xacobeo 21-22. Trátase, ademais, do primeiro evento da temporada FEST Galicia 2021, a marca creada polo Goberno galego para apoiar este tipo de eventos, considerados estratéxicos tanto no ámbito da cultura como no do turismo. -
Vigo convértese dende hoxe e ata o venres na capital virtual da XXIV Reunión da Sociedade Española de Bioloxía de Plantas e o XVII Congreso Hispano-Luso de Bioloxía de Plantas, o BP2021. O encontro reúne nestas tres xornadas máis de 300 investigadoras e investigadores internacionais, moitos deles de vangarda, para debater e coñecer os últimos avances conceptuais e tecnolóxicos neste eido. -
A Cidade da Cultura de Galicia celebra estes días a Residencia Literaria das REGA (Residencias Literarias do Gaiás) que conta coa participación de dez escritores e escritoras noveis, que están a intercambiar inquedanzas, experiencias e coñecementos creativos coa oportunidade de compartilas con grandes figuras do panorama literario actual, como son Sara Mesa e Berta Dávila. -
Na súa novena edición, o festival Atlántica recalará por primeira vez no concello de Friol cun espectáculo de Ramiro Neira que se desenvolverá este mércores, 7 de xullo, a partir das 18 horas. A actividade é posible grazas á Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia, a Rede Museística Provincial de Lugo e a Deputación de Lugo. O espectáculo de Neira titúlase ‘Vouche contar’ e está concibido para público infantil e familiar.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- …
- seguinte ›
- última »

