Notas
-
A Aula de Teatro Universitaria de Lugo, dirixida por Carmen Conde, foi a encargada de levantar o pano da XXIII Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu, unha edición moi agardada tras máis dun ano sen representacións en directo no Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria. Gardando as distancias de seguridade e con todas as butacas completas, o público puido volver a gozar das representacións en directo coa obra A Emperadora, escrita e dirixida pola propia Carmen Conde. -
Visitas comentadas en liña, charlas e faladoiros sobre temas como a escrita xeroglífica ou as escavacións arqueolóxicas en Exipto a día de hoxe, obradoiros sobre papiros ou xincanas de enigmas en formato escape room compoñen un programa con opcións tanto para público adulto como para a cativada. A estas actividades súmanse as visitas guiadas que o Museo Centro Gaiás ofrece de balde. -
As carencias no coñecemento dos antibióticos e as consecuencias do seu consumo na poboación española maior de 65 anos conforman uns dos maiores retos que deben afrontar os expertos en saúde pública, alén da mala comunicación médico-paciente e a falta de confianza no caso das persoas menores desa idade, o que se traduciría nunha prescrición innecesaria. -
A poeta portuguesa Adília Lopes, eixe dun coloquio internacional que se celebrará este verán en Vigo
Este verán a UVigo será sede dun congreso sobre a obra da poeta e tradutora Adília Lopes, unha das figuras máis representativas do panorama literario portugués. O encontro comezará o último día do mes de xuño e acollerá a expertas e expertos de todo o mundo que reflexionarán sobre cuestións moi presentes na creación da escritora lisboeta. -
O acto de entrega correspondente á sétima edición dos Premios Valentín Paz Andrade, galardóns que organizan conxuntamente o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) e o Consello Económico e Social de Galicia (CES), serviu para subliñar a revolución vivida polo agro galego nas últimas décadas. O reitor Antonio López manifestou o compromiso da USC no mantemento destes galardóns que poñen en valor a investigación transversal. -
Un enclave “fundamental” para coñecer o desenvolvemento cultural e humano do final do Plistoceno medio europeo (últimos 250.000 anos). Así se presenta o xacemento paleolítico de Arbo, en Pontevedra, despois dunha década de investigación arqueolóxica nel que permitiu a localización dun dos conxuntos máis numerosos de ferramentas de tipo acheuliano da península Ibérica, máis de 3000 pezas, e a súa datación anterior a 118.000 anos. -
Transcorrido máis dun ano do xurdimento da pandemia da covid-19, a Universidade de Vigo retoma esta semana a súa programación cultural e faino máis comprometida que nunca coas creadoras e creadores locais e convencida de que, nestes momentos tan duros para o sector cultural, as institucións públicas deben dar un paso adiante na promoción e valorización da cultura galega. -
6coreógrafas, coordinado pola creadora e bailarina Paula Quintas, arranca cunha serie de obradoiros e terá continuidade do 23 ao 25 de abril con seis funcións e os seus respectivos coloquios, para os que se conta tamén coa participación de Alejandra Balboa, Clara Ferrao, Begoña Cuquejo, Marta Alonso e Andrea Quintana. Inicialmente celebraranse tres obradoiros dirixidos ao alumnado de varias escolas de danza e asociacións. -
O investigador da Universidade da Coruña, Juan Romero, foi galardoado co 'Award for Outstanding Contribution to Evolutionary Computation in Europe' outorgado pola sociedade científica SPECIES. Este premio europeo outórgase ao investigador que máis contribuíu á investigación en Intelixencia Artificial e á técnica de Computación Evolutiva nos últimos anos. -
Creador literario, crítico e historiador da literatura, gramático e lingüista; mais tamén planificador da lingua, sempre preocupado pola estandarización do galego; estas son algunhas das facianas do 'traballador infatigable' Ricardo Carvalho Calero. Así o definiu o profesor Francisco Cidrás, coordinador da obra 'Ricardo Carvalho Calero. As formas do compromiso', cuxa presentación centrou o acto institucional do Día das Letras galegas 2020.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- …
- seguinte ›
- última »

