Notas
-
A loita contra o lixo mariño desenvólvese en múltiples frontes, pero a estratexia máis eficiente é evitar que estes residuos rematen nos océanos, xa que a súa retirada, en moitos casos, é imposible. Para controlar e frear a chegadados microplásticos aos ecosistemas mariños, a comunidade científica está a desenvolver diversos sistemas e mecanismos que permitan coñecer a súa orixe e percorrido. -
Os novos itinerarios botarán a andar o próximo mes e estenderanse ata outubro con 22 saídas con máis de 1.500 prazas permitindo descubrir as paisaxes e as marabillas da comunidade. Deste xeito, poranse en marcha as Rutas dos Faros, dos Pazos e Xardíns Históricos, dos Mosteiros ou da Lamprea, así como os seis trens turísticos que percorren os territorios de cada unha das cinco denominacións de orixe vitivinícolas. -
Os cursos de verán da Universidade de Vigo regresan en xullo cunha oferta completamente renovada e cunha firme aposta pola presencialidade. O catálogo comprende catro alternativas que combinan formación complementaria e lecer en temáticas diversas como obradoiro de construción de nanosatélites, un campamento de xeoloxía, un ciclo sobre a cultura de Galicia e un curso de termalismo. -
A área de Cultura da UDC remata o Mes das Letras co espectáculo poético/musical 'Idioma da tinta', a cargo de Yolanda Castaño e Isaac Garabatos na sala Cubo do espazo de intervención cultural da UDC. Inquedos dinamizadores culturais ambos os dous desde A Coruña e Vigo, a poeta Yolanda Castaño e o músico e compositor Isaac Garabatos comezaron en 2006 a unir as súas linguaxes creativas en videocreacións e pequenos espectáculos multidisciplinares. -
No ano do seu décimo aniversario, a Noite europea das persoas investigadoras regresará este outono a Galicia con folgos renovados, da man dunha decena de universidades, centros e institutos de investigación, coordinados pola UVigo. Coa creatividade e a súa relación co coñecemento científico como eixo do evento, e baixo o lema Conciencias creativas, a Noite galega das persoas investigadoras (G-Night) chegará o 24 de setembro. -
Ciencia e arte danse a man na proposta que o Campus do Mar e o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo deseñaron para celebrar o Día Mundial dos Océanos. O proxecto, bautizado como Scientists meet artists, propón unha maridaxe entre dous mundos, a priori, ben distantes como son a investigación mariña e a ilustración. -
A prevalencia de vítimas de violencia machista maiores de 65 anos que acoden a Centros de Información á Muller é a máis baixa de todas as franxas de idade, tal e como acaban de constatar dende o Grupo Investigación, Diagnóstico Educativo e Avaliación (IDEA) da USC. 'Isto non significa que non existan casos, máis ben ao contrario, o que sucede é que son menos visibles', explica a responsable deste proxecto,Ana María Porto, do Instituto de Ciencias da Educación. -
Santiago de Compostela será a sede da XXVII Asemblea Xeral do Grupo Compostela de Universidades (GCU) que se desenvolverá do 13 ao 14 de setembro e na que a USC actuará como institución anfitrioa. Os membros do Comité Executivo do GCU, reunidos en liña o pasado 11 de maio, apostaron polo regreso á modalidade presencial coincidindo coa celebración do Ano Santo Xacobeo 2021. -
O programa BIOARGOS21, iniciativa integrada dentro do proxecto BioIncuBatech e que está liderada pola USC a través da área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) acaba de botar a andar a súa oitava edición. As persoas participantes nas convocatorias relativas a Bio-Saúde e Tecnoloxías Agroalimentarias, déronse cita no Pavillón Universitario da USC para participar na Escape Room ‘O Gran Reto do Emprendedor’. -
Investigadores da Universidade de Vigo veñen de publicar na revista Acta Astronautica un estudo no que realizan o deseño conceptual dunha misión a Xúpiter na que a propulsión é xerada por un sistema multitether. Trátase, apuntan os seus autores, dun “novo tipo de propulsión, eficiente e sostible, que só precisa da interacción do dispositivo co ambiente para funcionar”.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- …
- seguinte ›
- última »

